Venres. 26.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Baíñas e Porteño gañan os duelos de arriba ante Buño e Zas

Zas-Porteno-Foto-Noelia 2
Imaxe do partidazo entre Zas e Porteño en San Andrés. Foto-Noelia
3ª Galicia: Baíñas e Porteño gañan os duelos de arriba ante Buño e Zas

Enfróntabanse os 4 de arriba entre si.Colocábase a semana pasada o Buño arriba de todo xunto con Baíñas, Porteño e Zas. Esta semana foron os equipos de Roski e Cousillas os protagonistas das vitorias da semana, aos rivais directos polo ascenso directo.
Porteño-Baíñas a vindeira semana na Grixa, ademais.

Por fin gañou o Pereiriña, tras 5 xornadas sen facelo, cun tanto no desconto, como tantas outras veces estaba a acontecer en contra.  

Camelle - Castrelo (1-1)

  • Camelle: David, Quintelo, David, Hucho (Macareno), Ruso (Chori), Estiben, Marcote (Carlos), Dido, Crejo, Sergio e Adrián.
  • Castrelo: Martín, Chans, Oli, Canoas, Peke, Rodri (Pichón), Quilmes, Picallo (Guillín, m.55), David (Estebo, m.80), Pereira (Miguel, m.70) e Rubén.
  • Goles: 0-1, m.66: Rubén; 1-1, m.90: Dido.

Camelle-Castrelo no Rodeiro

Volvía Ordóñez ao Rodeiro, desta volta ao banco visitante, e tivo unha acollida cariñosa. E se vivía o clásico partido outonal no que o céspede condiciona o xogo. Foi un choque igualado, con poucas ocasións para os dous equipos, e pouco acerto.
Arrincaba mellor o Castrelo na segunda, mandando mesmo un balón ao traveseiro de córner directo de Peke e outro remate alto por pouco. Nun balón longo, Rubén vaise en velocidade e bate a David. Puido sentenciar o Castrelo pero o Camelle de Sergio tamén se viña arriba con todo e no último suspiro, nunha boa xogada de Sergio deixa para que Dido faga o empate final. Os locais pediron un penalti.

 

Laxe - Nantón (2-2)

11 do laxe copia
11 do Laxe
  • Laxe: Rubén, Mikel, POmbo, Jacinto, Cebey, Alex, Gora, Iago Torres, Miguel Torres, Bieito e Santi Casás. Tamén: Camafreita, Jesús, Jacobo, José Ángel e Pablo.
  • Nantón: Isma, Fran, Xoel, Eloy Moreira, Fariña, Martín, Tato, Márquez, Pastor, Redondo e Iván Moreira. Tamén; Micael, Bardanca, Cristian, Alberto e Javi.
  • Goles: 0-1, m.32: Iván Moreira; 1-1, m.38: Miguel Torres; 1-2, m.67: Redondo; 2-2, m.90: Santi Casás.

Laxe-Nanton

Partido con alternativas no marcador e no xogo, que comezaba co cadro de Lilo máis enchufado, cunha ocasión clara de Bieito e asexando aos de Carlos Vidal, que foron meténdose pouco a pouco no partido. De feito, era Iván Moreira o que abría o marcador, cun voleón pola escuadra (xa antes marcara pero o tanto era anulado).
Reaccionou rápido o Laxe cunha fermosa contra que remachou á rede Miguel Torres.

Na segunda, os dous equipos puideron levar o partido, pero era o Nantón o que se adiantaba con outro golazo de fóra da área de Redondo. Apretou o Laxe de aí ao final, mandou un par de balóns ao pau por medio de Miguel Torres e Santi Casás, que xusto no desconto e á desesperada, conseguía a igualada.

