Mércores. 09.10.2024
El tiempo

3ª Galicia: Unha hora esperando a ambulancia

Suso lesionado no Laxe-Buno
O xogador laxense Suso, protagonista da xornada tralo seu susto no Laxe-Buño
3ª Galicia: Unha hora esperando a ambulancia

banner O Moncho 300x250

Unha hora tardou a ambulancia dende Cee ao Municipal Cabo dArea-Rogelio Martínez, para atender o esvaecemento de Suso, xogador do Laxe, durante o choque ante o Buño. Suso xa está na casa tralo susto, con algo de dor de cabeza, ademais da brecha na cabeza, e ollo un pouco mazado. Tocaralle descansar e ver como evoluciona esa dor. Moito ánimo.

No deportivo, o Buño mantén a estela do líder, un Porteño que sufría para vencer o derbu ante o Camelle e que segue a ser o equipo a batir. O Baíñas sumaba un punto, sabroso, en Cee ante o Pereiriña, mentres o Zas recuperaba a senda da vitoria ante o colista, Malpica.

 

Pereiriña - Baíñas (0-0)

  • Pereiriña: Isma Antelo, Griulle, Tonecho, Diego Oca, Fabichas, Tebo, Borja, Carlos Leis, Charli, Esteban Sendón e Miguel. Tamén: Saulo, Chiru e Rubén Yayá.
  • Baíñas: Sergio, Carlos, Borja, Hermida, Héctor, Ruli, Adrián, Oreiro, Aníbal, Esteban e Kevin. Tamén xogou: Rodrigo.

Moitas baixas nos dous equipos, cunha primeira metade igualada, sen apenas ocasións, cun cadro visitante con algo máis de dominio, pero ben controlado polo cadro ceense. Si

Abriuse algo máis na segunda, e chegaron algunhas ocasións. Un gol dos locais foi anulado por falta ao porteiro e Aníbal mandaba un trallazo ao longueiro, e no rexeite está moi atento Ismael para deter o chut de Carlos. Quedaba con 10 o cadro de Roski pola expulsión de Oreiro e aínda tivo un pequeno arreo final, pero ao remate, puntiño que lle sabe ben aos dous conxuntos.

 

Nantón - Seaia (2-4)

  • Nantón: Isma, Fran, Xoel, Eloy Moreira, Martín, Tato, Muíño, Alberto Fuentes, Redondo, Pastor e Iván Moreira. Tamén: Guille, Gavín, Carlos Vidal e Cristian Canosa.
  • Seaia: Anxo, Anxo, Añón, Iván Rod., Suárez, Joel, Alex Mato, Diego Martínez, Manu Garrrido, Sergio e Juni. Tamén: Mario, Diego Suárez, Pablo Caamaño, Martín Costa e Pablo García.
  • Goles: 0-1, m.4: Juni de penalti; 1-1, m.27: en propia; 1-2, m.49: Alex Mato; 1-3, m.54: Alex Mato; 1-4, m.68: Iván Rod.; 2-4, m.83: Iván Moreira.

Arrincaba o partido cun penalti na área local por mans, que transformaba Juni. Repúxose o cadro cabanés, que remontaba tras unha internada pola banda de Redondo cuio centro era rematado por Joel en propia meta ao intentar despexar.

Comezou a segunda como a primeira, co Seaia enriba, aproveitando 2 ocasións consecutivas tras erros da defensa local para meterse moi rápido co 1-3. Intentouno o Nantón, que pediu ata 4 penaltis, pero apenas puido recurtar no treito final.

 

Laxe - Buño (2-4)

11 do Laxe SD

  • Laxe: Rubén, Mikel, Pombo, Cebey, Jacinto, Iago Torres, Goira, Alex Botana, Miguel Torres, Felipiño e Bieito. Tamén: Jacobo, Camafreita, Suso e José Ángel.
  • Buño: Xurxo, Jose Suárez, Jesús, Facal, Fran, Miguel Dourado, Elías, Luís Miguel, Eloy, Sergio Bastón e Juan Antelo. Tamén: Sergio Anido, Breogán, Omar, Brais Ceán e Adrián.
  • Goles: 0-1, m.30: en propia meta tras un centro; 0-2, m.42: Juan Antelo; 1-2, m.50: Iago Torres; 2-2, m.69: Gora; 2-3, m.74: Juan Antelo dende 40 metros; 2-4, m.80: en propia.

Laxe e Buno

Fermoso partido marcado polo susto protagonizado por un Suso que primeiro sufría un golpe cun corte, e minutos despois perdía o coñecemento. Ata unha hora tardou a ambulancia en chegar, tempo que tardou en volver a reanudarse para xogar os últimos 7 minutos de encontro.

Comezaba o choque moio igualado, co Laxe algo máis enchufado, dominando durante os primeiros minutos, chegaron en varias situacions de centros lateirais, pero sen ocasións claras. O Buño tivo máis intensidade, vencendo os duelos para irse facendo co balón, e tamén estivo máis acertado aproveitando erros na defensa local.

Abría o marcador á media hora nunha condución de José por banda dereita na que elimina a dous rivais e mete un centro que Mikel no intento de despexe marca gol en propia. Estaba mellor no campo o Buño, pero Xurxo tamén tiña que aparecer para salvar un bo tiro dos locais. Un pase en longo deixaba a Antelo para facer o segundo antes do descanso.

Metíu unha marcha máis o Laxe tralo descanso, creando situación de perigo. Nunha delas Iago Torres, tras un desmarque, golpea forte e anota o 1-2. Pouco despois, tras unha xogada por banda do Laxe e tras centrar Bieito, Gora entra desde segunda liña e empata o partido.

Reaccionou o Buño de novo e nunha combinación entre Breogan e Luis Miguel, Juan Antelo marca pola escuadra o 2-3. E pouco despois noutra internada de Luis Miguel por banda centra e remata Eloy para marcar o 2-4.

Chegou aí o susto, cando Suso cae no campo, eo partido queda parado unha hora, ata que chegan médico e ambulancia. Reanudaríase ás 19:00h, e Xurxo tivo que desviar un par de tiros locais a pesar la pouca luz que había no campo.

 

Malpica - Zas (0-2)

11 do Malpica en Pedra Queimada-Foto-Noe Tourinan
11 do Malpica en Pedra Queimada-Foto-Noe Touriñán
  • Malpica: Lamas, Nieto, Jorge Parga, Jorge Groufo, Samuel, Loureiro, Nando Cabeza, Rafa Hombre, Baye, Arcay e Sergio. Tamén: Alex, Fran, Aitor, Macías e Cristian.
11 do Zas en Malpica-Foto-Noe Tourinan
11 do Zas en Malpica-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras; Pablo Pardiñas, Jose, Darío, Damián, Anxo, Adrián, Brais, Dani Mato, Andrés e Álvaro. Tamén xogaron: Juan, Iván, Christian, Xabi e Hugo.
  • Goles: 0-1, m.55: Álvaro; 0-2, m.57: Álvaro de cabeza a centro de Andrés.
Zas-Malpica-Foto-Noe Tourinan2
Zas-Malpica-Foto-Noe Touriñán

Saíu o Malpica ben armado atrás, sen deixar crear perigo ao equipo de Martín que movía e movía o balón pero non atopaba ocos. Álvaro, Dani e Andrés avisaban sendo mellor ocasión un remate nun córner que paraba Lamas ao fío do descanso.

Si acertaron os visitantes na segunda, tras un man a man de Álvaro e un balón o pao de Dani, on dous tantos de Álvaro. De aí ao final, un par de accións de Baye como única bagaxe ofensivo dos malpicáns e pouco máis.

