Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Baio e Dumbría xóganse o liderato en #QPCtv

Platas Reinoso
O Platas Reinoso recibe á tele da Costa
Baio e Dumbría xóganse o liderato en #QPCtv

A xornada desta fin de semana ten un foco moi especial. O Platas Reinoso acolle o domingo o CD Baio - CF Dumbría, da 5ª xornada da MiniLigadaCosta que temos este curso na 1ª Galicia. Conectaremos a partir das 16:10h, cunha completa previa con fermosas imaxes e entrevistas a pé de campo.

Os equipos chega ben situado no alto da táboa, co cadro dumbriés de colíder, con 10 puntos igual que o todopoderoso Negreira; e co Baio a só 3 puntos de distancia.

Baixas

Pode que o partido estea algo condicionado polas baixas. Pablo Torreira ten apenas 11 dispoñibles máis un porteiro suplente, xa que están lesionados Fachal, Carlos, Norberto, MC, Mario, Santiso e Javi Suárez.

Pola súa parte, Pablo Conde non poderá con Fuentes, Brais, Rivi, Code, Yuyo e Xabi, e ademais ata última hora non se saberá se poden estar Jorge, Marcote e Sendón.

A previa con personalidades

Senor Julio de Baio e Manolo Lopez de Dumbria

Durante a previa teremos dous persoeiros deses de lenda. Falaremos co Señor Julio, ao que non se lle escapa ninguén sen comprar rifa no Platas Reinoso. E faremos o propio con Manolo López, historia viva do CF Dumbría, estando dende a súa fundación.

Suscríbete en www.qpctv.gal

 

Patrocinadores

Colabora neste partido, ademais dos Concellos de Zas e Dumbría, a Clínica de Fisioterapia e Rehabilitación Vértebra de Baio. Sita na Rúa Obispo de Lema, no centro de Baio, leva 10 anos xa traballando en temas de suelo pélvico para mamás, masaxes para bebés para tratamento de cólicos e de mocos… fan un tremendo traballo con pacientes neurolóxicos, que sufriron ictus, ataxias…, e por suposto, son especialistas en fisioterapia do deporte.

Comentarios