Os calendarios da 2ª e 3ª: Un Ponteceso-Corme para arrincar a Liga da Costa
- Calendario da 2ª Galicia.
- Calendario da 3ª Galicia.
- Lista de Adestradores.
- Porteño finalmente non saca filial.
ras coñecer o Plan Competicional da Preferente e 1ª Galicia, temos xa en www.futboldacosta.com, os calendarios das Ligas da Costa, gracias á colaboración da Estación de Servizo Bazarra e Roberto Mouro Reale Seguros.
As ligas empezarán o 17 de setembro, e a Liga da Costa faino cun Ponteceso-Corme por todo o alto, un deses derbis de auténtico sabor costeiro.
Ambas ligas rematan o 12 de maio.
A 3ª Galicia
Dous claros favoritos temos na 3ª coa participación de dous xigantes como Xallas e Soneira, trala súa renuncia a competir na 1ª. O enfrontamento entre ambos será na xornada 13.
Finalmente o Porteño non deu sacado equipo B, polo que son 15 os equipos participantes, coa novidade tamén do Sofán B.
Entre os detalles do grupo, destaca analizar que hai 4 equipos malpicáns (ollo ao doble derbi da última xornada), moitos da zona norte e só o Lira como equipo do sur da costa.