 

Malpica - Seaia (0-2)

  • Malpica: Lamas , Iván, Simón, Samuel, Jorge Groucho, Cristian, Alexandre, Jorge Parga, Baye, Alberto Hombre e Kevin.
  • Seaia: Anxo, Costa, Mario, Añón, Iván Rod., Manu Garrrido, Luís, Isaac, Anxo, Martín Costa e Jose Suárez. Tamén: Carracedo, Joel, Alex Mato, Raúl Reigía e Pablo.
  • Goles: 0-1, m.3: en propia; 0-2, m.76: Luís.

Pásalle de todo a este Malpica de Jorge Calvete, que non levanta cabeza. Comezaba o derbi en Pedra Queimada cun tanto en propia meta… E iso que saíran ben enchufados os locais, pero que sufren a cada pao en contra, e comezaron a deixarse dominar. Entraba por banda esquerda o Seaia, facendo dano, pero tamén tivo as súas o Malpica como un gol cantado de Alberto Hombre que despexa o propio Baye na liña de gol sen querer.

A expulsión de Alberto Hombre no 63 (sumou dous cartons amarelos en 2 minutos) marcou o partido, cun Seaia dominador, marcando por medio de Luís nunha xogada que viña dun córner a favor do Malpica, e puidendo ampliar de non ser polo paradón de Lamas a un tiro de 40 metros.

 

Baíñas - Buño (1-0)

  • Baíñas: Sergio, Raúl, Maikol, Kevin, Anibal, Adrián Canosa, Carlos, Brais Tajes, Cristian Canosa, Cristian Hermida e Oreiro. Tamén: Joel, Antelo, Fabio e Rodri.
  • Buño: Darío, Jose, Jesús, Breo, Miguel Dourado, Fran, Luisma, Iván, Elías López, Elías Suárez e Eloy. Tamén: Xurxo, Pablo, Facal, Brais Cean e Juan Antelo.
  • Gol: 1-0, m.27: Kevin.

Típico partido de 0-0 que o levou o Baíñas nunha falta lateral. Foi un choque duro, trabado, con moitas interrupcións e pouco fútbol por parte de ambos equipos, nos que o cadro oleiro lamentou a permisividade arbitral.
Acertou o cadro de Roski unha das poucas ocasións do partido, cando nunha falta centrada Maikol consigue rematar e tralo rexeite do porteiro, moi atento Kevin marca o 1-0.

O cadro de Jose Caravel apretaba agora, con máis presencia en campo contrario, presionando arriba e buscando os erros dos locais, pero non chegaban. Tivo o 2-0 Brais pero rematou rozando o longueiro unha fermosa xogada de Cristian Canosa e Oreiro; mentres que por bando visitante pedian a expulsión do propio Cristian Canosa por unha entrada sobre Miguel Dourado, que acabaría lesionado.

Seguía o mesmo guión na segunda, coas defensas e os porteiros impoñéndose, como a parada de Darío a Brais nun man a man. O Buño só conseguía chegar en faltas laterais ou en faltas directas de Juan Antelo e Elías Suárez, que a piques estiveron que significar o empate.

 

Zas - Porteño (1-3)

11 do Zas en San Andres-Foto-Noelia
11 do Zas en San Andres-Foto-Noelia
  • Zas: Pereiras, Darío, Pablo Pardiñas, Pablo Fuentes, Marcos, Adrián, Brais, Manu, Andrés, Álvaro e Unay.
11 Porteno en Zas-Foto-Noelia
11 Porteno en Zas-Foto-Noelia
  • Porteño: Jose, Vicente, Pejo (Yeray, m.75), Nico, Manoliño, Ángel, Nico (Marquiños, m.70), Juan, David (Martín Carrabete, m.60), Alan e Lucas (Martín, m.65).
  • Goles: 0-1, m.49: Alan; 0-2, m.52: Lucas nun córner; 0-3, m.64: Lucas; 1-3, .90: Dani Mato.

Partidazo vivido en San Andrés, entre dous dos equipos que seguro van estar arriba. Saíu presionando moi arriba o cadro de Cousillas, roubando moi arriba, e non deixando saír aos de Martín do seu campo.
Pouco a pouco o Zas foise estirando, atopándose mellor e tivo unha contra cun man a man de Unay que salvou Jose.

En 5 minutos do segundo tempo sentenciou o partido o Porteño. Dous tantos concutivos ante un Zas que saía con menos intensidade e fixo un par de regalos, deixaba o partido encarrilado. A expulsión de Adrián deixaba o choque listo, e se ben o Porteño baixou o pistón, o partido estaba sentenciado.

 
Zas-Porteno-Foto-Noelia
Zas-Porteño-Foto-Noelia

Lira - Ameixenda (2-0)

11 do Ameixenda en Lombans
11 do Ameixenda en Lombáns
  • Lira: Balayo, Isaac, Cartamil, Cristian, Ramón, Mijeliño, Golpes, Lucas, Raúl, Fran Periko e Rubén. Tamén: Saúl Relo, Ángel, Saúl Lariño e Alexis.
  • Ameixenda: Costa, Torices, Lagoa, Bichinho (Dani, m.47), Sergio (Cristian, m.66), Sambade (Pikita, m.83), Chucho, Pablo, Yunior, Kris e Damián.
  • Goles: 1-0, m.37: Fran Perico a pase de Rubén; 2-0, m.70: Fran Perico.

Baixas importantes nos dous equipos e unha primeira parte moi igualada cun fútbol bastante directo dos dous, o que facía que o balón estivera sempre cerca das áreas pero sen ocasións claras de gol nin intervencións destacadas dos porteiros. Tan só unha falta de entendemento na defensa do Ameixenda propiciou a ocasión para que o Lira se adiantara no marcador, pouco despois da primeira media hora de xogo, cunha boa xogada entre Rubén e o eterno Fran Perico. A piques estivo de empatar o cadro de Javi Pinturas no único despiste dun serio equipo liracho

No segundo tempo os de Gabri Sil estiveron mellor, aguantando sen problemas atrás e saindo con perigo a contra. Destacar o gran partido de Costa que evitou tres ou catro goles "cantados", ainda que no m.70, logo dunha gran intervención, o seu rexeite foi aproveitado polo Lira para facer o 2-0 e decidir o partido. Unha vez máis o Ameixenda apenas tiña cambios e incluso Pikita (porteiro suplente), viuse obrigado a xogar 10 minutos de xogador de campo.

 

Pereiriña - Xallas B (2-1)

  • Pereiriña: Isma Antelo, Grille, Fabián, Esteban Lema, Diego Oca, Carlos Leis, Martín, Brais Lagoa, Esteban Sendón, Carlos Antelo, Tito. Tamén: Soneira, Rodri, Christian, Kevin e Saulo.
  • Xallas B: Barbeira, Jota, Alonso, Julián, Miguel, García, Couto, Luís xuv., Bruno, Luís e Adrián. Tamén xogaron: Dani Loureiro, Javi Caamaño, Marcos, Fabio, e Fabián.
  • Goles: 0-1, m.7: Adrián Forján tras unha bicicleta e despois dun fermoso cambio de xogo; 1-1, m.32: Carlos Antelo de penalti; 2-1, m.90: Fabián tras un córner botado por Lucho.

Empezou ben o cadro de Adrián Lema, cheo de xuvenís, e se adiantaba cun fermoso gol de Adrián Forján. Pero foron desinflándose os visitantes, e o Pereiriña comezaba a dominar e ir arriba. Empataban dende os 11 metros os ceenses.

Xogou mellor o Pereiriña na segunda, con moitos cambios e pernas novas. Era un ida e volta o partido, con máis chegadas na área visitante, e xusto ao final, caeu cara do lado local, que marcaron nun córner sobre o pitido final, como outras veces quedaron sen premio este curso.

 

Máis crónicas da 3ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios