2ª FUTGAL: Xornada de partidazos
Completa xornada esta 9ª da Liga da Costa con moitas cousas a destacar. Por arriba, o Malpica segue impresionante, líder en solitario tras vencer ao muros. No segundo chanzo, empate entre outros dous candidato como Baio (2º) e San Lorenzo (4º) en San Andrés (polas obras de cambio do céspede no Platas Reinoso). Tamén foi un partido tremendo o choque do Pinguel, que deparou o terceiro partido consecutivo sen gañar, curiosamente dende que se puxo líder, do Xallas.
Outro dos partidazos esta semana foi o vivido na Grixa, entre dous candidatos que aínda non colleron posicións nobles (en realidade o Soneira pecha a clasificación a día de hoxe) como Porteño e Soneira que rematou cunha agónica vitoria local.
Por abaixo, cómpre destacar que o Mazaricos saía dos postos de descenso cunha espectacular remontada en Agra da Filgueira. Ao Cabana se lle escaparon 2 puntos no desconto ante o filial do Sofán, mentres que o Zas sucumbía no Cubaleiro.
Outes - Corme (2-2)
- Outes: Gago, Claudino, Stefan, Sanchiño, Hugo, Adrián, Marcos Orodea, Kevin, Martín, Keko e Manel. Tamén: Paullo, Adrián Rey, Boris, Ramón e Rubén.
- Corme: Adrián Suárez, Pandi, Eloy Villar, Álvaro Sanz, Joshua, Xoel Castro, Teo, Borja Torrado, Isra, Lucas e Samu Costa. Tamén: Quique, Diego, Brais Pailos, Borja Seoane e Xoel Amado.
- Goles: 1-0, m.36: Manel Carou; 2-0, m.47: Manel Carou; 2-1, m.48: en propia; 2-2, m.52: Eloy Villar.
Primeira metade igualada e sen ocasións, na que se adiantou o cadro de Geno ao fío do descanso, nunha xogada na que os visitantes pedían falta sobre Eloy. Eran os cormeláns, a pesar das 7 baixas, os que levaban o peso do partido. Pero nada máis sacar de centro na segunda, Manel facía o segundo. Sen tempo a respirar, un córner dos cormeláns era rematado por un defensa local a gol, e apenas 5 minutos despois os de Ángel puñan o empate no luminoso por medio de Eloy. De aí ao final, o Corme foi merecedor de máis, con tres disparos ao poste, unha xogada na que pedían vermella por un agarrón como último home e un par de chegadas máis, pero o marcador non se movería.
Corcubión - Zas (3-1)
- Corcubión: Bruno, Fuentes, Isaac, Andrés Vigo, Jon, Rama, Jose, Mario, Antón, Iago e César Lojo. Tamén: Castreje, Martao, Martín, David Lojo e Rubén.
- Zas: Guille, Anxo, Marjane, Joel, Fran, Juan Touriñán, Álvaro, Redondo, Iago, Ronny, Esteban. Tamén: Pereiras, Mauro, Matín, Adrián.
- Goles: 1-0, m.20: Mario tras un saque de banda longo; 1-1, m.29: Joel; 2-1, m.95: César Lojo de penalti; 3-1, m.102: Martao.
Partido moi tosco, de pouco fútbol.O encontro comezou cun Corcubión moi replegado, buscando transicións rápidas, especialmente a través de César. O Zas levaba o peso do balón pero non chegaba e as primeiras ocasións claras chegaron do lado local, sempre a balón parado por medio de Mario, Iago, Rama. Así chegaron tamén os primeiros goles: o 1-0 do Corcubión nun saque longo ao área, e o 1-1 do Zas cun remate no segundo pau tras un córner.
Na segunda metade, o Zas deu un pequeno paso adiante e tivo varias chegadas con perigo, aínda que sen eficacia. O momento clave chegou no minuto 60’, cun forte choque de cabezas no que Chiki levou a peor parte, obrigando ao cambio. Afortunadamente, todo apunta a que quedará nun susto. Pouco despois, Redondo estivo a piques de adiantar ao Zas cun remate ao longueiro.
Pero a partir de aí un xogo moi interrumpido. Nos minutos finais, o Corcubión moveu o debuxo táctico, gañou presenza arriba coa entrada de Iago Lema e acabou atopando un penalti no desconto que significou o 2-1. Co Zas xa envorcado en ataque, chegou a última contra local para poñer o 3-1 definitivo.