 
Zas-Malpica-Foto-Noe Tourinan
Zas-Malpica-Foto-Noe Touriñán

Castrelo - Ameixenda (3-0)

  • Castrelo: Martín; Chans, Oli (Ramiro, m.85), Estebo (Pichón, m.75), Peke, Rodri (Miguel, m.75), Quilmes, David (Xavi, m.70), Picallo (Pereira, m.80), Guillín e Rubén.
11 do Ameixenda en Vimianzo
11 do Ameixenda en Vimianzo
  • Ameixenda: Costa, Juan (Dani, m.68), Chapu, Lagoa, Sergio, Andrés, Pablo, Adrián, Esteban, Kris e Damián.
  • Goles: 1-0, m.3: David tras asistencia de Rubén; 2-0, m.25: Rubén en velocidade; 3-0, m.44: Quilmes de cabeza nun córner.
Capis de Ameixenda e Castrelo en Vimianz
Capis de Ameixenda e Castrelo en Vimianzo

Chegou con moitas baixas, coma sempre, o Ameixenda, e para non perder os malos costumes, tamén se deixou sorprender moi pronto recibindo un tanto cando non pasaban nin 3 minutos. Co partido de cara, o cadro de Ordóñez dominaba pero os de Javi Pinturas non lle perderon a cara e reaccionaron, tomando posesión e chegando á área rival. Pero nunha boa contra no ecuador da primeira metade chegaba o segundo. Demasiado castigo para o que estaba pasando no terreo de xogo. Entrou o partido nunha fase, como de tanteo, pero antes do descanso, cando xa ninquén o esperaba, o Castrelo marcou o 3-0 nun corner por medio de Quilmes

O segundo tempo, xa de trámite, controlado polo Ameixenda, pero non conseguiron recurtar, e mesmo quedaron con 10 pola expulsión de Chapu.

 

Camelle - Porteño (1-3)

  • Camelle: Pirata, Dido, David, Martín, Ucho (Rubén); Stiven, PIquero (Ruso), Marcote (Mario), Crego, Sergio (Mariño) e Carlos (Chori).
  • Porteño: Jose, David (Marcos, m.60), Pejo, Rodri, Manoliño, Vicente, Nico (Yeray, m.63), Alan, Martin (Carrabete, m.50), Lucas (Brais, m.78).
  • Goles: 0-1, m.47: Martín tras un rexeite do porteiro a unha falta de Alan; 0-2, m.54: Lucas marca un golazo pola escuadra de vaselina; 1-2, m.58: Marcelino; 1-3, m.60: Lucas dende fóra da área.

Derbi igualado no Rodeiro, cun gran ambiente nas bancadas. A primeira metade foi moi igualada, con física, de moito choque, e pouco toque. Apenas houbo chegadas, salvo un par de córners de Dido para os locais, e un tiro cruzado de Lucas para os visitantes.

Na segunda, aproveitou o Porteño que o Camelle saíu algo durmido e marcou dous goles rápidos (mágoa non ter o vídeo do golazo de Lucas…). Pero reaccinou o equipo de Sergio, cuntanto de Marcelino, pero de contado Lucas ampliaba a renda. Cousillas metía cambios e reforzaba a defensa para aguantar as embestidas dos locais no treito final.

Saíulle cara a vitoria ao Porteño, que perde a Pejo por unha temporada tras romper o narís.

 

Lira - Xallas (0-0)

  • Lira: Raúl, Cartamil, Angel Golpes, Isaac, Raúl, Mijeliño, Lucas, Gabri Golpes, Ángel, Saúl Lira e Pablo. Tamén: Saúl Lariño, Santi, Ramón e Alexis.
  • Xallas: Álex Barbeira, Julián, Becerra, Jota, Adrián Couto, Martín Bardanca, Adrián Forján, Alonso, Jose M., Doriño, Kevin, Tamén: Fabián, García, Brais, Balsa e Fabio Berbeira.

Cedeu o balón o Lira de Gabri Sil, como adoita facer, buscando transicións rápidas. Na primeira destacan dúas chegadas perigosas por cada equipo e pouco que máis que destacar.
Na segunda abriuse algo o partido e Pablo tivo un par de ocasións para romper e igualada. Os locais pediron ademais dous penaltis sobre Saúl, que o árbitro non considerou suficiente como para penalti.

 

Máis crónicas da 3ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios