Xoves. 18.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: A Liga das Remontadas… e do segundo adestrador destituído

Imaxe do Coristanco-Cerqueda-Foto-Ra Bello
Imaxe do Coristanco-Cerqueda-Foto-Ra Bello
2ª Galicia: A Liga das Remontadas… e do segundo adestrador destituído

Volveu a acontecer, e por partida doble. Os tres de arriba gañaron de novo, pero tiveron que protagonizar sendas remontadas. Muxía, Malpica e Buño adiantábanse nos choques ante Corme, Ponteceso e Buño. A máis espectacular, á do Corme, que este ano xa leva innumerables remontadas, e desta volta deu a volta a un 3-0.

A nova máis destacada da xornada é a destitución de Barca como adestrador do Baíñas. O cadro vimiancés leva 8 partidos sen coñecer a vitoria, e ten 8 puntos sobre o descenso, pero coas pantasmas dos arrastres enriba.
Barca é o segundo adestrador cesado esta temporada, trala saída de Miguel Fernández do Buño.

 
Barca, á dereita xunto a Eskío, nun adestramento

Muros - Lira (0-0)

  • Muros: Xandre; Berni, Pelos, Jurjo, Iván Cerilla; Xaco, Varo, Saúl; Xavi, Jose Cacharro, Kiko. Tamén xogaron: Ivi, Juanchy, Siaba, Flavio e Gesto.
  • Lira: Baba, Óscar, Yerai, David, Maikel, Eloy, Miguel, Borja, Mamadou (David Quilmas), Manu e Oliver.

Non choque de mínimos entre dous equipos con problemas de efectivos, sobre todo o cadro liracho que non se dá recuperado das lesións e as gripes. O partido comezaba igualado, cun Muros aplicando unha intensidade moi alta, pero sen conseguir dominar o balón ante un Lira moi ben armado dende atrás, coas contras como argumentos ofensivos. Chegou algunha ocasión polos dous bandos pero Xandre e Baba superaron ás dianteiras rivais. A mellor ocasión, de Iván Cerilla, que mandou un balón ao pau.

Na segunda o Muros apretou moito, dominando o xogo e metendo atrás a un Lira ao que cada vez lle quedaban menos folgos. O Muros tivo boas ocasions pero entre un Baba moi acertado e un bo traballo defensivo non conseguiron marcar. Aínda no treito final, co Muros volcado, Óliver tivo unha contra que mandou o balón lambendo a escuadra.

 

San Lorenzo - Castriz (0-0)

  • San Lorenzo: David, Alex García, Diego F., Novi, Puñal, Iglesias, Pablo (Padín, m.80), Diego V. (Alonso, m.75), Styven (Hugo, m.75), Ures, Brais Cancela.
  • Castriz: David, Carlos, Adrián, Chiki, Álex Mourelle, Anxo, Pastoriza, Iván Castro (Alvarito, m.83), Rubén, Brais Sendón, Álex Forján.

Semanas complicadas en Castriz, porque se deron de baixa varios xogadores Pablo Martínez, Jesús Castro, Rompe…), e puideron achegarse á Verdillo só cun suplente, o porteiro. Polo que os de Miguel Chouza dan por moi positivo o empate colleitado nas Pedreiras.

O choque estivo condicionado polo estado irregular do céspede, e polo vento, que facían moi difícil xogar en longo. Con todo iso, viuse unha primeira parte moi igualada, na que o equipo visitante xogaba con vento a favor e a través dun ataque directo xeraba algunha ocasión de perigo, sobre todo tras segundas xogadas, mentres que o equipo local intentaba entrar por bandas sen demasiado éxito.

Na segunda, co vento a favor apretaron moito máis os locais, creando moito máis perigo nalgunha transición rápida, e con chegadas por bandas e centros laterais, pero nos balóns directos estaba moi segura sólida e combativa defensa rossonera. Ata tivo o Castriz unha contra para levar os puntos, na que Brais Sendón quedou só tras unha combinación con Alex Forján pero estivo moi lento e un defensa conseguiu tapar.

 

Corme - Muxía (4-3)

  • Corme: Suso, Pandi, Alejandro, Javi Peón, Dani Casal; Sergio Sueiro, Aitor, Lucas, Adrián Doldán, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén: Pombo, Diego Bermúdez, Brais Torrado e Toniño.
  • Muxía: Javi Toja, Maikel, Michael, Conguito, Tati, Pereira, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Isma Márquez, Julián e Mauro Romaní. Tamén: Mario, Emilio e Álex Martínez.
  • Goles: 0-1, m.20: Isma Márquez; 0-2, m.33: Víctor Alcaina marca un golazo espectacular de falta; 0-3, m.40: Julián; 1-3, m.44: Alejo; 2-3, m.63: Adrián Doldán; 3-3, m.76: Alejo de penalti; 4-3, m.80: Toniño aproveita un rexeite a tiro de Lucas.

