3ª Galicia: Castriz e Porteño loitarán polo ascenso á Liga da Costa

O Castriz e o Porteño fixeron valer a súa condición de favoritos nas primeiras eliminatorias desta fase de ascenso á Liga da Costa e cítanse na final do playoff logo de superar a Camariñas e Outes, respectivamente.
SD Castriz 3 – 1 Camariñas FC
SD Castriz: Puyol (Álvaro m.75), Rompe (Carlos m.59), Adrián, Steven, Jesús (Chapu m.68), Mauri, Chiki (Martín Negreira m.80), Iván, Martín Gemelo (Kevin m.64), Álex e Sebas.
Camariñas FC: Pablo, Marino, Rodri (Manuel m.71), Raúl (Saviola m.68), Óliver, Brais, Dani Moreno (Andrés m.71), Dijbi, Miki, Nico e Soule.
Goles: 1-0 m.50: Sebas; 2-0 m.62: Sebas; 3-0 m.68: Adrián; 3-1 m.90: Saviola.
O Castriz en ningún momento viu perigrar o seu pase, xa que dominou o encontro de principio a fin ante o Camariñas pero os de David Velo non serían quenes de ver portería ata unha segunda metade que quedaría solventada cos dous goles e outro de Adrián en vintetrés minutos que poñerían un claro 3-0 no luminoso.
Nos minutos finais, Saviola faría o definitivo 3-1.
CF Porteño 3 – 1 Outes FC
CF Porteño: Josiño, Caamaño, Pejo, Manu, Roi (Mario m.62), Porto, Ángel, Jorgito (Wii m.74), Javi Antelo, Vicente, Nazo (Cachi m.90).
Outes FC: Peipo, Álvaro (Caamaño m.17), Babu (Ramón m.62), Chía, Martín, Eloy, Santi (Veleiro m.62), Jura, Simón, Paullo e Quin.
Goles: 1-0 m.3: Caamaño; 2-0 m.10: Jorgito; 3-0 m.13: Ángel; 3-1 m.55: Martín.
Partido moi físico no que o Porteño saíu moi enchufado e lograría poñerse cun claro 3-0 no minuto 13 grazas aos goles de Caamaño, Jorgito e Ángel.
Co paso dos minutos, os locais foron baixando o ritmo e dándolle oportunidades o Outes pero ningunha de gran perigo.
Xa na segunda parte, o partido seguiría coa mesma dinámica ata que no saque dunha falta indirecta, Martín facía o 3-1, un gol que lle daría esperanzas ao Outes de clasificarse pero o Porteño foi aguantando o resultado con máis corazón que fútbol ata o pitido final.