Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Coristanco xa é equipo da Liga da Costa

A SD Coristanco celebrando o seu ascenso á Liga da Costa. Foto: www.diariodeportivo.gal
A SD Coristanco celebrando o seu ascenso á Liga da Costa. Foto: www.diariodeportivo.gal
3ª Galicia: O Coristanco xa é equipo da Liga da Costa

Nin o mal tempo nin tampouco a Champions League foi quen de privar que a Rocheira estivese chea de afeccionad@s ao noso fútbol, ao fútbol de verdade, ao fútbol da Costa para presenciar un partido que remataría coa vitoria pola mínima dun Coristanco que logrou o ansiado ascenso á Liga da Costa ante un Castriz que o deu todo para evitalo, pero aparecería a figura de Xuko para darlle un triunfo que vale un salto de categoría.

SD Coristanco 2 – 1 SD Castriz

SD Coristanco: Diego Mallo, Sergio, Mato, Lagoa, Pazos, Xuko, Samuel, Castiñeiras (Torres m.82), Erre (Rubio m.69), Corral, Álex (Damián m.69).

SD Castriz: Puyol, Carlos, Adrián (Chiki m.63), Kevin (Chapu m.55), Steven, Mauri (Jesús m.58), Iván, Álex (Martín Negreira m.92), Robi (Toniño m.88) e Sebas.

Goles: 1-0 m.39: Xuko; 1-1 m.68: Álex; 2-1 m.93: Xuko.

Partido marcado polo mal estado do campo da Rocheira no que as choivas fixeron mella sobre o terreo de xogo, o que propiciou que o centrocampismo fose a tónica predominante dun encontro no que as ocasións fosen escasas e as que houbo serían con lanzamentos de certa distancia.

E non sería ata a falta de seis minutos, cando un balón interior que deixaría a Xuko ante Puyol e o dianteiro coristanqués poñía por diante aos seus.

No segundo tempo, máis do mesmo, aínda que Puyol tería que intervir para evitar o segundo dos locais ante Corral. A resposta daríaa Adrián cun disparo que se marchou por riba do longueiro da portería coristanquesa.

Tras isto, Samuel estrelaría o balón no longueiro cando xa se cantaba o gol nas bancadas.

E mediada esta segunda parte, Álex empataría o encontro ao rematar un centro medido de Robi.

Logo do gol, a intensidade baixou considerablemente e non sería ata os minutos finais cando o Coristanco se volvería a achegar á área rival nunha xogada colectiva que remataría Xuko fóra cando estaba en boca de gol.

E co partido tocando ao seu fin, o fútbol quixo darlle unha nova oportunidade a Xuko nunha transición rápida que remataría co 2-1, obra do killer coristanqués, o cal lle daba a vitoria e o correspondente ascenso a unha Liga da Costa á que volve a SD Coristanco despois de tan só uns meses na Terceira Galicia, da cal agora loitarán por proclamarse campións.

Comentarios