Mércores. 15.05.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Porteño abre camiño cara a Liga da Costa

Capis do Porteno e Ameixenda con Oscar Santos
Capis do Porteño e Ameixenda con Óscar Santos
3ª Galicia: O Porteño abre camiño cara a Liga da Costa

Quedan 11 partidos o Porteño saca xa 12 puntos ao 3º clasificado, polo que os de Cousillas xa miran en fite o ascenso directo tras golear ao Ameixenda e demostrar que comezaba o ano con moita fame de vitorias. Por detrás, e como máximo aspirante a esa segunda praza de ascenso, segue o Baíñas, que superaba ao Laxe e abre fenda co seguinte grupo.

A inesperada derrota do Buño no derbi ante o Seaia deixa aos vimianceses como 5 puntos de vantaxe sobre os oleiros, e 7 sobre o Zas, que conseguía vencer o case derbi ante o Nantón. A loita por esas 4 prazas de ascenso seguirá viva ata o final, co Lira meténdose de cheo tras vencer ao Pereiriña, que marca esa 6ª praza. O Laxe, malia caer, non se descolga e o Xallas B pode recuperar camiño perdido.

Malpica - Camelle (1-2)

  • Malpica: Lamas, Jorge Martínez, Jorge Groufo, Jorge Parga, Lou, Fran, Alberto Hombre, Baye, Aitor, Arcay e Aitor. Tamén: Eloy Vilas, Alexandre, Rafa Hombre e Nando Cabeza.
  • Camelle: David, David Vázquez, Hucho (Makareno), Martín, Ruso (Quintelo), Estiben, Piquero, Marcotinho, Sergio, Chori (Álvaro) e Gabi (Mariño).
  • Goles: 0-1, m.4: Chori; 1-1, m.20: Kevin; 1-2, m.49: Chori.
11 camelle
11 do Camelle en Pedra Queimada

Mal estado de Pedra Queimada, completamente anegado, que facía complicado xogar. Mellor imaxe do Malpica de Jorge Calvete tras unha pequena pretemporada de Nadal, no que ademais debutou, ou máis ben volveu aos campos, un eterno do noso fútbol como Eloy Vilas, que saíu na segunda metade.

Comezaba o partido cun regalo da defensa local, que permitía a Chori abrir o marcador. Pero o non se veu abaixo como habitualmente o cadro malpicán, e pouco despois, tras un centro de Baye remata a placer Kevin para facer o empate baixo o temporal. Chegaba máis o Malpica, pero o Camelle de Sergio mandaba un balón á madeira e Fran obrigada a David a facer unha boa estirada.

Repetíase o guión no comezo da segunda, con outro regalo que caza Chori e a clava pola escuadra. Puido sentenciar o Camelle á contra, pero o Malpica, que aguantou fisicamente ata o final, non como no 2022, empurrou e empurrou. Fran fixo que David realizase outro paradón, que tamén tivo que intervir nun centro raso de Lou que non acaba de meter Parga a gol. Tivo Eloy Vilas o empate nunha falta xa no desconto.

 

Baíñas - Laxe (3-1)

  • Baíñas: Sergio, Carlos, Borja, Maikol, Raúl, Canosa, Adrián, Hermida, Oreiro, Ruli e Kevin. Tamén xogaron: Aníbal, Dylan, Samuel Lema, Samuel Quintans e Héctor.
  • Laxe: Rubén (Jacobo), Mikel, José Manuel, Pombo, Gora, Miguel Torres, Iago Torres, Jacinto, Bieito, José Ángel, Camafreita. Tamén: Felipiño, Fran Lema e Sergio.
  • Goles: 0-1, m.30: Iago Torres dende o borde da área; 1-1, m.44: en propia meta tras varios rexeites; 2-1, m.53: Kevin de tiro lonxano; 3-1, m.56: Aníbal.

Dúas caras nun choque que comezaba cun Laxe moi ben, moi serio, moi concentrado, e aproveitando o vento a favor para non deixar xogar a todo un Baíñas, e dándolle criterio ao xogo. Adiantáronse os de Lilo nunha boa combinación á media hora. Pero case que no desconto, unha xogada con varios rexeites acababa en gol en propia que lle servía ao Baíñas para empatar.

Caeu mal o gol no seo laxense, que comezou a rifar entre os propios xogadores e xa non apareciu en toda a segunda metade. O cadro de Roski saíu moiro máis enchufado, e marcou dous goles seguidos de tiros dende a frontal que non conseguiu atrapar Jacobo, sen perigrar a vitoria en ningún momento.

 

Xallas B - Castrelo (4-1)

  • Xallas B: Fabián, Iván García, Becerra, Jota, Marcos, Jose, Kevin, Martín, Barbeiriña, Javi Caamaño, Adrián Couto. Tamén: Steven, Adrián Forján, Julián, Iván Pazos.
  • Castrelo: Martín, Chans, Oli, Canoas (Conde (m.70), Peke, Cachi, Rodri, Quilmes (Pereira, m.55), Picallo (Miguel, m.60), Guillín (Rodri Santos, m.75) e Rubén.
  • Goles: 1-0, m.26: Javi Caamaño; 2-0, m.40: Chinda; 3-0, m.51: Adrián Forján; 3-1, m.62: Adrián Peke; 4-1, m.89: Adrián Forján.

Con moitas baixas e mesmo varios xogadores enfermos presentábse os de Ordóñez en Fontenla, ante un Xallas dirixido por Jorge Churián con moitas caras noviñas, pero que tivo o dominio do balón en todo momento. Custáballe chegar en calquera caso ao cadro xalleiro, ata que unha indecisión defensiva permitíalle ao xuvenil Javi Caamaño abrir o marcador. Pouco antes do descanso Chinda facía o segundo dende fóra da área tras tocar nun defensa. Demasiado castigo para o visto no campo, consideran os vimiancesas.
Comezaba a segunda cun tanto de Adrián Forján no que os visitantes pedían falta previa. Así e todo non se viñeron abaixo e pelexaron, e recurtaron por medio de Peke, que marcaba de falta directa. Arriscando aí, pero non conseguiron recurtar máis.

 

Porteño - Ameixenda (9-2)

11 do Ameixenda na Grixa
11 do Ameixenda na Grixa
  • Porteño: José (Sergio, m.46), Vicente, Rodri, Yeray, Manoliño, Ángel, Juan oVello (Marcos, m.55) Nico, Lucas( David min.55), Alan (Edgar, m.55), Martín (Carrabete, m.50).
  • Ameixenda: Costa, Evaristo, Chapu, Bichinho, Sergio, Juan Lagoa, Pablo, Torices, Damián, Dani (Rivers, m.52) e Fabián (Pikita, m.84).
  • Goles: Martín (2), Lucas, Alan (2), David, Ángel, Marquiños e Manoliño para os locais. Pablo e Damián para o Ameixenda.

Nova vitoria do líder no campo da Grixa, que aguantou moi ben o temporal e permitiu xogar ao fútbol. O partido comezaba coa Ameixenda moi ben, defendendo xuntiños e pechando todos os ocos. Non se atopaba cómodo o Porteño e froito desa incomodidade foi a recuperación dun balón no medio do campo por parte de Pablo que dende uns trinta metros marcou o 0-1 cun auténtico golazo.

Non tiñan os da Ponte as ideas claras pero si tuveron sorte cando entre un defensa e o porteiro do Ameixenda se estorban e o balón quédalle solto ao dianteiro do Porteño para facer o empate por medio de Martín. Apretou o cadro de Cousillas e entrou o Ameixenda nuns minutos de desconcerto e despistes continuos, que lle permitiron aos locais colocarse 4-1 antes do descanso.

O segundo tempo xa foi de trámite con xogadas de gol polos dous lados ainda que o Porteño demostrou por que vai de primeiro.2.

 

Zas - Nantón (3-2)

11 do Zas ante o Nanton-Foto-Noe Tourinan
11 do Zas-Foto-Noe Touriñan
  • Zas: Pereiras; Damián, Darío, Jose, Marcos, Manu, Adrián, Brais, Andrés, Álvaro, Iván. Tamén xogaron: Christian, Juan e Hugo.
11 do Nanton en Zas-Foto-Noe Tourinan
11 do Nantón-Foto-Noe Touriñán
  • Nantón: Guille, Xoel, Eloy Moreira, Micael, Martín, Tato, Javi, Pastor, Alberto, Redondo e Dani. Tamén: Carlos Vidal, Cristian, Roi Fachal e Iván Moreira.
  • Goles: 1-0, m.17: Adrián cun bol de volea dende fóra da área; 1-1, m.23: Pastor; 2-1, m.69: Álvaro; 2-2, m.78: Redondo; 3-2, m.84: Andrés.

Partido tolo o vivido en San Andrés con alternativas e goles, e un Nantón que respondía a cada golpe do cadro zaseiro. Tardou en entrar no partido o equipo de Martín, pero conseguía adiantarse ao cuarto de hora. Respondía pronto o Nantón tras un mal despexe de Jose. Minutos de igualdade antes e despois do descanso, ata que Álvaro metía por diante de novo aos locais. O Nantón intentaba chegar con saques de banda directos, e nun deses Redondo empataba de novo.
Volveu dar un paso adiante o Zas, que se achegou con perigo á meta de Guille ata que nun disparo de Christian que bateu no pau foi aproveitado no rexeite para que Andrés puxese o 3-2 final ante un Nantón que desta vez non tivo tempo de reacción.

 
Zas-Nanton-Foto-Noe Tourinan
Zas-Nantón-Foto-Noe Touriñán

Buño - Seaia (1-2)

  • Buño: Xurxo, Breo Rey, Jesús, Sergio Anido, Adrián Pose, Eloy, Mateo, Elías, Luisma, Fran, Bastón. Tamén: Omar, Eloy Santos e Brais Ceán.
  • Seaia: Anxo, Anxo, Josel, Camilo, Pablo, Jose Suárez, Iván Rod., Manu Garrido, Luisma, Raúl e Juni. Tamén: Añón, Mario, Alex Mato, Pablo Caamaño e Martín Costa.
  • Goles: 0-1, m.66: Alex Mato; 1-1, m.70: Eloy Suárez; 1-2, m.80: Juni marca un golazo.

Fermoso, igualado e desputado derbi o vivido en Xaviña. Primeira parte con bastante control de balón po Seaia pero sen xerar claro perigo excepto unha única aproximación de Juni que no disparo remata desviado. Eloy tamén tivo para os de Jose Carabel pero o marcador non se movería ata a segunda metade.

Foi unha acción de Juni por banda a permitía a Alex Mato abrir o marcador para os de Óscar Moscosa, que debutaba con vitoria. A partir de aí, o Buño dá un paso adiante e mete ao Seaia no seu campo. Chegaba o empate pouco despois nunha falta que non termina de despexar ben entre Anxo e a defensa do Seaia e Eloy remata para empatar o partido.

Quedaban 20 minutos e todo aberto. Sergio Anido via como lle anulaban un tanto mentres o Seaia seguía intentándoo ata que un mal despexe de Adrián deixa o balón para que Juni controle e pegue un zapatazo que pega no pau e entra. Aínda tiveron os oleiros un par de aproximacións claras nas botas de Eloy e Luis Miguel pero en ambas non estivemos acertados nos remates finais.

 

Pereiriña - Lira (0-2)

  • Pereiriña: Ézara, Grille, Soneira, Adrián Ozón, Fabián Agulleiro, Martín, Tito, Esteban, Antelo, Carlos Leis e Rubén. Tamén: Jose, Oca, Isma, Saulo e Kevin.
  • Lira: Raul, Isaac, Cartamil, Cristian, Raúl, Mijeliño, Golpes, Saúl Lariño, Saúl Lira, Ángel e Pablo. Tamén: Rubén, Alexis, Santi e Ramón.
  • Goles: 0-1, m.30: Pablo; 0-2, m.84: Rubén de fermosa vaselina á contra.

Cuarto partido dos últimos 5 que os de Gabi Sil rematan coa portería a 0, o que demostra a boa liña que mantén tralo complicado inicio de temporada. Foi un partido trabado, con moitos paróns e poucas ocasións. Si acertou Pablo unha xogada á media hora, e tanto el como Cartamil tiveron o segundo.

Apretou o cadro local na segunda, pero o Lira estivo moi ben armado sen pasar grandes apuros e comodamente. Unha boa contra Saúl puido ser o segundo e pero tamén Martín obrigaba a Rañul a facer un paradón para evitar o empate. A sentenza non chegaría ata o treito final nunha boa contra que remataba Rubén cunha fermosa vaselina.

Máis crónicas da 3ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios