Os árbitros da Costa paran ante a marcha forzada de Vítor Recarei
- Os árbitros costeiros van loitar por que Vítor Recarei volve ao seu cargo de subdelegado
Xa temos as primeiras reaccións ante a saída de Vítor Recarei como Subdelegado arbitral da Costa. A familia de colexiados do fútbol costeiro acaba de emitir un comunicado, no que avanzan a súa disconformidade coa súa marcha e afirman que polo menos esta fin de semana non van arbitrar.
Comunidado do Colectivo arbitral Costa da Morte
Tras case 6 anos de vida, a subdelegación de árbitros da Costa vese obrigada a parar. Non o fai por gusto se non por que o seu motor, Vitor Recarei, viuse obrigado a renunciar ao seu cargo.
Os árbitros da Costa non entendemos unha subdelegación sen el, polo que faremos o que estea nas nosas mans para reverter esta situación.
Dende o cambio do equipo directivo da delegación da Coruña, á cal pertencemos, a relación foise enturbando, porque nunca quixeron entender o noso funcionamento e tampouco o respectaron, chegando a superar uns límites aos cales non estamos dispostos a aceptar.
Quen coñeza minimamente a Vítor comprenderá que este conflito non nace nel e que a vía do dialogo sempre está por diante, como nos consta que así foi nas últimas semanas antes de chegar a este punto.
Sentimos os contratempos e prexuízos causados ás diferentes partes. Agardamos que se propoñan solucións reais a este problema e que volva a normalidade canto antes, o noso interese é seguir polos campos e pasar o máis desapercibidos posible.