O campo das Eiroas recibe melloras por case medio millón de euros
11:08 03/08/20
A renovación, actualización, equipamento e ampliación dos vestiarios, xa se realizou durante a corentena. Tamén se está a modificar o sistema de produción de auga quente e calefacción trasladando a caldeira ao cuarto de instalacións dos vestiarios do campo auxiliar, o que permitiu acondicionar un segundo vestiario de árbitros.
Estes días estase a rematar a construción, no fondo norte, dunha nova grada cuberta con capacidade para 300 espectadores (duplícanse os asentos), o que implicou desmontar o peche, trasladar o vídeo-marcador e demoler a conserxaría. o espazo para que o público poida seguir os partidos comodamente sentado.
E en agosto realizarase a urbanización exterior do viario, que se desprazará cara ao norte, acaroado ao peche do parque de bombeiros para gañar espazo para o peón mediante plataforma única e xerar unha zona auxiliar de aparcamento.

Estas son as obras principais do campo de fútbol das Eiroas de cara á vindeira temporada, no marco da licitación de obra, por 453.725,80 euros, á empresa carballesa Covisam Norte S.L.