2ª FUTGAL: A Liga da Costa arrincou coa máxima emoción
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Fermosa tarde dominical co intenso carrusel vivido en www.futboldacosta.com no comezo das Ligas da Costa. Na 2ª FUTGAL había choques esperados, como o Xallas-Baio, que rematou en empate, ou o Porteño-Corme, con vitoria local. Pero a igualdade parece que manda por agora na categoría, con 4 empates de 8 partidos.
Se cadra, podemos salientar o bo estado de forma que parece ter o Camariñas, que pasou como un vendabal por Cee, e que espera ao Porteño no derbi da vindeira semana. Ollo ao Soneira, primeiro líder tras endosar 4 ao Corcubión, e ao Coristanco de Iván Vázquez, que sacou 3 puntos de Agra da Filgueira.
Lira - Outes (0-0)
- Lira: Aitor, Isaac, Cartamil, Amoedo, Lois, Xoel, Marcos, Ramiro, Juan, Miguel e Oli. Tamén: Carlos, Pablo Leis, Christian, Ángel Sestayo e Ángel Vigo.
- Outes: Ryan; Jura, Paulo (Clau), Adrián, Xabi (Estefan); Martín, Veleiro (Dani), Álvaro, Hugo Xuv. (Yago); Aarón e Keko.
Partido tremendamente igualado, con moito respecto. O Outes amosábase algo mellor fisicamente, moi ben defensivamente, pero o dominio era alterno. O Lira buscaba a Oli, pero tivo un par de tiros lonxanos que resolvía sen problemas Ryan. O Outes estaba moi ben atrás pero espesos arriba, como lle aconteceu boa parte da temporada pasada, e só facía dani a balón parado.
No treito final un remate de Yago Dosil para os de Alex Romero e disparo lonxano de Juan que parou Ryan para os de Roberto Amoedo puideron ter desestabilizado a balanza, pero empate sabe ben nas dúas casas, se ben os da Serra marchan coa sensación de ter ido algo máis polo partido.
Porteño - Corme (3-1)
- Porteño: José Mariolo, Nico, Brais, Pejo, Rodri; Darío, Joseba, David, Pablo, Alfredo e Yuyo. Tamén; Nico, Iván, Martín e Ibra.
- Corme: Quique, Martón, Aitor, Broli, Noel; Eloy, Davidson, Lucas; Isra, Teo e Borja Torrado. Tamén: Senén, Junior, Paco e Xoel.
- Goles: 1-0, m.15: Yuyo coa axuda dun defensa; 1-1, m.28: Borja Torrado; 2-1, m.33: Alfredo nun rexeite tras un saque de banda longo; 3-1, m.65: Yuyo á saída dun córner.
Partido moi disputado, que comezaba cun ritmo moi alto, cun cadro local aplicando unha intensidade brutal, roubando arriba e tendo boas ocasións. Pronto se adiantaban os de Cousillas e Javi Baña, pero o Corme era quen de igualar o partido pouco a pouco, a base dun esforzo físico moi notable. Borja facía o empate para os de Adrián Lema, pero aos 5 minutos, antes do descanso Alfredo volvía colocar por diante aos locais.
No segundo tempo custoulle máis entrar cun ritmo alto aos da Ponte, pero pouco a pouco foi collendo esa chispa, e Yuyo á saída dun córner practicamente deixou sentenciado o choque.
Xa pensan na Ponte no derbi de Camariñas.
Mazaricos - Muros (1-1)
- Mazaricos: Iker, Luís, Fabio, Borja, Pereiro; Raúl Chumiko, Sandelo, Marcos; Molinos, Chiqui e Bryan. Tamén: Sergio, Moreira e Matías.
- Muros: Aitor, Fran, Alon, Javi, Quin, Jesús, Ra, Dani, Juan, Alex, Peski. Tamén: Xaco, Xavi, Flavio, Dubo e Ángel.
- Goles: 0-1, m.36: Fran aproveita un erro entre defensa e porteiro; 1-1, m.47: Pereiro.
Non consegue o Mazaricos atopar o xogo do ano pasado. As baixas de Kevin ou Brais, e sobre todo o estado moi seco do céspede, impediron que os de Marcos puidesen despregar o seu fútbol combinativo, atopandose ademais diante un gran Muros, moi seguro defensivamente, intentando roubar e saír rápido. Os de Vinto foron quen de prantar cara, e mesmo se meteron por diante nunha xogada de picardía de Fran, tras unha primeira metade con ocasións nas dúas áreas.
Na segunda, pronto empataba Pereiro, onte de central, nunha xogada a balón parado. Puido caer o choque de calquera bando pois ás ocasións locaís tamén lle responderon os muradáns facendo empregarse a Íker a fondo, cun par de mans a mans e un balón ao longueiro.
Monte Louro - Coristanco (2-3)
- Monte Louro: Pedro; Pablo, Juan Lois, Rodri, Miguel Verán; Chano, Raúl, Martín, Óscar, Xián e Rapante. Tamén: Chouza, Álvaro, Luismi, Iago e Javi.
- Coristanco: Rubén, Chechu, Hugo Fraga, Belar, Sergio, Dani Vázquez, Iago, Ferreiro, Dani Casti, Rodrigo e Kevin. Tamén Nico, Joaquín, Dani Loureiro e Prego.
- Goles: 0-1, m.24: Hugo Fraga; 0-2, m.45: Rodrigo; 1-2, m.63: Xián; 1-3, m.68: Joaquín; 2-3, m.78: Álvaro Fari.
Xusto resultado no Agra da Filgueira, no que o Coristaco de Iván Vázquez foi dominador sobre todo no primeiro tempo. Os de Bibi, aínda recuperándose do verán e sen alcanzar unha boa rutina de adestramento, intentaban lanzar algunha contra pero sen éxito. Chegou o gol de Hugo Fraga despois dun rexeite ao ecuador da segunda, e antes do descanso Rodrigo facía o segundo picando o balón sobre Pedro tras un desmarque ás costas da defensa e un bo pase de Iago.
Mellorou o cadro local na segunda, e Xián recurtaba, pero a incerteza do resultado foi rapidamente por Joaquín, que facía a sentenza despois dun saque de banda peinado por Chechu. Nos últimos minutos sufriu o Coristanco que tivo que facer varios despexes en longo para defender os continuos ataques rivais.
Soneira - Corcubión (4-0)
- Soneira: Piti, Jairo, Héctor, Maikol, Javi, David, Brais Pereira, Bieito, Adriàn Canosa, Richi, Vía. Tamén: Brais, Sergio, Carlos, Samuel, e Andrade.
- Corcubión: Bruno; Martín, Isaac, Juan Fuentes, Antón; Dani, Luís Lojo, Gorka; César, Nando e Iago Lema. Tamén: Fran, Samiel, Leo, Íker e Castreje.
- Goles: 0-1, m.3: en propia meta tras xogada de Vía e Richi; 0-2, m.46: Vía de fermosa vaselina; 0-3, m.75: Vía de penalti; 0-4, m.90: Sergio.
Comezaba o choque cun tempraneiro gol en propia dun desconcentrado Corcubión tras unha fermosa xogada entre os irmáns Vía e Richi. Xa aos 15 minutos se rompía o partido pola expulsión do corcubionés Isaac por unha falta sobre David cando encaraba a portería, provocando as iras do cadro corcubionés. Así e todo, aguantaba a primeira metade, mesmo cercando a meta soneirá a través de perigosas xogadas a balón parado. Pero era un quero e non podo dos visitantes, que o intentaban arriba pero erraban atrás.
Nada máis reanudarse o xogo, o Soneira cortaba unha saída de balón errática do Corcubión e Vía cunha fermosa vaselina dende a frontal poñia distancia de 2 a 0 no marcador. Co Corcubion envorcado, Sergio, que entraba por un lesiado Richi tras unha entrada, provocaría un penalti que non fallaría Vía, e pouco despois o pripio Sergio faría o cuarto, de novo de vaselina.
Ponteceso - Cabana (1-1)
- Ponteceso: Darío, Ures, Juan Rey, Luca, Martín Souto, Iván Rod, Javi Souto, Mendieta, Alberto Recarey, Eloy Álvarez e David Castro. Tamén: Miguel, Ángel, Camilo, Neira e Dani Castro.
- Cabana: Diego, Noé (Mario), David, Ferreiro, Aarón, Fernando, Miki (Manu Nantón), Moreno (Hugo), Simón, Migueliño, Pablo (Castro).
- Goles: 1-0, m.65: Alberto Recarey; 1-1, m.87: Ferreiro.
Comezaba a Liga da Costa con este igualado derbi, cos xogadores algo atenazados con moito medo a cometer erros, pero moi serios atrás. O Ponteceso colliu a iniciativa nos primeiros minutos pero pronto o Cabana foi perdendo o medo e tamén tiña os seus momentos, sendo capaces de crear varias ocasions de gol en xogadas de Pablo, Simón ou Migueliño pero a opción de gol máis clara un moi bo centro de Aarón que Ferreiro rematou de cabeza moi cerca da escuadra.. Nesta primeira parte tanto uns coma os outros ben se poideron poñer por diante no marcador pero con pouco acerto de parte a parte.
No segundo tempo saíu mellor o Cabana levando o peso do partido ante un equipo local que se foi metendo atrás. Os cambios nestes últimos parece que lle deron un pouco a volta a situación e foron achegándose un pouco máis a porteria contraria o que lle valiu para adiantarse con un gol de Alberto Recarey mediada esta segunda parte.
Ben poideron sentenciar os de Julio Vila apriveitando os peores momentos dos de Óscar Mingui, con outra boa oportunidade de Camilo, que se plantaba cara a cara co porteiro Diego, que evitou o gol pero non a súa expulsion ao parar o balón fóra da área cas mans.
Parecía que o partido se puña de cara para os locais, cun home máis e vantaxe no marcador, pero emerxeu o mellor Cabana, e o choque se convertía nun ida por volta, e nese pasarrúas, o Cabana conseguía empatar a 3 do final por medio de Ferreiro. Aínda puido levar os 3 puntos se Darío non lle parase unha pena máxima a Castro xa no desconto.
Cee - Camariñas (0-2)
- Cee: Bouzi, Jony, Róber, Muni, Noé, Josiño, Anxo, Eze, Trini, Keko e Julio. Tamén: Fallou, Carlos, Iago e Alex.
- Camariñas: Pablo, Víctor (Pablo Carril), Carlos, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, Hugo (Nazo), Javi, (Manuel), Soule, Mario (Brais) e Djibri.
- Goles: 0-1, m.33: Djibril; 0-2, m.72: Soule.
Partido dominado e controlado en todo momento polo Camariñas que demostrou ser superior físicamente a un Cee aínda menos rodado. De feito, varios paos e algunha boa intervención de Bouzi impediro un resultado máis amplo, pois o Camariñas fixo un partidazo.
Na primeira tivo Eze un tiro que saía preto do pau, e algún tiro lonxano pero sen perigo. Djibril faría o primeiro despois dun rexeite á media hora, tras varias internadas tremendas de Soule, o mellor xogador do partido, e Mario por bandas. Javi dominaba o medio campo.
Na segunda seguía o mesmo guión e nun roubo de Soule na presión, dalle o balón a Mario, que poñe un pase perfecto, para deixar a Soule no man a man, para facer o 0-2, e sentenciar o partido, e xa pensan en Camariñas no derbi da semana que vén.
Xallas - Baio (1-1)
- Xallas: Iván Couto, Marcos Carro, García, Asier, Adrián, David, Yago Facal, Doro, Rubén Sande, Rubén Blanco. Tamén: Joel, Sergio, Erre, Dani Barbeira, Adrián Couto.
- Baio: Javi Souto, Norberto, Pazos, Sergio Rod, Yago Couto, Samián, Carreira, Manuel Vila, Alex Muíño, MC. Tamén: Yago Pazos, Bruno, Pablo Rod., Mamadou e Aitor Vilas.
- Goles: 1-0, m.7: en propia tras un córner botado por Doro; 1-1, m.70: Damián tras un bo pase filtrado.
Dous candidatos a estar arriba ao final de temporada, un recén descendido e outro recén ascendido, enfrontáronse na primeira xornada da Liga da Costa en Fontenla. O Baio intentaba combinar, facendo superioridade numérica no medio, e fixo sufrir ao Xallas durante a primeira metade. Pero cando mellor estaban atacando os baieses filtrando pases a MC, que se atopaba unha e outra vez con Iván Couto, chegaba o tanto xalleiro cunha pizca de sorte.
Doriño e Churián reaccionaron tacticamente e o partido igualouse no comezo da segunda, cun Xallas máis replegado pero matendo ao Baio lonxe da súa área. Eran bos minutos do Xallas, pero chegaría o tanto baiés tras un bo pase filtrado que Damián consegue bater, tras dous intentos, a Iván Couto.
Á contra tivo o Xallas varias ocasións como unha de Doro ao pau, ou varias chegadas por banda de Rubén Blanco, que fixo un partidazo, pero cuios centros non atoparon rematador.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.