Venres. 26.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Porteño ratifica o seu ascenso directo, o Baíñas achégase e o Laxe non se rende

11 Porteno en Zas-Foto-Noelia
Un dos 11 do Porteño esta temporada, en Zas-Foto-Noelia Touriñán
3ª Galicia: O Porteño ratifica o seu ascenso directo, o Baíñas achégase e o Laxe non se rende

Non fallou o Porteño na súa visita a Lombáns. O cadro de Cousillas e Javi Baña ratificaba así o seu ascenso directo á 2ª Galicia a falta de 3 xornadas .
Os líderes fixeron un partidazo, todos coa frecha para arriba, dominaron o tempo do partido e aproveitaron a calidade de Alan para solventar o choque con 2 tantos.
Un Alan que leva 19 goles, o segundo máximo goleador da liga por detrás do seu compañeiro Lucas, que leva nada menos que 26. Terceiros, con 13 goles, están Charli (Pereiriña), Ruli (Baíñas), Álvaro (Zas).

Non lles deu tempo ao novo equipo da Liga da Costa a sacar foto sequera, pois o choque do Buño, que non pasou do empate no Rodeiro, remataba media hora despois e moitos xa marcharan do campo.

Javi Bana e Cousillas adestradores do Porteño
Javi Baña e Cousillas, adestradores do Porteño

Aínda queda aberta a loita polo título, pois o Baíñas solventou, con máis facilidade da esperada, a visita do Zas. Os de Roski quedan a 3 puntos do líder, e sacan 7 puntos ao 3º, o Buño, polo que a semana que vén poderán celebrar o ascense se vencen en casa ao Pereiriña.
En canto ao choque, os vimianceses venceron 3-0, facendo un gran choque con presión alta e levando a iniciativa, e marcando as diferencias con goles de Raúl, Ruli e Carlos.

3º e 4º, ambos coa promoción máis que asegurada, enfrontáronse no Rodeiro. Foi un choque igualadísimo entre Camelle e Buño, no que se adiantaron os locais por medio de Dido de cabeza; pouco despois empata Eloy aproveitando unha indecisión entre defensa e porteiro local. Luis Miguel facía o segundo antes do descanso, adiantando aos oleiros. Adri puido facer o empate pero a súa vaselina marchou alta.
Arreón inicial do Camelle, que aguantou o Buño, pero nunha falta lateral, tras varios rexeites Marcotiño facía o empate, aínda con media hora por diante pero non se movería o marcador.

A promoción

Quedan pois dúas prazas para confirmar a promoción de ascenso. Zas e Lira, que ocupan a día de hoxe as 5ª e 6ª praza, perderon, polo que devólvenlle as opcións ao Laxe, que queda agora a 2 dos zaseiros e a 1 dos lirachos.

Foi outro dos choques da xornada, ese Laxe-Seaia, ao que chegaban os dous empatados a puntos e como unha final para meterse de novo na loita pola promoción. Foi un dos mellores partidos dos de Lilo, que se meteron por diante no marcador tralo tanto inicial de Miguel Torres e souberon manter a orde. O Seaia tardou pero recuperou a posesión e apretou moito no último cuarto de hora e puido empatar. Pero foi clave o segundo tanto dos laxenses, de Santi Casás xusto antes de rematar a primeira metade, para afrontar o segundo tempo con templanza.

Laxe-Seaia
Laxe-Seaia

O resto

Alex, Mauro, Darío e Borja, debutaron co Ameixenda con apenas 16 anos
Alex, Mauro, Darío e Borja, debutaron co Ameixenda con apenas 16 anos

Polo demais, goleada do Nantón a un Ameixenda no que debutaron 4 rapaces de 16 anos ante os continuos problemas de efectivos.
Vitoria do Pereiriña ao Castrelo recuperando a senda dos 3 puntos cos goles de Miguel e Lucho de penalti; e vitoria do Xallas B ante o Malpica nun partido de solteiros contra casados.

pereirina-Castrelo
Pereiriña-Castrelo

As táboas en www.futboldacosta.com.

Comentarios