3ª Galicia: O Baíñas ratifica o seu ascenso e pelexa o título ao Porteño
Tralo ascenso do Porteño, o Baíñas ratificaba este domingo o seu cantado ascenso a falta de 2 xornadas para o final.
Faino ademais alcanzando no alto da táboa ao Porteño, que sufría a primeira derrota da temporada ante o veciño Camelle, pero que mantén o golaveraxe individual a favor, polo que aínda depende de si mesmo para alzars co título. A semana que vén o Porteño visita a un necesitado Laxe mentres o Baíñas visita ao desquiciado Malpica.
O outro grande protagonista da xornada foi o Laxe. Os de Lilo venceron a un Buño máis relaxado, e aproveitaron o empate do Lira en Fontenla para colarse entre a promoción.
A semana que vén un importantísimo Lira-Zas (co Zas só 3 puntos por diante dos lirachos, que se gañan se meterían por diante).
Baíñas - Pereiriña (4-0)
- Baíñas: Sergio, Raúl, Borja, Dylan, Héctor, Carlos, Oreiro, Maikol, Cristian Canosa, Kevin e Ruli. Tamén xogaron: Hermida, Chipi, Rodrigo, Christian Rguez e Joel.
- Pereiriña: Isma, Isma Graíño, Ézara, Adri Ozón, Fabián, Carlos Leis, Jose, Salva, Charlu, Rubén e Soneira. Tamén: Borja, Tito, Brais e Kevin.
- Goles: 1-0, m.47: Maikol; 2-0, m.50: Oreiro; 3-0, m.65: Ruli; 4-0, m.85: Hermida.
Non fallou o Baíñas e galou o partido que lle permite celebrar o ascenso. O choque estivo marcado polo vento, que soplou para o Pereiriña na primeira metade. O cadro ceense estivo ben pero non aproveitou a vantaxe e as mellores ocasións foron para Kevin ao pau e Ruli, que escapa do central e nun man a man o porteiro Isma fixo unha moi boa parada.
Dous goles pola escuadra nada máis saír dos vestiarios decidiron o partido. O Baíñas non baixou o ritmo e sentenciaba, e mesmo Charlie fallou unha pena máxima.
O cadro vimiancés celebra o ascenso, apreta ao Porteño polo título e dedícalle a vitoria e o ascenso en especial a Samueliño e Esteban, que se teñen que operar de lesións graves de xeonllo.
Ameixenda - Castrelo (0-6)
- Ameixenda: Ameixenda: Costa (Rivers, m.79), Evaristo, Chapu, Juan Lagoa, Pablo (Pikita,m.66), Adán, Álex, Chucho (Fabián Barreiro, m.73), Torices (Darío, m.59), Mauro e Yago (Dani, m.59).
- Castrelo: Martín, Oli, Peke, Estebo (Gustavo, m.65), Cachi, Álvaro (Rodri, m.50), David (Pereira, m.70), Chans (Picallo, m.55), Xabi (Conde, m.65), Rubén e Rodrigo.
- Goles: 0-1, m.12: David; 0-2, m.38: Rubén; 0-3, m.53: Rodri; 0-6, m.60: David; 0-5, m.70: Pereira; 0-6, m.71: Rubén.
Non fixo mal partido un valente Ameixenda, coa defensa moi adiantada, pero que segue cometendo erros que o penalizan, e cando encaixa vense abaixo. O partido empezaba sen un dominador claro, e o Castrelo na primeira chegada marcou. Aí e certo que durante uns minutos puideron facer o segundo pero aos poucos o Ameixenda igualou o xogo, que non o marcador. E o Castrelo nunha xogada idéntica ao primeiro gol con centro lateral, solo que polo outro lado, fixo segundo.
E no segundo tempo entrou moi ben o Ameixenda. Con Chucho e o xuvenil Alex controlando o xogo. Parecía que chegaría o 1-2 pero nun fallo garrafal de toda a defensa o que chegou foi o 0-3. Ese gol afectou ao equipo e en duas contras, minutos 61 e 63, chegaron o cuarto e o quinto.
Buño - Laxe (0-1)
- Gol: 0-1, m.67: Iago Torres.
Triunfo xusto do Laxe a pesar de non facer un gran partido ante un Buño que fixo un partido moi frouxo. O partido comezaba con moitas imprecisións e a primeira parte foi moi parella por parte de ambos equipos, nos tendo máis control do partido e o Laxe esperando o seu momento, apenas se xeraron ocasións por ambos equipos.
Na segunda metade, o Laxe, aspirando á promoción, empuxou un pouco máis e dispuxo de algún golpeo de Iago Torres desde media distancia e o Buño responderon cun golpeo de Eloy que pasou cerca da escadra. Adiantouse o Laxe nunha xogada por banda de Bieito, que entrou na segunda mitad, que tras un rechace caelle o balón só a Iago Torres e bate a Darío a pracer. A partir de aí o Laxe intentou aguantar o resultado (máis ainda despois da expulsión de Gora por doble tarxeta) e o Buño tampouco ningunha ocasión clara para empatar.
Porteño - Camelle (3-4)
- Porteño: José Vicente, Rodri, Pejo, Manoliño, Ángel, Juan oVello, Nico, Martín Carrabete e Alan. Tamén xogaron: Marquiños, David, Adrián e Sergio.
- Camelle: Roi, Quintelo, Dido, David Vázquez, Makareno (Rubén), Piquero (Mariño), Estiben, Marcotinho (Tereso), Chori (Gabi), Crejo e Adrián.
- Goles: 0-1, m.20: Crejo; 1-1, m.25: Pejo; 1-2, m.26: Marcotiño; 2-2, m.62: Manoliño de penalti; 2-3, m.76: Tereso; 3-3, m.85: en propia meta tras un pase da morte de Juan oVello; 3-4, m.90: Adrián.
Mal partido do Porteño no seu día de festa, sempre a remolque dun Camelle merecedor da vitoria, e de endosarlle a primeira derrota ao líder. Foi un choque moi intenso e disputado, con moitas ocasións. O líder comezaba mandando ante un Camelle esperando atrás e buscando a contra. Nunha desas Crejo adianta aos de Sergio cunha fermosa vaselina. Pronto empatou o Pejo, pero de contado Marcotinho noutro balon en longo definiria nun man a man co porteiro. Aínda habería moitas máis ocasións pero chegaríase así ao descanso.
Empezou algo mellor o Camelle na segunda, mesmo levando algo o control do partido. Pero Mnaoliño empatou de penalti. Repúxose do golpe o cadro camellán, que volvía meter por diante cun tiro de Tereso, e puido ampliar a renda se entra algún dos 3 paus que lanzaron en dúas xogadas. Non chegou e malia quedar cun menos, nunha internada de oVello empataría por terceira vez o Porteño coa axuda dun defensa. E xa no último suspiro, nun balón en longo por banda, recólleo Crejo e vaise do defensa e poñe o pase da morte para que marque Adrián.
Xallas B - Lira (1-1)
- Xallas B: Fabián, Julián, Iván García, Becerra, Nando, Jose, Jota, Adrián Couto, Steven, Castro, Doriño. Tamén; Iván, Alex Calvo, Adrián Forján, Kevin e Fabián.
- Lira: Balayo, Isaac, Rui, Cristian, Ángel, Mijeliño, Raúl, Golpes, Saúl Lira, Miguel e Pablo. Tamén: ruben, Cartamil, Saul Lariño e Ramón.
- Goles: 0-1, m.50: Rui nun córner; 1-1, m.78: Adrián Forján tras unha boa xogada por banda.
O Lira buscou os 3 puntos de todas as formas, ante un Xallas máis dominador, pero sen profundidade. O Lira aguantaba e roubaba, e aproveitaba algún erro dos xalleiros pero fallou ata 4 ocasións claras nas botas de Pablo.
Na segunda ao pouco de iniciar nun córner Rui adiantaba aos de Gabri Sil no marcador e a partir de aí os de Churián apretaría bastante ata que acabou empatando. “Decepcionante resultado pero dentro do malo seguimos dependenndo de nos mesmos”, recoñece Sil.
Seaia - Nantón (1-0)
- Gol: 1-0, m.5: Alex Mato.
Moito vento en Pedra Queimada, que soplou a primeira metade a favor dun Nantón que non foi quen de aproveitalo tras poñerse o cadro local por diante tras un centro raso ao comezo do partido. Na segunda intentárono os cabaneses pero o cadro de Óscar e Morata aguantan o resultado para sumar 3 puntos
Zas - Malpica (3-0)
- Goles: 1-0, m.54: Anxo; 2-0, m.61: Adri; 3-0, m.80: Adri.
Pouca historia nun partido no que o Zas intentouno durante o primeiro tempo pero sen sorte. Na segunda, con paciencia, foron chegando os goles do cadro de Martín.