Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Costa do gol

MC e Alejo, un ano máis camiño de ser pichichis da Costa
A Costa do gol

Poder ser que non teñamos un clima tropical, pero si fermosas praias recorren o noso litoral, o fin do mundo temolo a un paso pero para non caer por esos acantilados os faros alumean e deixan paso a que se faga o seu camiño, temos moitas lendas dos perigos do noso mar, para ben ou para mal e a nosa seña de indentidade o resto do mundo.

E no deporte rei, temos o que máis se valora, o gol, iso que vale tanto no mercado futbolístico , que parece tan sinxelo meter a pelotiña entre os tres paus enganando o porteiro, pero á súa vez é tan complicado que só algúns elexidos teñen o don de ser chamados goleadores.

Na era Messi e Cristiano ninguén discute a súa calidade, pero o que asombra e ata agora non se vira é que o seu legado sexa continuado, despois de máis de dez anos sendo os mellores. Ao noso nivel podemos decir que existen moitos pichichis que poden aparecer esporadicamente nunha gran campaña, pero se queredes sinónimo de gol na Costa, ese calificativo lévano Martín MC e Alejo.

Martín MC é un xogador con gran calidade técnica, unha bala que non falla á hora de saír á contra, dominador do tempo e forma de xogo, e alma máter dun equipo que sempre lle pode esixir o máximo porque el mesmo nunca se pide menos.

Alejo é un dianteiro dos que quedan poucos, dos chamados da vella usanza, un número nove rematador nato, dos que se pode usar un toque en vez de dous, moito mellor. Un dianteiro centro pero coa clase suficiente para baixar e dar opcións de pase no medio campo, e deses xogadores que por el só fai ocasións de perigo e nunca dá un balón por perdido, ademais de ser un especialista no lanzamento de penaltis.

Non son uns xogadores calquera, son gañadores teñen carácter e como goleadores son os mellores das súas categorías en toda Galicia. En 2ª Galicia o dono do trono é Martín MC, con 26 goles en 27 partidos; 5 goles de vantaxe sobre o pichichi do líder, Javier Astray, e 7 sobre os fisterráns Adrián Makaay e Yuyo.

Na 2ª, o pichichi destacadísimo é Alejo, con 37 goles (case 1,5 por partido).

E mesmo na Costa temos un compañeiro na 3ª, Sebas (Castriz) que tamen manda en toda a comunidade (con 35 goles en 22 partidos, a día de hoxe é o pichichi das 3ª de toda Galicia se ben Ovidio, do CogalRodeiro do Gr.6 de Santiago ten un gol menos e catro xornadas por diante). De chegar así ao final de tempada sería un feito histórico que demostraría que o gol na Costa está bendecido.

Son rapaces que fan o gol tan fácil en todas as categorías que compiten, que parece cotián e normal cando falamos de algo extraodinario, cando os “costadólares” están máis presentes que nunca tamen e de alabar que sigan no seu Baio e Corme respectivamente defendendo o escudo e camiseta do seu pobo, para facer os seus equipos máis grandes.

  • Ángel Garrido.

Artigos de Ángel Garrido

Comentarios