Baio acolleu unha importante reunión para organizar as Ligas de F8
Moitos equipos participaron na reunión-charla deste luns en Baio, organizada pola RFGF. A primeira parte da reunión serviu para comezar a organizar as Ligas de Fútbol 8, nas categorías de prebenxamín, Benxamín e Alevín.
A Liga Prebenxamín terá 2 grupos re empezará o 27 de outubro ou o 1 de novembro.
As Ligas de Alevín e Benxamín, tamén partidas en 2 grupos. o 13 de outubro. Ata o 12 de xaneiro competirán uns equipos, e no segundo treito da competición comezarán outros equipos que decidiron non ter unha competición tan longa.
Dos equipos que compitan ata o Nadal, sairán dous finalistas para a Fase Final Comarcal. Na segunda parte da competición (empezarán de 0 en xaneiro) competirase pola Fase Final da Copa da Costa.
Charla de Bruno Méndez
A segunda parte da charla foi co colexiado Bruno Méndez, que falou en clave arbitral do fútbol base. Na mesa estiveron Carlos de Outes e Eskío de Fisterra e dende o público sacaron a debate temáticas como a de conxelar o marcador en caso de goleada.
AS LIGAS