Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vítor Recarei deixa de ser o subdelegado da Costa

vitor recarei
Vítor Recarei o pasado mércores nos Partidos Solidarios das Seleccións QPC
Vítor Recarei deixa de ser o subdelegado da Costa

O Fútbol da Costa queda sen subdelegado arbitral da RFGF. A saída de Vítor Recarei provoca que a nosa Subdelegación fique con sede vacante ata novo nomeamento. Unha situación, en calquera caso, que non pon en perigo á nosa Subdelegación, pero esperan que non aconteza como na Mariña, onde a subdelegación leva varios anos sen Subdelegado.

Tras varios meses de pugna coa Delegación da Coruña, Recarei decide dar un paso a un lado, despois de 6 anos (foi nomeado dende a creación da Subdelegación en Baio en 2017) “moi intensos”, con moitas cousas boas, pero tamén cunha pandemia polo medio, con situacións como o pasamento de Lucas… pero no que o máis importante é que neste tempo a Costa pasou de ter 12 colexiados a ter os 38 que forma agora a familia arbitral costeira.

Recarei en marzo de 2017 durante o seu nomeamento

De tódolos xeitos, Recarei non deixa a arbitraxe, e se ben tomará un par de semanas de descanso, pronto volverá aos campos de fútbol para poder concentrarse no que máis lle gusta, que é arbitrar, sen ter que coordinar as emerxencias que cada semana xorden nunha subdelegación como a nosa, que conta con 38 colexiados e que cobre arredor dos 100 partidos cada fin de semana.
Precisamente ese poderío do fútbol costeiro é unha das claves. O Fútbol da Costa gusta moito, ten moita presencia mediática.

Haberá que ver como reaccionan agora os colexiados da nosa comarca, que sempre formaron unha piña e que evidentemente non están conformes con esta decisión. Pero iso saberémolo nas vindeiras xornadas.

A capitana do Ponteceso Eva Carril con Vitor Recarei e a capitana visitante
Vítor Recarei no partido desta fin de semana do Ponteceso feminino

Novas relacionadas

Comentarios