Cee acollerá a doble e repetida final da Copa da Costa Masc. e FEM entre Dumbría e Muxía

Imaxe do San Paio de Refoxos naquela Final da Copa da Costa entre Dumbría e Fisterra na campaña 16-17

Xa temos sede da final das Copas da Costa 2025. O Campo de San Paio de Refoxos acollerá a doble e repetida final, tanto a masculina como a feminina, entre CF Dumbría e CF Muxía.

Volve así a senlleira competición ao campo de Cee, que acollía a súa última final na campaña 2016/2017 naquel fraticida Dumbría-Fisterra que venceu o cadro fisterrán.

A tarde comezará co partido feminino ás 17:00h para despois dar comezo ás 19:30h a final masculina.

Repasando o Palmarés dos 60 anos de historia da competición masculina, o club dumbriés buscará o seu 6º masculino na súa 8ª final, mentres que o Muxía só ten unha participación na final na temporada 65/66, cando perdeu co Xallas.

Pola súa parte, tralas 4 primeiras edicións, só o Dumbría xa sabe o que é estar nunha final, na do ano pasado precisamente en Arliña, cando perdeu ante o Xallas.

Máis novas