Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A crónica dominical: Remontadas para que, case, todo siga como está

Ponteceso ante o Zas non novo Pinguel
Fácil vitoria do Ponteceso ante o Zas non novo Pinguel. Foto: David Antelo e Brais Pose
A crónica dominical: Remontadas para que, case, todo siga como está

Un novo fermoso carrusel o que vivimos esta tarde dominical a través da plataforma www.futboldacosta.com. Todo nunha fin de semana marcada polo emotivo evento no que ten transformado o Sorteo da Copa da Costa a RFGF, que deixa un cadro tremendamente interesante.

Goles en todas as categorías, e remontadas importantes que deixan as zonas altas das táboas moi vividas.

Un dos focos de atención centrábase en Ara Solis, cun Fisterra que segue aumentando as súas posibilidades de ascenso á 3ª División. Xa hai semanas que non vai de broma a cousa, e hoxe, aúnda con 13 xornadas por diante, puxo 5 puntos de vantaxe sobre o 3º clasificado. O Fisterra sufriu para vencer a un bo Xallas, pero aproveitou o tropezo, un mais, do Noia, na Pobra, e o empate do Mugardos ante o Montañeros. Tamén venceu o Sofán na casa e parece que por fin dá un salto á tranquilidade e, quen sabe, se aínda mantén opcións de meterse nunha promoción que ten a só 6 puntos.

Na 1ª Galicia houbo grandes novedades. O Soneira estivo boa parte da tarde dominical de líder, pero o empate final ante o Agolada déixano de novo na 3ª praza. O caso é que o sábado perdera o líder, o Dumbría, e o Volantes vencía ao Pino, pero o Soneira non aproveitou a ocasión para volver tomar o mando. Pola zona baixa, os empates do Baio e do Mazaricos saben distinto, pois o cadro baiés deixou escapar un punto no desconto, e o de Néstor salvou o seu no treito final.

Na Liga da Costa, tanto o Corme como a Esteirana, como o San Lorenzo, tiveron que remontar os seus partidos para que todo siga igual. Non sufriu o Ponteceso ante o pechacancelas, e os 3 seguen nun só punto de diferencia.
Por abaixo, a incrible remontada do Cabana, que leva 8 xornadas sen perder, colócao empatado co Lira, deixando ao Baiñas máis abaixo, trala súa derrota ante o Buño. O cadro oleiro sumaba a súa terceira vitoria do curso.

Queda unha xornada para o remate da 3ª Galicia, e o Outes deixoulle o título en bandexa ao Camariñas. O cadro da Serra non puido vencer no Rodeiro ante un Camelle que se xogaba a Promoción, e na última xornada, na que descansa o Outes, bástalle un empate ao Camariñas na casa ante un Castrelo sen nada en xogo, para sentenciar o título. O Seaia pelexaba, no post-Mikaela, ante o Castrelo, esa cuarta praza de promoción, pero finalmente queda a 3 puntos e terá que esperar que perda o Camelle e vencer ao Montelouro para colarse.

Veteranos

Un dos grandes focos de atracción, como falabamos o venres con Braulio er a D.H. de Veteranos. Dous duelos directos no cumio da táboa provocou un novo envorco na clasificación. O Soneira (5º) vencía ao Zas (líder ata hoxe), mentres que o San Lorenzo (onte 2º) vencía ao San Román (onte 3º e hoxe 4º) alzándose o cadro de Verdillo ao liderato.
As cousas aínda vivirán outra semana intensa, pois a semana que vén hai un Zas-Dumbría e un San Lorenzo-Soneira, cos 5 puntos (íncluído o San Román), en só 6 puntos, a falta de 5 xornadas.

 

Máis información

Comentarios