Martes. 30.04.2024
El tiempo

Así foron as votacións dos Premios da Gala do Fútbol da Costa

Galal Futbol da Costa 2023-11 ideal
Gañadores e representantes dos gañadores do 11 Ideal masculino
Así foron as votacións dos Premios da Gala do Fútbol da Costa

Tras ver como foi a VIII Gala do Fútbol da Costa-QPC queremos debullar como foron as votacións que depararon os gañadores dos principais premios do curso.

Este ano o equipo de QPC non fixo filtro ningún, polo que os participantes puideron decidir libremente os seus favoritos do curso. É dicir, intervención cero do equipo de QPC, máis que para contactar, cunhas 60-65 persoas do fútbol masculino e unhas 25 do futfem, sendo 2 votos por club (adestrador e capi, fundamentalmente), varios xornalistas e varios colaboradores de QPC.

REMIO PRODUCTOS CÁRNICOS DOMÍNGUEZ AO 11 IDEAL DO FUTFEM

Eescollido, como dicimos por máis de 20 votos de adestradores e capis dos propios equipos.

A Mellor Porteira foi Adriana (As Miúdas), que sumou 10 votos, polos, atención, 9, de Rosío.

As Mellores Defensas foron Saskia (Xallas), con 15 votos; Nerea (Cee), tamén con 15 votos, e Marcela (As Miúdas), con 11 votos.
Por detrás quedaron a dumbriesa Mai con 7 e a ceense Lucía Rod. con 3, pero tamén recibiron algún votos Raquel Pose (Cerqueda), Paula López (As Miúdas), Martina (Dumbría), Claudia (Mazaricos)…

As Mellores Centrocampistas foron María Lijó (Cee), con 16 votos; Paula Fandiño (Dumbría) con 15; Paula Veiga (Cerqueda) con 10 e Carla Pose, do Corme, con 6. Todas capis!
Con 5 quedou moi preto Saray Duarte, con 4 Eva Carril e as ceenses Eva e Lucía Caamaño (Cee), e un pouco máis abaixo Tamara Ramos (Mazaricos), Lucía Canosa (Cee), Ana Romero (As Miúdas) ou Marta Verán (As Miudas).

E para pechar este 343, as Mellores Dianteiras foron Yasmina (Xallas), con 18 votos; Naroa (Corme) con 16 e a tamén xalleira Olalla con 14.
Por detrás quedaron Pati, con 9 votos, a Ánxela con 3, e tamén houbo algún voto para a ceense Sharay Caamaño, a dumbriesa María das Carisas e a corcubionesa Sara Cubelo, que a pesar de non ter tanta visibilidade ao xogaren no F7 aínda houbo quen se acordou dos seus goles.

11 ideal feminino-Gala Futbol da Costa 2023.001
O 11 idea feminino quedou formado por Adriana na portería, Adriana, Saskia e Nerea en defensa; Paula Fandiño, Carla Pose, Paula Veiga e María Lijó no medio; e Olalla, Yasmina e Naroa arriba.

PREMIO RFGF AO 11 IDEAL MASCULINO

O Premio ao Mellor porteiro foi para Xandre (Muros), que recollía o premio no Bar o Moncho na noite do sábado pois tivo que traballar e non puido asistir á gala. O porteiro muradán colle o relevo do seu veciño MJ, gracias ás 16 persoas que o votaron, por diante de Brais, con 7 votos, e Anxo con 5.
Tamén recibiron votos MJ (Esteirana), Cote (Fisterra), Benja (San Lorenzo), Pablo Pose (Mazaricos), Iván Couto (Xallas), Bruno (Corcubión), Mariolo (Porteño), José Domingo (Muxía) ou Álex Pouso (Outes).

Os 3 mellores Defensas foron Pablo Paz (Dumbría), Aarón Fdez. (Soneira), ambos con 22 votos, polos 21 de Michael Vilela, o capi do Muxía.
Canario quedou con 13, Raúl Añón con 12, e tamén aparecen nas votacións Pablo Dom. (Baio), Dani Becerra (Sofán), Breixo (Fisterra), Maikel Mouzo (Muxía), Simón (Esteirana), Code (Esteirana), Raúl (San Lorenzo), Lucho (San Lorenzo), Chema (Cee), Dido (Camelle), Luca (Ponteceso)…

Os Mellores Centrocampistas foron Lucas (Corme), con 22 votos, e un triple empate a 13 votos entre Iván Facal (Castriz), Bieito (Baio) e Álex Taibo (San Lorenzo).
Pegadiños quedaron os Colón, con 12 votos, Iago Lema con 11 e Eze con 10, nunha lista interminable a verdade, con nomes como Borja Gándara (Soneira), Jacobo Eibe (Sofán), Parafita (Sofán), Esteban Capelo (Xallas), Fidi (Xallas), Xián (Louro), Alberto Recarey (Ponteceso), Pablo Garrido (San Lorenzo), Pesco (Volantes), Dani Mato (Zas)... e moitos máis.

E para pechar este 343, os Mellores Dianteiro foron Diego Estévez, o pichichi fisterrán do Dumbría que arrasa con 39 votos, polos 36 de Iván Rojo (San Lorenzo) e os 26 do tamén fisterrán, neste caso no Cee, Isaac Fábregas.
Con 12 quedou Javito, coon 10 MC e con 9 Manu Nogueira, e por aí ta,én estiveron eternos como Alejo, ou Darío Capelo (Dumbría), e novas xeracións de goleadores como César Lojo (Corcubión), Alan e Lucas (Porteño), e Juan de Celia (Xallas)…

11 ideal masculino-Gala Futbol da Costa 2023.001
O 11 quedou formado por Anxo na meta, Aarón, Pablo Paz e Michael en defensa; Iván Facal, Lucas, Alex Taibo e Bieito no medio; e arriba Estévez, Iván Rojo e Isaac Fábregas.

 

Premio Iván Vilanova Asesoría á Mellor Afección

Gala Futbol da Costa 2023 Afeccion Corme-Vitor Recarei
Vítor Recarei facendo entrega a María Elena, a avoa de Naroa, o Premio Iván Vilanova á Afección do Corme

A Marea azulona do Corme foi escollida como Mellor Afección, con 13 votos, polos 9 da afección do Baio, 7 do Camelle, e 6 da Esteirana e do Volantes.

Premio Autocares J. Pombo ao Mellor Equipo FUTFEM

Gala Futbol da Costa 2023-Cee feminino
Familia do U.C. Cee

O U.C. Cee foi escollido como Mellor Equipo Futfem, por só 1 voto de diferencia contra o Xallas.

Premio As Baleas á Mellor Xogadora FUTFEM

Gala Futbol da Costa 2023-Olalla Premio As Baleas Mellor Xogadora Futfem
Olalla Premio recollendo o Premio As Baleas Mellor Xogadora Futfem

A gañadora do premio As Baleas á Mellor Xogadora do FUTFEM foi Olalla Antelo (Xallas). A xalleira sumou 6 votos, e a un só quedou a muradá Marcela. Con 3 Paula Veiga e con 2 hai varias xogadoras: Saray Duarte, Fandi e Naroa.

Premio La Pitusa ao Mellor Adestrador

Galal Futbol da Costa 2023 Oscar Leis e Dani Casal
Oscar Leis entregando o premio a Dani Casal

Dani Casal (San Lorenzo) foi escollido como Mellor Adestrador do curso con 26 votos, polos 7 de Pablo Torreira e 6 de Pablo Conde!! Por aquí tamén apareceron nas votacións os Diego Lobelos, Miguel Chouza, Adrián Vázquez ou Félix.

Premio A Lonxa D’Alvaro ao Mellor Equipo do Futbol Masculino

Gala Futbol da Costa 2023-Presi San Lorenzo
A Presi do San Lorenzo recollendo o premio

O San Lorenzo arrasou neste caso con 27 votos, polos 15 do Sofán e os 9 do Dumbría.

Premio Roberto Mouro Reale Seguros ao Mellor Xogador

Gala FUtbol da Costa 2023-Estevez
Estévez recollendo un dos seus premios

Estévez arrasou neste premio recibindo 26 votos. Non houbo cor pois Iván Rojo sacou 4 votos, Colón e Lucas 3, e despois houbo unha marea de xogadores cun e 2 votos, como Moriño o eterno capi do Camariñas), Eze, Iván Facal, Alan, Bieito, Manu Nogueira…

 

A Galería de Fotos da Gala

Máis info

Comentarios