Monte Louro - Mazaricos (2-3)
- Monte Louro: Pedro, David Pais, Rodri, Pablo, Miguel Verán; Abel Rey, Xián, Josiño, Héctor, Íker, Óscar Fari. Tamén: Adrián, Javi, Álvaro Fari, Flavio e David Lestón.
- Mazaricos: Manu París, Luís Mayán, Samuel, Blanco, Borja, Raúl, Álvaro, Sergio, Steven, Marcos, Marito e Molinos. Tamén: Yeray, Yago Dosil, Pablo Pena, Xoel e Fabián.
- Goles: 1-0,m .16: Íker; 2-0, m.54: Xián a pase de Óscar Fari; 2-1, m.74: Borja Sueiro un golazo dende 40 metros vendo a Pedro adiantado: 2-2, m.87: Marcos; 2-3, m.95: Sergio.
Escapóuselle o partido ao Louro na casa, outro máis, nun choque controlado case que en todo momento, no que podía ser un bo paso adiante. Pero se lle escapou no último suspiro deixando muda á Agra da Filgueira. Era un choque de pouco ritmo, con poucas chegadas, pero dominado polos de Bibi, cun Iker, que está que lle sae todo, que adiantaba aos seus ao cuarto de hora. O Mazaricos estaba falto de intensidade.
O Louro seguía cunha marcha máis na segunda, e co gol de Xián e parece que o partido estaba controladísimo, tendo que aparecer Manu París a un tiro de Flavio e a unha de Xián. E cando parecía que o choque estaba visto para sentenza, un chutazo dende 40 metros de Borja Sueiro espabilaba aos de Raúl Periscal. Quedaban só 15 minutos, pero aos locais comezaron a temblarlle as pernas, mentres que os xuvenís dos amarelos daban un paso adiante e demostraban a súa fame e personalidade. Comezaron a dominar, crendo na segunda vitoria da temporada e acabaron dándolle a volta ao marcador e conseguindo 3 puntos que os saca dos postos de descenso.
Malpica - Muros (3-1)
- Malpica: Abdou, Saúl, Pablo, Damián, Garci, Brais Calvo, Mario Pose, Cristian, Luís, Raul, Ba e Saydou. Tamén: Anxo, Chicha, Joel, Cristian Villar e Alberto Hombre.
- Muros: Aitor, Fran, Ra, Benji, Je, Tajes, Alon, Alex, Juan oBello, Xavi, Dani Jurjo. Tamén; Marcos, Quin, Iván, Óscar e Jesús.
- Goles: 1-0, m.20: Saydou rouba, queda só ante Aitor e marca; 2-0, m.27: Saydou a pase de Luís; 3-0, m.45+2: Saydou a pase de Luís; 3-1, m.68: Alon.
Visión ben diversa do acontecido na Pedra Queimada. Se para os locais foi un partido dominado de principio a fin polos de David Baña, para os visitantes foi unha “derrota inmerecida e inxusta” provocada pola “actuación arbitral”, segundo sinala Joaquí Quintáns.
Os malpicáns foron moi efectivos na primeira con 3 goles de Saydou, que maridou varias xogadas fermosas con Luís, ademais de varias chegadas de Cristian.
A segunda parte o Muros recortaba distancias tras un gol de falta e apuraba os últimos minutos pero os locais aguantaron as embestidas ante as protestas visitantes.
Porteño - Soneira (3-2)
- Porteño: Mariolo, Rodri, Brais Mouzo, Iván, Baba, Álvaro, Darío, Alfredo, Martín, Carrabete e Bruno. Tamén: Joel, Pejo, Yuyo, Agbri e Sandro.
- Soneira: Pity, Maikol, Héctor, Gusa, Nico, Javi, Brais Pereira, Oreiro, Sergio, Vía, Pichi. Tamén: Dono, Jose Antonio, Mario, Carlos e Adrián Canosa.
- Goles: 0-1, m.12: Gusa nun córner; 1-1, m.24: Baba; 1-2, m.43: Sergio; 2-2, m.68: Carrabete; 3-2, m.93: Bruno.
