A macrofesta da Mikaela puxo o broche ao Entroido
Tremendo festón que volveu ser a Mikaela de Buño. Xa rescatada o ano pasado despois do parón da pandemia, a vila Oleira volveu convertirse no centro festexeiro de toda a mocidade da Costa da Morte. Xentes de toda a comarca de Bergantiños, das terras do Xallas, de Soneira ou da zona de Fisterra, chegaron nos buses de #SomosFesta, e ateigaron as rúas de Buño.
Ademais, parece que se aliñaron os astros e xusto deixou de chover para comezar a a facer o auténtico Via Crucis de bares detrás do tractor e da “falla” máis deportiva que se recorda.
“As fotos falan por si soas!”, recoñecen os propios membros dunha máis que satisfeita “comisión de festa”, dando conta da marea de xente que atrae este singular enterro de Entroido.
A novidade deste ano era a presencia de Lito, o eterno xefe da Panorama, que “foi unha sorpresa moi grata, fixo unha misa moi boa, a organizacion quedamos encantados con el”, sinalan.
A valoración e positiva, o tempo cambiou xusto para a festa e todo transcurriu sen maiores problemas.
Operativo de limpeza
Un dos peros que se lle adoita poñer á festa é o lixo que queda ao remate da festa. Ben é certo que a mocidade debería ser algo máis respectuosa e debería simplemente recoller o lixo plástico que xera. Pero en calquera caso, a organización tivo que curar a resaca traballando arreo xunto co servizo de limpeza. Máis de 15 persoas estiveron todo o domingo para que a vila quedase coma se non pasase un ciclón por enriba.
Máis novas do Entroido
Crónicas da Mikaela
- 2022: Unha abarrotada Mikaela devolveunos aos tempos prepandemia.
- 2020: A Mikaela, a alma do entroido para a mocidade da comarca.
- 2019: A Mikaela, a gran festa da mocidade de Bergantiños.
- 2018: Malpica, núcleo singular dos Enterros do Entroido.
- 2017: Da Mikaela ao Caietano pasando polo Farruco e Faustino para despedir o Entroido.
- 2016: A Mikaela, o Cayetano, o Facundo, o Percebe, a Sardiña e o Polbo, os protagonistas do peche do Entroido na Costa da Morte.
- 2011: A Mikaela, un Vía Crucis de bares.