O Castrelo desaparece; o Volantes seguirá competindo
14:56 01/08/23
Acababa hoxe o prazo para que os clubs confirmasen a súa praza para competir está campaña 23/24 nas Ligas da Rfgf.
E finalmente houbo sorpresa de última hora. Un grupo de xente decidiu dar relevo ao traballo da directiva de José Alberto e manter vivo un club saneado e que finalmente competirá na 2ª Galicia, a Liga da Costa.
Deste xeito, o UD Corcubión competirá na 3ª.
Non houbo tanta sorte no Castrelo FC onde ninguén se presentou para manter vivo o cadro vimiancés.
Así as Ligas quedan coas baixas do Xallas B do Castrelo e as altas do Porteño B e Sofán B.
Podedes ver o cadro das listas nos relacionados.