Partidazo de altura na Grixa, que con dous grandes equipos que puideron ter levado os puntos. Era un choque de moito balón directo e moito balón parado, unha vez que o campo estaba rapidísimo. Así chegaba o primeiro dos soneiráns (que se adaptaron moi ben á herba natural) tras un córner, pouco despois de que Pichi non superase a Mariolo nun man a man. Era o Soneira o que intentaba xogar algo máis, pero o Porteño respondía cun tanto de Baba tamén nunha falta lateral (os visitantes pedían falta de Baba), e cando parecía que a primeira ía rematar en empate, un centro chut de Oreiro, o balón envelénase, Mariolo para pero choca co pau e o rexeite era aproveitado por Sergio para adiantar aos de Josiño Abelenda.
Na segunda, os de Mayor deron un paso adiante, pero os soneiráns tamén axustaban a defensa e as basculacións e á contra puideron ter feito o terceiro. No ecuador da segunda, un balón longo de Brais que cabecea Bruno, sae Mariolo que despexa pero o seu despexe pega en Carrabete e o balón entra ante as protestas dos soneiráns por posible man do dianteiro local.
Seguía o partido tolo, de área a área, con dúas moi claras para o Soneira: un man a man fallado, e un penalti no que Mariolo lle gaña o duelo a Vía e lle para a pena máxima. Bruno avisaba cunha internada e xa no desconto, cando parecía que o partido marchaba en empate, un saque de Mariolo que peitea Baba, cáelle a Bruno que de volea mete pola escuadra facendo o o 3-2 definitivo para o cadro local e para delirio da bancada.
Baio - San Lorenzo (1-1)
- Baio: Rodri, Norberto, Pazos, Fer, Alex Muíño, Chechi, Miguel, Mamadou, Pablo, José Ángel, Manu. Tamén: Yago, Javi, Bruno, Josiño e Lucas.
- San Lorenzo: Javi Souto, Dani Cotelo, Lozano, Damián, Pablo Garrido, Iago, Alex Taibo, Pere, Alex Vázauez, Javi Pérez e Pape. Tamén: Mario, Alberto Campos, Diego, Alex Iglesias, e Hugo Canedo.
- Goles: 0-1, m.65: Pere nunha xogada a balón parado; 1-1, m.80: Alex.
Partido de moito respecto entre dous candidatos que viñan ademais con moi boa serie de resultados. Os baieses con moitas baixas (ata 3 xuvenís titulares) quixeron enviar o seu saúdo a Sergio Antelo que rompiu o cruzado e ten que pasar polo quirófano.
O encontro comezou igualado con moito ritmo por parte de ambos equipos e moita desputa no medio do campo. Sen claras ocasións, o marcador non se moveria na primeira metade indo co 0-0 inicial ao descanso. Non daban xerado ocasións o cadro local, algo máis cos balóns ao espazo, como dous de Alex ou unha de Fer.
Na segunda metade o SanLo gozou dalgunha ocasión con varias internadas de Javi pola banda, pero non foi ata o minuto 65 no que Pere remataba un córner para poñer aos de Verdillo por diante, no que supuxo o primeiro gol a balón parado que recibe o equipo de Lobelos. O Baio estirábase e comeza a bandar balóns arriba e consegue empatar cun disparo de Alejandro dende a frontal, tras un rexeite da defensa.
Nos últimos minutos o SanLo buscou os tres puntos pero o Baio soubo defenderse ben. Reclamaron os visitantes dous penaltis pero o choque se marcharía a empate.
Cabana - Sofán B (3-3)
- Cabana: Manu, Aarón, Alex Costa, Noé Eiroa, Ferreiro, Fernando, Simón, Brais, Xabi Parga, Diego Castro e Migueliño. Tamén: Diego, Noé Souto, Julián, Blas, Pablo,
- Sofán B: Eloy, Samu, Diego, Asier, Eloy Cabeza, Dani Calvete, Christian, Mateo, Isma Ramos, Nachete e Adrián Vázquez. Tamén: Diego, Marcial, David, Iván e Borja.
- Goles: 1-0, m.7: Diego Castro; 2-0, m.23: Migueliño; 2-1, m.45+3: Dani Calvete; 3-1, m.54: Diego; 3-2, m.88: Dani Calvete de penalti; 3-3, m.96: Dani Calvete.
Fermoso partido nas Redondas, cun partido moi serio do Cabana ante un Sofán B que volveu cometer erros de alevíns. Comezaba o choque con dous erros seguidos da defensa carballesa, o primeiro salva Eloy pero o segundo é aproveitado por Diego Castro para abrir o marcador. O partido iguálase pero Migueliño marca un golazo dende a frontal. Respondía o cadro de Zalo cunha unha de Isma e unha falta de Dani Calvete, pero tamén a balón os de Óscar Mingui puideron ampliar a vantaxe. Ao fío do descanso, un golazo de Dani Calvete recortaría distancias.
Na segunda parecía que o Sofán quería reaccionar, pero tras 5 minutos bos, novo erro e Diego Castro non perdoa o terceiro. Tardou en reaccionar o filial, sen ideas, e o Cabana puido sentenciar en varias contras. Pero perdoo, e a 10 do final atopouse cun penalti, e na última xogada do partido, cun punto nunha falta colgada á área.
Ponteceso - Xallas (1-1)
- Ponteceso: Darío, Ures, Cotelo, Pedro, Luca, Alberto Recarey, Javi Souto, David, Mendieta, Eloy Álvarez e Iván. Tamén: José Ramón, Neira, Dani Castro, Dani Rod e Óscar Moscoso.
- Xallas: Iván Couto, Elvis, Adrián Couto, Macareno, Yago Facal, Pablo Landeira, Peke, Rubén Blanco, Bryan, Dani Barbeira. Tamén: Iker, Martín, García, Alberto Jallas e Julián.
- Goles: 1-0, m.36: Mendieta; 1-1, m.55: Makareno.
Enfrontamento directo da parte alta da táboa entre o Ponteceso e o Xallas con dúas equipas desexosas de non perderlle o pulso ao líder. O partido comezaba frenético, con dous estilos de xogo adversos: mentres que o Ponteceso buscaba a xogada combinada o Xallas, máis intenso que nas últimas semanas sentíase máis cómodo co balón directo, moitas veces chegado dende o potente saque do porteiro xallense. O primeiro estilo foise impoñendo pouco a pouco mentres os xalleiros ían acumulando cartóns amarelos, o que lles pesaría na segunda metade. No minuto 36, unha boa xogada en tres cuartos entre Recarey e Eloy permitiulle deixar man a man a Mendieta, batendo a Iván Couto cun tiro raso inapelable e imposible para o gardameta, que xa fixera algunha ocasión de mérito, dándolle unha vantaxe merecida aos “rumorosos”.
Na segunda metade, “os feros corvos de Xallas” reaccionaron e amosaron a súa mellor cara, buscando o empate, tendo o balón, creando perigo, sobre todo a balón parado, tal e como quedou patente no gol de falta directa de Peke dunha protestada falta na esquina da área. Neste quasi-córner, o prestidixitador colou o balón no segundo pao ante a incredulidade do porteiro local.
Cinco minutos despois comezaría unha distopía nun partido non excesivamente conflitivo: o Xallas chegaría estar con dous homes menos despois das expulsións de Elvís por protestar e Rubén Blanco por segundo cartón amarelo despois de cortar unha contra (ademaisdas expulsións de Churián e Yago Facal). O Ponteceso, ante a situación, non foi quen de xerar perigo real a pesar de comandar o partido: os centros e os ataques quedaban a deriva ante a falta de alguén que collese o temón do barco. O partido igualaríase despois da clara vermella directa a José Ramón nunha acción desmedida co central xalleiro, da mesma forma sería claramente expulsado Iago Facal nunha dura acción posterior sobre Luca. O Xallas soportou numantinamente (aínda que tería algunha ocasión as contras) os ataques finais dun Ponteceso que buscaba á desesperada a vitoria con tiros de Neira e unha soberbia parada de Iván Couto (do melloriño no campo) a un tiro raso de Pedro, rematando unha segunda metade arrítmica polos constantes paróns con ata catro vermellas, onde o Ponteceso quedou cun sabor agridoce por non aproveitar a situación.
Os pondalianos terán outra proba de lume o domingo que ven contra o San Lorenzo en Verdillo mentres que o Xallas buscará evitar descolgarse do alto da táboa contra o Porteño, intentando non sentir a diezma neste empate pírrico.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.8: O Baio vence ao Xallas e o Malpica toma o mando no Cairo.
- X.7: O Mazaricos frea ao Xallas.
- X.6: O Xallas fica líder en solitario.
- X.5: Malpica e Xallas quedan ao mando.
- X.4: Xa non queda ninguén contando partidos por vitorias.
- X.3: Outes e Malpica manteñen o pulso
- X.2: Malpica, Outes e Muros sorprenden con 2 de 2 ante rivais potentes.
- X.1: Empates que destilan a igualdade desta Liga da Costa.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.