Venres. 11.10.2024
El tiempo

A Audiencia Provincial de Pontevedra confirma os 7 anos de inhabilitación a Rafael Louzán

  • A sentenza, sobre a que cabe recursos de casación, absolve ao presidente da RFGF do delito de fraude
  • A RFGF celebra en paralelo o seu proceso electoral
A Audiencia Provincial de Pontevedra confirma os 7 anos de inhabilitación a Rafael Louzán

Pedían 8 anos de inhabilitación e 2 de cárcere para Rafael Louzán, polo caso do campo de fútbol de Moaña. A Audiencia provincial de Pontevedra vén de confirmar os 7 anos interpostos polo suposto delito de prevaricación, pero absolveu ao ex presidente da Deputación pontevedresa e presidende da Real Federación Galega de Fútbol dos 2 anos de cárcere polo suposto delito de fraude.

A Audiencia acolleu parcialmente o recurso de Louzán, que ten aínda a posibilidade de interpoñer recurso de casación, pero mantén a inhabilitación ao entender que concedeu a unha empresa unha subvención de 86.311 euros para realizar unhas obras de mellora do campo de fútbol de Moraña que xa estaban realizadas, para compensala polo sobrecusto das mesmas. A Audiencia ten en conta que “non consta que se cobrara máis do efectivamente realizado, como tampouco a prezos superiores aos do mercado”.

O tribunal absolve á exalcaldesa da localidade porque o procedemento se dirixiu contra ela tras declarar complexa a causa, algo que asegura que se fixo fóra de prazo.

Asemblea

O asunto entra de pleno na carreira pola sucesión de Louzán, unha vez que xa hai meso convocada unha Asemblea Extraordinaria para aprobar o novo regulamento e calendario electoral este xoves 12 de maio.

Novas relacionadas

Comentarios