Mércores. 26.02.2020
El tiempo

3ª Galicia: Remata o ano con polémica

11 do Camariñas da pasada semana
11 do Camariñas da pasada semana
3ª Galicia: Remata o ano con polémica

O Camariñas remata o 2019 líder da clasificación, tras vencer ao Ameixenda e esperando a ver que pasa co partido da xornada, un Seaia-Outes, quedou suspendido a falta de 15 minutos, con 1-2 para o cadro da Serra e varias expulsións, polo que haberá que ver que determina o colexiado.

O sábado suspendíase o Camelle-Corcubión polo paso dun Fabien que se cebaba provocando numerosos desperfectos no Rodeiro.

O 2019 remata cos camariñáns Brandon (12) e Javi Antelo (10) no alto da táboa os pichichis desta 3ª. Josiño do Nantón tamén suma 10, polos 8 de Iago Lema, o polivalente capitán deste renacido Corcubión.

 

Camariñas - Ameixenda (4-0)

  • Goles: 1-0, m.36: Soule; 2-0,m .52: Soule; 3-0, m.63: Brandon; 4-0, m.74: Mario.

11 do Amexienda

Partido no que o Camariñas, pronto se fixo co dominio do xogo aínda que a primeira boa oportunidade foi para o Ameixenda nos pés de Pichino tras dun erro do porteiro. O dominio camariñán traducíase en moitas chegadas e tres ou catro boas ocasións pero unhas veces os fallos dos dianteiros e outras as intervencións de Rivers, que debutaba onte na portería do Ameixenda, facían que non se movera o marcador ata o minuto 36 no que Rivers fai unha moi boa parada pero o rexeite da mesma recolleo Souley para facer o 1-0. Con ese resultado foise o descanso: superioridade camariñán e boa imaxe do Ameixenda.

No segundo tempo pronto fixo o Camariñas o 2-0. No m.52, tras un saque de falta dende a esquerda, de novo Soule marca adiantándose ós defensas. Sen cambios para poder facer (tan só foi o Ameixenda con 11 xogadores) as forzas foron acabándose e o Camariñas xa non tivo maiores dificultades en finiquitar o encontro, e no m.63 Brandon facía o 3-0 nunha contra. A partir de aí xa baixou o ritmo, e destacar tres ou catro boas intervencións de Rivers, que nada pudo facer no 4-0 marcado por Mario.

 

Castrelo - Porteño (3-1)

Ultimo 11 do Castrelo neste 2019-Foto-Vanessa
Ultimo 11 do Castrelo neste 2019-Foto-Vanessa

  • Goles: 1-0, m.30: Roi; 2-0, m.78: Capote; 2-1, m.80: Campaña; 3-1, m.89: Capote.

Porteno e Castrelo en Vimianzo-Foto-Vanessa

Partido igualado no municipal, que non se decidiu ata os últimos minutos. Adiantouse o Castrelo, pero o Porteño estivo metido ata o final. Facía o segundo o cadro local, pero de contado, e con 10 minutos por diante, recurtaba o cadro da Ponte, que vía como se lle esfumaba o empate co segundo tanto de Capote.

Montelouro - Laxe (1-1)

  • Goles: 0-1, m.43: Santi Casas; 1-1, m.44: Pablo Vidal de falta directa.

Un partido moi intenso, onde o Laxe puido conter a un Montelouro que viña cunha boa liña, e que non fixo o seu mellor partido. Non houbo moitoas ocasións, pero o Laxe dominaba, e abría o marcador ao fío do descanso. Pero de seguido, Pablo Vidal facía o empate co este golazo de falta (protestada polos visitantes).

Na segunda, o Laxe era superior, pero o cadro local tamén tiña boas ocasións por medio de Dani ou Borja.

 

Seaia - Outes (1-2)*

  • Goles: 1-0: Iván aproveita un rexeite nunha falta de Eme; 1-1: Bugallo; 1-2: Robert.

Partido suspendido no m.75 tras un bo lío… O choque comezaba cun Seaia moi ben, facendo dano co vento a favor e adiantándose pronto a pesar de quedar con 10 pola expulsión do meta Recarey nunha xogada tonta. Ata o descanso o cadro de Da Silva, cun home menos, aguaantaba perfectamente o partido.

Saíu mellor o equipo de Miguel Ramos, pero sen crear demasiado perigo. Á contra Loureiro avisaba para os locais. Chegaría o empate, nunha xogada na que o porteiro local estaba tirado, e a partir de aí o partido volveuse máis bronco. O Outes xa se volcaba sobre a área local, e facía o segundo, expulsando ademais a dous xogadores máis do Seaia (o segundo porteiro). Aídna tivo o Seaia, con 8, de achegarse á meta riva, pero Eme tamén acabou expulsado e o colexiado suspendeu o partido.
De camiño aos vestiarios o colexiado aínda expulsou a Josi.

 

comentarios