Unha Gala do Fútbol da Costa para unir e render homenaxe ao UD Corcubión
- Dumbría e San Lorenzo, en categoría masculina e os Xallas e Cee na feminina, on os grandes triunfadores da emocionante Gala do Fútbol da Costa.

A Casa da Cultura de Corcubión acolleu este sábado 24 de xuño a VIII Gala do Fútbol da Costa - QPC. Arredor de 200 persoas chegadas de toda a comarca encheron o auditorio dando sentido ao afán vertebrador deste diario dixital, e convertindo o evento nun punto de encontro de todo o deporte da Costa da Morte.
Finalmente, unha trintena de persoas conseguiron levar para o seu salón un dos prezados balóns da Olería de Buño. Moitas son as xa grandes protagonistas destes eventos, as xogadoras do FUTFEM, que demostra que estamos nunha época de transición e que pouco a pouco van ir gañando máis e máis terreo.


A Gala servía ademais de homenaxe ao Unión Deportivo Corcubión, que este ano está de 50 aniversario. Emotivas foron as palabras de Fuentes, presidente fundador, que subiu ao escenario lembrando aos que formaron con el o club, xunto co actual presidente do club, Carlos Lema.

A cita tivo outro momento ben fermoso coa homenaxe do á Leo Picallo, galardoado co Premio Histórico. O eterno goleador do fútbol costeiro (máis de 500 goles en 32 tempadas en activo antes de retirarse este ano aos 47 anos) non puido asistir á gala (estaba de vacacións familiares) pero enviounos un vídeo coa colaboración dos seus amigos Luís Alberto Fernández e Jorge Parri. A súa irmá Laura Picallo recolleu o balón e un pack de produtos de Artio, a bebida istónica galega con auga de mar.
Tamén tiveron o seu momento os Iván Cancela, Cantudo e Fabio, tres costeiros que veñen de quedar campións de Europa coa Selección Galega alzando a Copa Uefa das Rexións. O adestrador do combinado galego e presidente do Comité de Adestradores recoñeceu que “non foi doado alzarse cun título ao que aspiraban 200 seleccións”, pero sinalou que “os soños cúmprense”. Quixo mandar o máximo agradecemento a todos os que fan posible que este noso Fútbol da Costa sexa tan bonito e especial.

Entremedias Santi Caamaño arrincounos unhas risas a costa dos descendidos e dos arrastres, a súa nai e o seu talento.
Foi o propio Santi o que colleu de sorpresa a Óscar Leis. O de Lariño anunciou a súa retirada dos bancos hai pouco e o equipo de QPC quixo renderlle unha merecida homenaxe.

Facemos aquí un repaso completo pero pronto publicaremos como foron as votacións e unha completa galería de fotos de Jorge Parri que subiremos ao Facebook de Fútbol da Costa.
Os Premios Gordos

Foron o Dumbría e o San Lorenzo, en categoría masculñina, e os Xallas en Cee na feminina, os grandes triunfadores da noite no tocante aos premios gordos, escollidos por vogtación de máis de 80 persoas vinculadas co noso fútbol (adestradores, capitáns, directivos, xornalistas…).

O cadro de Verdillo levou dous dos premios máis importantes, o Premio La Pitusa ao Mellor Adestrador, para Dani Casal, e o Premio A Lonxa D’Alvaro ao Mellor Equipo do Futbol Masculino.
Ademais, o pichichi da Liga da costa Iván Rojo foi escollido como un dos mellores dianteiros, e Alex Taibo un dos mellores medios.
Pola súa parte, o Dumbría contou co xogador máis laureado. Ao máis puro estilo Adrián Makaay, o fisterrán Diego Estévez leva 3 balóns para casa: Pichichi da Costa, Mellor Dianteiro e Premio Reale Seguros Roberto Mouro ao Mellor Xogador. No 11 ideal tamén está o Pombo da 1ª e Pref., Anxo Lema, escollido mellor porteiro, e Pablo Paz, que repite na mellor defensa.


Pola súa parte, Cee e Xallas repartíronse boa parte dos premios femininos. A pichichi xalleira Olalla foi a gañadora do premio As Baleas á Mellos Xogadora.
Porén o Premio Autocares J. Pombo ao Mellor Equipo foi para o Cee. O 11 ideal contou con 3 xogadoras do Xallas e 2 do Cee.

Foi a do Corme a escollida co Premio Iván Vilanova Asesoría á Mellor Afección.
11 ideais

O Premio Produtos Cárnicos Domínguez ao 11 ideal feminino quedou composto por Adriana (Miúdas) na portería, Marcela (As Miúdas), Saskia (Xallas) e Nerea (Cee) en defensa; Paula Fandiño (Dumbría), Carla Pose (Corme), Paula Veiga (Cerqueda) e María Lijó (Cee) no medio; e Olalla (Xallas), Yasmina (Xallas) e Naroa (Corme).

