Martes. 17.09.2019
El tiempo

Na formación non se pode olvidar a diversión

Alevíns do Corme disfutando-Foto-Fin Lema
Alevíns do Corme disfutando-Foto-Fin Lema
Na formación non se pode olvidar a diversión

Biberóns, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís... todas esas categorías de base nas que o primordial é a diversión, facer deporte, coñecer novos amigos e vivir o momento de compartir novas experiencias, ás veces convírtese nun suplicio para algún cativo.

Hai unha pequena porcentaxe que se apunta a unha actividade deportiva por afinidade cos seus compañeiros aunque non lle guste ou sinta interés polo deporte en cuestión. Iso fai complicado a súa implicación no grupo por parte dos monitores. Outro exemplo vese nas capacidades de aprendizaxe, de prestar atención e asimilar uns conceptos básicos de mobilidade e coordinación para desenvolver a práctica do deporte.

Ademais os monitores ou adestradores, fundamentais nestas idades, o principal é que teñan gañas por ensinar, educar, con capacidade, paciencia e sabendo diferenciar o seu benestar ou orgullo en prol do equipo. Loxicamente nunha competición todo o mundo quere gañar pero ese pensamento non pode estar por encima das capacidades do plantel. Todos os equipos teñen xogadores bos e outros en fase de aprendizaxe, pero estes últimos non poden quedar excluidos dos partidos ou dando minutos residuais en comparación co resto de compañeiros.

"Cada mestre ten o seu librillo" e todos aceptables, sen dúbida, pero a preparación durante a semana neses adestramentos ten que ser o máis fluída posible, sempre en xogos dinámicos e con balón de por medio. Ás veces pecamos nesas curtas idades en darlle moito valor á preparación física, e claro que hai que estar ben fisicamente pero non pode ser o primordial, para eso por sorte a federación deixa facer cambios ilimitados durante o encontro. 

Outro concepto que hai que ir aplicando é a formación ou táctica posicional durante o transcurso do xogo, quizais máis a partir de infantis, pero non podemos ancorar aos rapaces nos seus primeiros pasos a facer marcaxes, aguantar a posición ou tirar o fóra de xogo cando o único que desexan é darlle unha patada ao balón e marcar gol. Iso moitas veces acarrea gritos ou malestar do adestrador en cuestión, pero toca pensar que un rapaz de 5 a 9 anos ten dereito a desconectar do xogo e ás veces xa moito fan se non tiran a súa misma portería.

Pode parecer mentira, pero ás veces a diversión pérdese por culpa da presión. O que tiña que ser unha gran nota positiva, esa afluencia de xente para ver estos partidos convértese en todo o contrario, en non querer defraudar a quen che ven a  ver, ou que o público non saiba diferenciar un partido de base a un de senior, que se caldee o ambiente, que cada pai queira indicar o que ten que facer o seu fillo... Todos esos pequenos detalles fan que o xogador perda a concentración e a diversión de xogar por estar tensionado co que acontece nas gradas, digamos que non e circunstancia habitual pero sucede.

A diversión tamen se perde cando se cambia o chip de ir xogar a parecer que vas a traballar, de repente para ben ou para mal, estará por demostrar, se creciu en demasía o boom da base. Calquera equipo, por moi humilde que sexa, ten casi todas as categorías de base, pero a cantidade non fai a calidade. Lóxico que queda bonito ter esa estrutura de club pero tamén hai que pensar en que ofreces a esos nenos, se estas preparado, se tes boas instalacións, material acorde coas súas idades e o máis importante, elixir ben os monitores que eduquen e se fagan cargo dos rapaces. Pero  volvendo ao das categorías, comparando con décadas pasadas, esta actual hai demasiados abandonos futbolísticos, e teño que dicir que o vexo lóxico, se agora empezas a xogar e pedirche rendemento con 5 anos cando chegas aos 18 o ultimo que queres e seguir practicando ese deporte. Por sorte non é a maioría, pero si demasiados.

Para cerrar este tema da diversión na base e non pedir ou esixir un gran rendimiento, e máis cando nos movemos en clubs da Costa, e votar a vista atrás, volver á túa infancia cando non estabas no banquillo dirixindo e si no campo xogando, pensando en marcar, divertirte, facer bonitas xogadas para o luns comentar na clase... O resultado era o menor dos problemas. Deixemos que se divirtan como faciamos antigamente, non penses en ser o Guardiola o Mourinho de turno dalle esas pinceladas necesarias para que entendan o xogo pero a libertade para que eles se expresen no campo, que para sufrir co fútbol xa terán tempo de maiores. En definitiva, non os trates como profesionais.

  • Ángel Garrido.

Comentarios