Case toda xornada dominical suspendida pola borrasca Bert
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Entrou con forza Bert pola comarca este domingo. Pola mañá deixaba refachos de vento de 152 km/h en Vimianzo e 130 pola zona de Coristanco, provocando ademais pola tarde a suspensión de numerosos partidos tamén polas fortes chuvias.
Foi a decisión de varios Concellos como as de Muros ou Dumbría, ou outras decisións dos clubs e a Federación, a que provocaron, por exemplo, que a xornada dominical na 3ª Galega foi suspendida ao completo.
Na Liga da Costa apenas se xogaron un par de partidos (empate entre Cabana e Baio, que puidemos ver polo Youtube de Santi Soneira) e a vitoria do Xallas ao Ponteceso.
Se o Sofán segue ascendendo na Preferente (xa está 2º), importante vitoria da Esteirana en Santiago para deixar de mirar cara atrás, e derrota do Castriz ante un intratable líder e do Fisterra en Carral. Suspendíase o derbi Dumbría-Muxía e o choque do San Lorenzo en Bertamiráns.
Na Liga da Costa Feminina apenas se puideron xogar dous partidos, o do sábado en Mazaricos e o desta mañá nas Redondas, mentres no Sur a Esteirana aproveita a suspensión do resto de partidos para colocarse líder en solitario con 7 vitorias en 7 partidos.
O resto de categorías (fútbol base e Veteranos) xogáronse practicamente ao completo.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.