Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Xa temos cadro da Copa da Costa 2020 tralo fantástico Sorteo no Pozo do Cachón

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Gran ambiente no Sorteo da Copa da Costa 2020 no Muíño de Mareas do Pozo do Cachón de Muros
Xa temos cadro da Copa da Costa 2020 tralo fantástico Sorteo no Pozo do Cachón

Cunha gran asistencia, coma sempre, desenvolveuse o Sorteo da Copa da Costa 2020. Un evento pioneiro no fútbol modesto galego, que serve para seguir unindo e mitificando o noso Fútbol da Costa. Unha cita que ademais serve para poñer en valor os nosos recursos etnográficos e turísticos, e así pasou hoxe disfrutando das fermosas instalacións do Muíño de Marea do Pozo de Cachón de Muros, un muíño único en Europa.

A sesión pechouse cos Premios Paixón polo Fútbol da Costa, un recoñecemento que a Rea Federación Galega de Fútbol quere ter con algúns ilustres do nosos fútbol.

II Copa Feminina

Cadro da Copa da Costa Feminina 2020

Este ano son 4 equipos, polos dous do curso pasado. A final do ano pasado reeditarase na primeira semifinal pois As Miúdas e o Bergantiños enfrontaranse, mentres que Cee e Mazaricos buscarán o pase á gran final.

Non lle gustou a Vinto ter que enfrontarse de novo ás actuais campionas, pero todos os representantes do #Futfem coincidiron na importancia de que siga medrando a presencia dos equipos femininos.

LVII Copa da Costa Masculina

Copa da Costa 2020 - LVII Copa da Costa copia

Representantes dos 4 equipos de Muros sacaron as bolas máxicas. Todos pediron irse enfrontando, que son os partidos máis bonitos. A Copa abrirana, na Previa, o Cabana e o Sofán na previa o 1 de maio, se ben o 3 tócaralle a Porteño e Laxe. Nos Dezaseisavos hai dúas eliminatorias destacadas: Dumbría-Xallas e Mazaricos-Soneira.

Lembren que ata Oitavos (incluído) as eliminatorias serán a partido único no campo de inferior categoría ou, no caso de que se trate de dous conxuntos da mesma, no do cadro que saíse primeiro no azar. Antes de celebrarse os Cuartos haberá novo sorteo.

Premos Paixón polo Fútbol da Costa

Premios Paixon polo Futbol da Costa da RFGF 2020

Para rematar, a RFGF quere manter esa serie de premios como recoñecemento a unha traxectoria impecabe arredor do fútbol costeiro.

O primeiro recoñecemento, en clave de divulgación, foi para o fotógrafo Jorge Parri, que agradeceu o cariño de toda a xente do fútbol costeiro, que sempre o recibe en cada camo.

José Antonio Sarmiento Lamela dedicoulle o premio aos que formaron con el o Muros a comezos dos anos 80. O que fora cinco veces consecutivas máximo goleador da liga cando militaba no Muros agora transmite os seus coñecementos aos nenos das categorías base da Escola Deportiva Os Miúdos.

Tamén levou o seu recoñecemento Venancio París París, historia viva do Fútbol costeiro, e pasando toda a súa carreira no Muros, onde segue como directivo.

O premio ao FútFem caeu en Patricia Estévez Pérez, este ano a capi das Miúdas, que ademais adestradora dos mñais pequeniños do club. Estivo ben escoltada pola familia dos Miúdos, a quen lle dedicou o premio.

O último recoñecemento foi para María Francisca García Romero "Pacucha”, unha das pioneiras do fútbol feminino en Muros e na comarca. Formou parte do primeiro equipo feminino do Concello de Muros na tempada 69-70 e segue vencellada ao fútbol como incansable colaboradora da SD Esteirana. Papucha lembrou aqueles tempos

O presidente da RFGF Rafael Louzán pechou o acto co seu tradicional discurso no que demostra a súa admiración polo noso fútbol.

Rafael Louzan pechando o acto do Sorteo da Copa da Costa 2020

Este é o vídeo do sorteo:

 

Máis información

Comentarios