Partido complicado, tenso e vistoso, o vivido no campo, marcado polo vento sendo unha parte pa cada equipo, e moi difícil de arbitrar. De feito, o equipo muxián queda moi enfadado coa actuación arbitral. Empezaba o partido co Corme querendo xogar, pero cun Muxía moi forte atrás, tratando de presinionar arriba, e buscando saídas ás costas da defensa cormelá. Así chegaban o primeiro tanto, e pouco despois o segundo, un golazo de falta de Víctor Alcaina. Tardou en reaccionar o Corme que seguía perdendo algún balón comprometido como o que daba lugar ao gol de Julián, que aproveita un balón morto tras bater no longueiro para facer o terceiro.

Pero a este Corme non se lle pode deixar un alento de vida, e antes do descanso, Alejo completa unha boa xogada colectiva para abrir de novo o partido.

Na segunda, o Corme saíu por todo Alejo e Sueiro avisaban das intencións, ante un Muxía que aguantaba. Tivo sorte o Corme no segundo de Doldán, que tivo axuda do meta muxián, e nada máis sacar o Muxía manda un balón ao longueiro que salva Suso, e que podería ter cambiado o curso do partido. A protestada expulsión de Julián con media hora por diante, deixou ao equipo vermello en inferioridade e o dominio local se agrandaba. Alejo empataba de penalti e coa inercia, pouco despois Toniño completaba a remontada.

 

Baíñas - Cee (2-5)

  • Baíñas: Brais Periro, Héctor (Eloy García), Eloy Trigo, Baba, Canosa, Samuel, Abel (Esteban), Cristian, Toño, Dieguito e Santi Díaz (Charly).
  • Cee: Carlos (Pablo), Álex, Borja (Alex Castro), Josiño, Patera, Chema, Coté, Eze, Luís Lojo, Martín, Bruno.
  • Goles: 1-0, m.40: Santi Díaz; 1-1, m.44: Patera; 1-2, m.47: Eze; 1-4, m.61: Patera; 1-5, m.64: leo; 2-5, m.85: Charly.

Último partido de Barca no banco vimiancés despois de sucumbir ante o Cee. E iso que os vimianceses fixeron unha gran primeira metade, chegando a ter numerosas ocasións (Santi Díaz e Diego en dúas ocasións, e Baba), pero só acertou, ao fío do descanso Santi Díaz. Pero, xusto na última xogada do primeiro tempo regalo entre o central e o porteiro local e Patera consegue o empate.

Gol psicolóxico antes de ir aos vestiarios, e novo gol á volta, cando na primeira xogada Eze facía o segundo. Aí os vimianceses decaeron, afondando no mal momento anímico do equipo, e os tantos foron caendo.

Barca era destituido a última hora da noite e o club busca adestrador.

 

Malpica - Ponteceso (1-3)

  • Malpica: Damián, Mante, Belar, Lucio, Cristian, Migueliño, Andu, Alberto, Xaco, Jairo e Alberto Hombre. Tamén: Kevin, Dimitri, Ceide e Marquitos.
  • Ponteceso: Rubén, Isaac, Ismail, Juanjo, Luca, Alberto Recarey, Nando, Charro, Puente (Aday, m.85), Abel Torres (Maradona, m.67), Eloy Álvarez (Xuco, m.67).
  • Goles: 1-0, m.8: Mante; 1-1, m.26: Charro; 1-2, m.38 Martin Puente; 1-3, m.90: Xuco de penalti.

Partidazo vivido na Pedra Queimada entre dous equipos que se coñecen moi ben, nun Malpica que estreaba unha nova fichaxe, a de Xaco o mítico xogador herculino do 78 que triunfara na 2ªB co Fabril e Pontevedra. Colocaríase por diante o cadro malpicán tras un córner. O gol espertou aos de Pablo Mallón, que pouco a pouco foron chegando á área rival coas entradas por banda dos Luca, Charro ou Abel. Foi Charro o que no ecuador da primeira acabada o empate cun bonito gol, e anrtes do descanso, Puente fai o segundo tras dous regates dentro da área.

Intentouno o Malpica na segunda, pero as forzas ían decaendo ante un Ponteceso que defendía co balón, pero que pouco a pouco ía pegando máis balóns directos. Protagonista foi Recarey que lanzou un par de córner directos que salvou in extremis Damián. Xuco sentenciaba, xa sobre o pitido final, dende os 11 metros.

A nota negativa protagonizouna Alberto Hombre, que tivo que marchar lesionado na ambulancia. A cousa parece grave pois quedou ingresado no Hospital. Dende Malpica consideran que a dureza do céspede de Pedra Queimada pode ter algunha culpa da praga de lesións que sofre o equipo.

 

Cabana - Zas (2-1)

  • Cabana: Víctor, Aarón, Ismael, Raúl (Rubén), Duda (Fernando Rey), Pablo Senande, Diego Cacha, Manolo, Sergio, Castro (Stiven), Simón (Raúl Corzón).
  • Zas: Puyol, Atu, Manu, Brais, Brais Espasandín (Kevin, m.65), Bruno, Fani (m.82), Manu Guillamet, Andrés (Darío), Iván (Balsa), David.
  • Goles: 1-0, m.75: Castro de penalti; 2-0, m.85: Cacha de falta dende a fronta; 2-1, m.90: Atu.

Cabana SD - Sporting Zas nas Redondas-Foto-Roberto
Cabana SD - Sporting Zas nas Redondas-Foto-Roberto

Duelo de necesitados, que comezaba con demasiado respecto entre ambos, e co vento como gran protagonista, provocando moitos erros nas entregas. Cabana ronda a a portería do Zas e Duda a saída dun córner que rematou alto e nun regalo que non aproveita Simón.

Despois do descanso seguiu a misma tónica ata que Castro foi obxecto de penalti que el mismo transformou, pouco despois de que Rubén mandase un remate de cabeza ao longueiro. Quixo estirarse o Zas pero nunha falta Diego Cacha poñeria o 2-0. Sergio cabeceaba ao longueiro e perdoaba o terceiro. Xa no tempo de desconto nunha falta lateral acurtaba distancias o Zas pero sen tempo para máis.

 Cabana SD e Sportinf Zas nas Redondas-Castro e David Velo
Castro e David Velo-Foto-Roberto

Coristanco - Cerqueda (3-1)

  • Coristanco: Mauricio, Samu, Sergio, Rubio, Pazos, Damián, Mario, Álex, Dani, Joni e Castiñeiras. Tamén: Álvaro, Villajos, Jose e R.
  • Cerqueda: Darío, Marcos Pensado, Breo, Nacho, Diego, Estefan, Dani, Lorenzo, Lagoa, Méndez e Nico. Tamén xogaron: Javi Souto, Breogan, Julián, Iván Rojo.
  • Goles: 1-0, m.37: Pazos; 2-0, m.44: Castiñeiras de penalti; 3-0, m.47: Mario a pase de Joni; 3-1, m.50: Diego.

Imaxe do Coristanco SD- UD Cerqueda-Foto-Ra Bello
Foto: Ra

Partido malo na Rocheira, cun Coristanco algo máis entonado, levando o peso do partido a través do balón ante un Cerqueda espeso e defensivo. Empezou o partido moi igualado e con poucas ocasions, se ben cómpre destacar unha falta directa de Lagoa que desvía o porteiro do Coristanco ó pau, e unha internada de Castiñeiras, que de novo salva Darío. E así foi o partido ata que unha inocente falta na banda a colga na área e marca o Coristanco. A partir de aí veuse arriba o Coristanco e apretou ao Cerqueda a base de intensidade e máis gañas. E neses últimos minutos de asedio do Coristanco o colexiado sinala un protestado penalti que ademais acaba coa expulsión do cerquedán Méndez.

A segunda metade comezaba con outra xogada polémica, pois Mario fai o terceiro nunha xogada na que os xogadores visitantes piden saque de banda quedando parados. A partir de aí e a base de colgar balóns o Cerqueda dominou a segunda parte. Recurtou pero o Coristanco estivo firme atrás, cun soberbio Mauricio baixo paus, e non veu perigrar a vitoria.

 

Buño - Esteirana (1-4)

  • Buño: Brais, David, Miguel Dourado, Fran, Castro, Petis, Zinho, Manu, Elías, Bastón e Juan Antelo. Tamén: Paco, Alesander, Fabi e Martín Castro.
  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Pachi, Dani Rama; Adri, Sam, Álex Rama, Raul, Elías Ruso e Carajillo. Tamén: Pablo Rama, Xián, Álvaro e Pablo.
  • Goles: 1-0, m.13: Zinho; 1-1, m.35: Elías Ruso; 1-2, m.57: Code; 1-3, m.72: Elías Ruso; 1-4, m.77: Carajillo.

Aguantou moi ben o Buño os embites da Esteirana na primeira metade, e mesmo se metía por diante tras unha boa contra levada por Elías e Miguel que remataba Zinho. A Esteirana seguía dominando, combinando con paciencia ante a ordenada defensa oleira. O empate chegaría pouco antes do descanso, da man de Elías Ruso.
Comezou moi forte o equipo de Geno na segunda, e nun córner Code facia o segundo. Estirouse o Buño, e volcouse o ataque e tirou dous tiros ao longueiro, pero á contra mataría o partido o equipo visitante con dous goles dos seus novos e rápidos puntas.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios