7 campos de fútbol da Costa terán novas obras
06:25 12/01/19
Cando chove o campo de San Andrés convírtese nunha piscina Este ano serán 7 os campos da zona os beneficiados polo Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña. Un plan que permite afrontar obras necesarias como a instalación de céspede artificial no campo de Fontenla, Santa Comba, ou a sustitución do céspede de campos como o de San Andrés, en Zas, onde cando chove o fútbol convírtese case en waterpolo. Ademais, o POS permitirá que varios concellos realicen melloras nos seus campos, como os de Mazaricos, tres de Muros, e o de Outes.
Mazaricos | Mellora na parcela de equipamentos con uso deportivo de Pino de Val | 56.156,10 |
Muros | Ampliación vestiarios do campo de fútbol Eleuterio Balayo | 59.998,50 € |
Muros | Pavimentación pista polideportiva de Miraflores | 45.844,84 € |
Muros | Conservación estruturas campos de fútbol de Louro e Esteiro e do Club de remo de Esteiro | 112.540,68 € |
Muros | Mellora de accesos e saídas de evacuación no campo de fútbol Eleuterio Balayo | 44.998,50 € |
Outes | Reforma vestiarios no campo de fútbol de Outes | 70.149,62 |
Santa Comba | Remodelación do campo de fútbol de Fontenla | 417.765,79 € |
Zas | Substitución céspede no campo de fútbol de San Andrés | 172.148€ |