Sábado. 27.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Laxe e Seaia non dan por perdida a promoción

Buno-Lira-Foto-Brais Pose 2
Imaxe do Buño-Lira-Foto-Brais Pose
3ª Galicia: Laxe e Seaia non dan por perdida a promoción

A 4 xornadas do final, o empate do Zas e a derrota do Lira, unidas ás vitorias de Laxe e Seaia, volven abrir a posibilidade da loita polas 5ª e 6ª praza, pois o Zas ten 36 puntos, polos 35 do Lira, que marca a última praza de playoff, tendo o Laxe e Seaia 31.

Por arriba, a semana que vén pode deixar sentenciado o ascenso xa o Porteño, se vence en Lombáns e non gaña o Buño no Rodeiro.

Ademais, o Baíñas vencía sufrindo en Fontenla e acariña o ascenso directo, mentres que o Buño non sufríu o impacto da Mikaela e se mantén firme na 3ª praza.

Pero houbo un nome propio na xornada. Onte despedíase do fútbol Juan Antonio, un cántabro de Suances ao que o seu traballo no remolcador achegou a Cee e que fichou pola SD Ameixenda na tempada 2016/2017. Xogador dos de antes, comprometido, loitador e amante do deporte xa que chegou a participar en competicións internacionais de judo e karate. A piques de cumprir os 48 anos deixa o futbol logo de xogar nos clubs cántabros Rayo Suances, San Martín de la Arena e Minerva CF ademais da SD Ameixenda, e dende o club queren agradecerlle o esforzo e interese que mostrou dende o primeiro día.

 
Gora e Juan Antonio no Laxe Ameixenda
 Juan Antonio fixo onte de capitán do Ameixenda, na imaxe xunto a Gora e o colexiado Luís Insua

Porteño - Malpica (4-1)

  • Porteño: Sergio, Marcos, Pejo, Rodri, Manoliño, Ángel, Juan oVello, Nico, Martín Carrabete e Alan. Tamén: Edgar, Kevin, Adrián e Yeray.
  • Malpica: Alamas, Iván, Samuel, Fran, Eloy Vilas, Jorge Parga, Nando Cabeza, Rafa Hombre, Jose, Kevin e Arcay. Tamén: Luismi e Lou.
  • Goles: 1-0, m.3: Manoliño dende o borde da área; 2-0, m.20: Ángel; 3-0, m.40: Pejo un golazo dende lonxe; 4-0, m.60: Carrabete.

Partido entre o líder e o pechacancelas, dominado polos locais ante uns visitantes máis pendentes da Mikaela. Pero foi un un partido sen tensión, no que os visitantes criticaron algúns actos de chulería dos líderes.

 

Zas - Pereiriña (1-1)

11 do Zas-Pereirina-Foto-Noe Tourinan
11 do Zas-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Adrián, Pablo Pardiñas, Rama, Álvaro, Dani Mato, Manu Fuentes, Anxo, Iván, Marcos e Damián. Tamén: Alvite, Pablo Fuentes, e Christian.
  • Pereiriña: Isma, Graíño, Soneira, Diego Oca, Fabián, Martín, Carlos Leis, Esteban, Jose, Salva e Charli. Tamén: Saulo, Rubén Yaya e Kevin.
  • Goles: 0-1, m.23: Charli; 1-1, m.40: Iván Caamaño.
Zas-Pereirina-Foto-Noe Tourinan
Foto-Noe Touriñán

Partido igualado, algo lento, con pouco ritmo, con moitos paróns, e sen demasiadas ocasións, pero entre dous equipos que non se amilabanan. Adiantouse o Pereiriña nun balón longo que centra moi ben e remata Charli ao fondo da rede zaseira.

Reaccionaba o Zas, que era capaz de empatar antes do descanso nunha chegada de Anxo por banda qque puxo un bo centro raso que enviaba a gol de tacón Iván.

O segundo tempo tivo algo mais de ritmo, foi chegando o cansanzo e abriuse máis, tendo ocasións en ambas porterías pero sen acerto.

 
Zas-Pereirina-Foto-Noe Tourinan 2
Zas-Pereiriña-Foto-Noe Touriñán

Castrelo - Nantón

  • Castrelo: Martín; Oli, Peke, Chans, Estebo (Ramiro, m.83), Picallo (Pereira, m.65), Álvaro (David, m.65), Rodrigo, Cachi (Conde, m.83), Guillin (Xavi, m.75) e Rubén.
  • Nantón: Guillermo, Fran, Xoel, Carlos Vidal, David Fariña, Martín, Dani Bardanca, Alberto, Iván Moreira, Eloy Moreira e Redondo. Tamén: Javi e Gavín.
  • Goles: 0-1, m.11: Eloy Moreira nun córner; 1-1, m.43: Rubén tras un pase a morte; 1-2, m.48: Martín desde o borde da área; 2-2, m.54: Guillín; 2-3, m.84: Javi cun voleón; 2-4, m.87: Redondo tras un saque longo e regatear ao porteiro.

Partido de ti a ti, sempre co Nantón un paso por diante e o Castrelo a remolque. Marcou primeiro o cadro cabanés cun bo remate de Eloy nun córner e pronto empataba cun gol de Guillín dende lonxe.

Repetiuse o guión no comezo da segunda, volvendo adiantarse o Nantón e empatar o cadro de Ordóñez. Pero o partido decantouse no treito final. Os locais tiveron o 3-2 pero Guillermo salvou o man a man. E á volta, Javi metía de novo cun voleón aos visitantes por diante. Aínda fallou outro claro man a man o Castrelo, antes de que Redondo sentenciase xa ao fío do desconto.

Ademais da derrota, o peor a lesión do porteiro vimiancés Martín.

 

Seaia - Camelle (2-1)

  • Seaia: Piña, Anxo, Joel, Mario, Jose, Pablo, Mara, Diego, Luis, Manu Garrido, Alex Mato. Tamén: Anxo, Añón, Raúl Reigía, David Muíño e Sergio.
  • Camelle: Roi, Martín (Ruso), Dido, David, Quintelo, Piquero (Makareno), Estiben, Marcote (Hucho), Crejo, Chori (Tereso), Gabi (Ruben).
  • Goles: 1-0, m.33: Mara; 1-1, m.33: Dido; 2-1, m.44: Alex Mato.

Non sufriu a Mikaela o Seaia que foi superior a un Camelle que viña coa frecha para arriba, afianzando nos postos de promoción. O cadro de Moscoso foi contundente e eficaz, e pronto se adiantaba cun golazo de Mara., pero os de Sergio empataban de contado. Antes do descando Alex facía o 2-1.

Na segunda equilibrouse algo o xogo, pero as ocasións eran dos locais, tendo que sacar Quintelo baixo paus un gol cantado. Aínda así, o Camelle apretou nos últimos minutos, e tivo o gol do empate sobre o silbido final cun tiro de Carlos, pero apareceu Piña para manter os puntos en Pedra Queimada.

 

Buño - Lira (2-1)

11 do Buno-Lira-Foto-Brais Pose
11 do Buño-Foto-Brais Pose
  • Buño: Darío, Jesús, Breo, Miguel Dourado, Fran, Eloy, Adrián Pose, Facal, Elías López,Elías Suárez e Omar. Tamén: Simón, Luisma, Xurxo, Eloy Suárez e Bastón.
  • Lira: Balayo, Rui, Ángel, Isaac, Ramón, Mijeliño, Santi, Saúl, Rubén, Miguel Trillo e Pablo. Tamén: Alexis e Raúl.
  • Goles: 1-0, m.30: Omar; 2-0, m.38: Breo; 3-0, m.44: Elías; 3-1, m.76: Pablo.
Buno-Lira-Foto-Brais Pose
Celebrando un tanto o Buño. Foto-Brais Pose

Chegaba o Lira a Xaviña con moitas baixas (Saúl de lira, ademais dos 3 centrais titulares, Cartamil, Cristian e Golpes) nun choque que o Buño foi capaz de superar o efecto Mikaela.

Custoulles entrar en xogo aos oleiros, algo máis co balón pero sen poder traspasar a liña dun serio Lira, que avisaba á contra aproveitando roubos en zona de tres cuartos. Pero non acertaron esas primeiras chegadas os lirachos, e o Buño foi collendo pouso e achegándose á meta de Balayo. Así, nun erro de marcaxe dos locais Omar abría o marcador de cabeza a un centro de Eloy Santos; Breo remata unha falta lateral para facer o segundo, e usto antes do descanso, Elías de falta directa facía o 3-0.
Marcador estrano para o visto no terreo de xogo.

A segunda parte, o Lira intentou reaccionar, e tivo un remate de cabeza ao pao antes do gol de Pablo. O Lira apretaba pero non estaba fino na definición. Só no final, cos de Gabri Sil envorcados, Eloy Suárez e Eloy Santos puideron finiquitar o choque.

 

Ameixenda - Laxe (3-6)

16 do Ameixenda
Completa convocatoria do Ameixenda
  • Ameixenda: Costa, Evaristo, Juan Lagoa, Bichinho, Pablo, Juan Antonio (Fabián Louzán, m.58), Chucho, Adán (Fabián Barreiro, m.88), Torices (Sergio, m.68), Yago (Andrés, m.52) e Cristian.
  • Laxe: Jacobo, Mikel, Pombo, Camafreita, Gora, Bieito, Sergio, Iago Torres, Eloy, Felipiño e Santi Casás.
  • Goles: 0-1, m.18: Iago Torres; 1-1, m.32: Yago de penalti; 1-2, m.36: Gora; 2-2, m.37: Cristian; 2-3, m.49: Felipiño; 2-5, m.51: Felipiño; 3-4, m.64: Cristian; 3-5, m.84: Santi Casás; 3-6, m.90: Iago Torres.

Bo partido, por fin, do Ameixenda, onte con 16 xogadores polos 11 do Laxe, cambiando o panorama habitual. O Laxe saíu mais metido no partido e os xogadores do Ameixenda estaban moi imprecisos nos pases, sobre todo en moitos pases dos chamados fáciles. Non sufría o Laxe e nun contragolpe Iago Torres facía o 0-1. Tratou de reaccionar o Ameixenda e encontrou o premio ao transformar Iago Costa un penalti feito a Cristian, 1-1.
Entrou o partido nunha fase de ida e volta con ocasións para os dous equipos. Pouco despois Gora aproveitaba unha contra e a falta de contundencia da defensa local para marcar o 1-2. E tan só un minuto despois, Cristian facía o 2-2 cunha espectacular volea. Partido moi entretido e que prometía mais goles para o segundo tempo.

E non se demorou o Laxe. Antes de que se cumplisen os 5 minutos, Felipe Oróns facía un doblete de picardía, aproveitando nos dous casos esa falta de contundencia que tanto está lastrando ao Ameixenda esta tempada. Loxicamente ao estar sen xogadores no banquillo, o Laxe notou o cansazo e cedeu o campo a a iniciativa para sair a contra. E o Ameixenda, a base de insistir, marcou o 3-4 no m.69 aproveitando un pase en profundidade. Quedaba ainda moito partido e parecía que podía chegar o empate. Pero un despiste tremendo no m.83 cando ninquén vai a por un balón pensando que vai sair, quen están atentos son os xogadores do Laxe, que aproveitan para facer o 3-5 por medio de Santi Casás. Xa non parecía posible outra reacción e de feito no m. 92 Iago Torres facía o 3-6 definitivo.

 

Xallas B - Baíñas (2-3)

  • Xallas B: Fabián, Becerra, Yago Facal, Sergio, Joel, Adrián Couto, Steven, Marcos, Jose, Jota, Kevin. Tamén: Julián, Loureiro, Caamaño, Nando, e Marcos Carro.
  • Baíñas: Sergio, Hermida, Borja, Maikol, Raúl, Cristian Canosa, Oreiro, Esteban, Ruli, Kevin e Chipi. Tamén: Samuel Quintans, Carlos, Rodrigo e Samuel.
  • Goles: 1-0, m.36: Jota; 1-1, m.61: Maikol; 1-2, m.70: Ruli, 1-3, m.74: Maikol; 2-3, m.85: Loureiro.

Partido en horario nocturno, moi igualado, cunha gran primeira metade do cadro de Churián, que controlaba moi ben o balón ante un Baíñas máis afiado. Os xalleiros superaban con facilidade a presión vimiancesa, chegando con certa claridade ante un cadro de Roski, impreciso, moi vertical e con demasiadas presas. Abría o marcador Jota para os locais, pouco antes de que dúas lesións seguidas de Esteban e Samuel obrigasen aos vimiancesas a xogar 10 minutos con 10 xogadores no campo. Aínda así puideron marcar o empate cunha boa cheghada de Chipi.

Cambiou a actitude dos vimianceses na segunda, axustando atrás e indo polo partido, ante un cadro xalleiro no que a lesión de Stiven provocoulle perder o control do medio campo. Un golazo de Maikol dende a frontal empata o choque, despois dun intento de picada de Chipi. Non tarda Ruli, "con moita sangre fría" poñer o segundo para os de Roski; e noutra boa xogada Cristian, que centra a Maikol, quen da frontal de novo baixa co peito e consigue outro golazo.

Puido caer o cuarto, pero Kevin e Carlos fallaron, e o Xallas reacciou meténdonse no partido co segundo tanto e un ao final o Baíñas acabou pedindo a hora ante o empurre local.

MÁIS CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios