3ª Galicia: Laxe, Porteño e Oza teñen a loita moi aberta
A 4 xornadas do final, moi bregadas están a praza de ascenso de cada grupo. No Gr.A, Corcubión e Xallas B xogaranse o ascenso, sobre todo no choque directo da xornada 8.
Máis igualado está máis o Gr.B, con Laxe, Oza e Porteño con todo aberto ciunha fermosa loita partido a partido, nun grupo no que ata o Pereiriña presenta boa batalla.
Gr.A, xornada 6
Seaia - Corcubión (0-5)
- Seaia: Joel, Anxo, David, Luismi, Mario, Martín Costa, Adri Parga, Suárez, Manu Garrido, Juni, Isaac Piña.
- Corcubión: Marcos, Eli, Pablo, Mario, Gorka, Goche, Tano, Iago, Martín, Lu e César. Tamén Joaquín, Rama, Nacho e Tori.
Empezou máis enchufado o Corcubión e poñeríase por diante moi cedo con dous goles do pichichi César Lojo en sendas xogadas individuais. Os locais puderon reducir distancias na primeira metade pero o desacerto e o porteiro visitante o impediron. Antes do descanso, Lu ampliaría a ventaxa para os visitantes. Tralo descanso, o partido baixou o ritmo e foi de moito toque pero sen grandes oportunidades. Rama de disparo desde a frontal e Lu nunha internada por banda, pecharían a goleada.
Castrelo - Camelle (2-4)
- Castrelo: Costa, Domingo, Adri Conde, Estebo, Iván Chans, Dani Picallo, Félix, Miguel, Sebas, Esteban e Sergio.
- Camelle: David Caamaño, Ruso, Vimka, Maka (Carlos, m.35), Martín, David Vázquez, Marcote, Felipe, David Vieites, Chori (Mariño, m.70) e Dido.
- Goles: 0-1, m.8: Marcote; 1-1, m.42: Iván Chans; 1-2, m.51: Marcote; 2-2, m.78: Estebo; 2-3, m.87: Mariño; 2-4, m.90: Dido.
Partido malo do Castrelo, e o Camelle aproveitou para ter ocasións e Marcote adiantaba xa pronto aos de Ordóñez. Pero o Castrelp conseguía igualar antes do descanso.
Na segunda parte tras fallar dúas ocasions, Marcote volvía adiantar aos camelláns nun córner. Pero volveu empatar o cadro local, pero pouco despois, cun centro de Mariño que se envelenou. Puido empatar o Castrelo, pero o colexiado sinalou fóra de xogo e o Camelle sentenciaba Dido xa no 90 picándolla na saída do porteiro.
Gr.B, xornada 6
At. Pereiriña - Porteño (1-1)
- Pereiriña: Isma, Fabián, Isma Gríño, Esteban, Estenan, Chiru, Carlos Leis, Yaya, Grille, Brais e Kevin.
- Porteño: José, Marcos (Obra, m.90), Pejo, Ángel, Manoliño, Juan oVello, Edgar (Porto, m.46), Martín, Alan, Brais (Ángel, m.88), Joseba (Visente, m.46).
- Goles: 0-1, m.10: Juan oVello; 1-1, m.45: Fabián.
Partido dos que crean afición cun Sampaio de Refoxos cun ambientazo espectacular. Moita xente e rememorando os vellos e bos tempos no antigo Raíces. Partido con moita intensidade cun Pereiriña que cada día compite mais e non dá un balón por perdido, poñendo en vereda a todo un Porteño, un dos grandes candidatos ao ascenso.
Adiantouse o cadro de Cousillas co gol do Vello, cunha boa media hora dos da Ponte, pero o Pereiriña foron repoñéndose. Brais Lagoa avisaba e xusto antes do descanso chegaría o gol de Fabián para poñer o empate no marcador e facer xustiza al visto no campo.
A segunda metade sería igual de intensa e competida que a primeira onde o Pereiriña tivo un par de ocasións e non foi capaz de remontar o marcador. Acabaría cun xogador menos o Porteño pola expulsión do seu porteiro no min 89 nunha saída a por un balón que Tito é capaz de desprazar antes de que chegue o porteiro.
Laxe - Ameixenda (2-0)
- Laxe: Jacobo, Manu Cedrón, Jacinto, Mohedano, Jorge, Bieito, Álvaro , Sergio, Santi Casás, Felipe, Carrabete. Tamén: Toja, Joao, Sanilo, Torrado, Eloy.
- Ameixenda: Rivers, Pablo, Chapu (Iván, m.35), Bichinho, Kamacho, Sambade, Chucho, Bicho, Cristian, Galindo e Saulo.
- Goles: 1-0, m.44: Carrabete; 2-0, m.81: Carrabete.
Con apuros chegou Ameixenda a Laxe, e aínda tivo a lesiónde Chapu aos poucos minutos (grave lesión da man). O choque estaba igualado, co Ameixenda ben armado atrás sen deixar espazos aos laxenses, con algún aviso como un tiro dende o centro do campo que case sorprende a Jacobo. Pero no desconto un erro dos visitantes permitiu a Carra marcar dende o borde da área. Na segundaxa foi monólogo laxeiro, que mesmo fallou un penalti.
Novas relacionadas
Máis info
- Os resultados das competicións ligueiras e o carrusel dominical en www.futboldacosta.com.
- Os resultados das Fases Finais e da Copa da Costa sempre actualizados en www.copadacosta.com.
- Volve a Gala do Fútbol da Costa - QPC con 40 premios.