Pola súa parte o Premio Real Federación Galega de Fútbol 11 Ideal masculino quedou formado por Xandre (Muros), na portería; Aarón Fdez. (Soneira), Pablo Paz (Dumbría) e Michael Vilela (Muxía) na defensa; un medio campo con Bieito (Baio), Alex Taibo (San Lorenzo), Iván Facal (Castriz) e Lucas (Corme) e arriba, Estévez (Dumbría), Iván Rojo (San Lorenzo) e Isaac Fábregas (Cee).

Unha despedida arbitral

O evento serviu de despedida para Vítor Recarei. Despois de 6 anos nos que revolucionou o mundo da arbitraxe na Costa da Morte, deixa a dirección da subdelegación da Costa cun legado innegable: 38 colexiados e un colectivo tremendamente unido. No seu discurso de despedida quixo agradecer a confianza de Bernardino González Vázquez, valorou a paciencia da súa familia, puxo en valor aos seus 28 compañeiros “imprescindibles” e deixou claro que a “familia” do Fútbol costeiro é unha potencia.
O colectivo arbitral, que sempre decide os Premios Servizo Técnico Oficial Saunier Duval ao Delegado e ao Árbtiro do Ano, saldou unha débeda pendente como Manolo López, eterno delegado do Dumbría, e premiou o traballo do novo colexiado Roberto Baña Amado. Recarei e Marcos Ordóñez fixeron a entrega.

Pichichis e Pombos da Costa

- O Premio Aluminios ao Pichichi da 1ª e Preferente foi para Diego Estévez (Dumbría).
- O Premio Albañilería Esteban Blanco ao Pichichi da 2ª Galicia foi para Iván Rojo (San Lorenzo).
- O Premio Muebles Ordóñez ao Pichichi da 3ª Galicia, para Lucas Caamaño (Porteño).
- O Premio Héctor Castro Electricidade á Pichichi do FUTFEM costeiro é para Naroa (Corme).
- O Premio Álex Pombo da 1ª e Preferente foi para Anxo (Dumbría).
- O Premio Asesoría ASFECO ao Porteiro Menos Batido da 2ª Galicia, foi para Xandre (Muros).
- O Premio Clínica Dental Manuel Castiñeira ao Porteiro Menos Batido da 3ª Galicia foi para Mariolo (Porteño).
- E o Premio EL Juguetón e Cristalería Vilas á Porteira Menos goleada do FUTFEM da Costa foi para Rosío (Xallas).
Os porteiros levaron ademais do balón, unhas luvas da Escola de Porteiros Nordés, da man de Trucho.

PATROCINADORES
Compre agradecer ás casas que fan posible esta gala, que conta co apoio da Real Federación Galega de Fútbol e do Concello de Corcubión:
- Servicio Técnico Oficial Saunier Duval.
- Cárnicas Domínguez.
- Carbónicas Landeira “La Pitusa”.
- Restaurante Lonxa D’alvaro (Muxía).
- Iván Vilanova Asesoría e Auditoría.
- Seguros Reale Roberto Mouro Baio-Zas-Santa Comba.
- Autocares J. Pombo.
- Grupo As Baleas (Cee - Muxía - Fisterra).
- Aluminios Dumbría.
- Muebles Ordóñez (Ponte do Porto.
- Electricidade Héctor Castro (Cerqueda).
- Asesoría Asfeco (Malpica).
- Manuel Castiñeira Clínica Dental.
- El Juguetón.
- Cristalería Vilas.
- Escola de Porteiros Nordés.
- Jorge Parri Fotografía.
QPC agradece tamén a colaboración continua de Gerca, Bazarra, Oemáis, Centro Comercial Finisterrae, O Semáforo de Fisterra e o Faro de Lariño, As Eiras de Lires, Bar o Moncho.
MÁIS INFO
Outros Premios
Xa temos algúns premios confirmados:
- Leo Picallo, o Premio Histórico da VIII Gala do Fútbol da Costa - QPC.
- O Premio Abdoulaye ao Fútbol Base este ano vai para Sofán.
- Rosío e Naroa, a Pombo e a Pichichi do #FUTFEM costeiro.
- Diego Estévez e Anxo, o pichichi e o Pombo da Pref. e 1ª.
- Xandre e Mariolo, os Premio Alex Pombo das Ligas da Costa.
- Iván Rojo e Lucas levarán os Trofeos aos Pichichis das Ligas da Costa.
REPASO DAS GALAS
- 2022:
- A Gala de Malpica volveu unir o Fútbol da Costa.
- Gala 2019: O Fútbol da Costa pechou o curso 18/19 na VI Gala QPC.
- Gala 2018: A Gala QPC puxo en Santa Comba o emocionante broche de ouro á temporada do Fútbol da Costa.
- Gala 2017: A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2016: Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015: O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014: QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- 2013: Presentación do Álbum: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.