O xigante verde desperta vinte anos despois
09:12 26/06/17
A Sociedad Deportiva Fisterra deu a sorpresa e conquistou a súa terceira Copa da Costa na final que faltaba, no derbi do século XXI co Dumbría e nunha romaría sociodeportiva que deixou preto de tres mil seareiros en San Paio de Refoxos; un cabezazo de Cote decidiu para un conxunto que tirou da archicoñecida garra fisterrán para competir
O Fisterra celebrou a súa terceira Copa nun encontro exemplo de convivencia entre afeccións
Fisterra 1-0 Dumbría
- Campo: San Paio de Refoxos, 2.800 seareiros
- Fisterra: Norberto, Fabi, Robertín, Breixo, Piti, Roa, Roco, Cote (Adri m.90), Tati (Rubia m.82), Pablo Lestón (Jesús m.62) e Bruno (Jorge m.87)
- Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl Lestón, Pablo Conde, Iago (Charly m.86), Aarón, Rivi, Diego Cespón (David Carreira m.67), Darío Capelo, Martín (Jose m.86) e Adrián
- Árbitro: Cuesta Arribas (A Coruña). Expulsou a Piti, do Fisterra (m.80). Amonestou a Tati do Fisterra; Raúl, Jose, Adrián e Pablo Conde do Dumbría
- Gol: 1-0 m.18 Cote
O un x un dos protagonistas
Final modélica en todos os aspectos, e mesmo se fixeron o pasillo un equipo ao outro para recoller as medallas Fisterra:- Norberto (8): O peso da experiencia á hora de dominar o área pequena nos momentos de máis acoso do Dumbría
- Fabi (7): Doutorado en agallas para o canteirán de ascendencia colombiana, que levou varios recoñecementos desde a grada
- Breixo (9): O mellor futbolista do encontro, un kaiser inexpugnable que non errou nun só corte e deu a sensación ata de ir sobrado por momentos
- Robertín (8): Quen dixo que os centímetros importaban para ser dominante? A forza e a garra en estado puro
- Piti (6): Non destacou en exceso na parcela ofensiva e acabou expulsado por unha acción excesivamente riguroso; atrás, un toro
- Roco (6): O home que sempre viviu do talento deu unha lección de rigor e saber estar na medular
- Roa (6): Nunha posición non moi habitual durante a maior parte da súa carreira, por diante da defensa, traballador e centrado
- Tati (6): Caeu a banda e por momentos o choque con Darío Capelo parecía un combate da UFC pola intensidade física dos dous
- Cote (7): Xa é parte da historia da SD e patrimonio do pobo; que vaian debatindo no vindeiro pleno onde lle poñen a estatua
- Pablo Lestón (6): De máis a menos, nunca racanea un detalle para os máis gourmets; acabou derrotado físicamente
- Bruno (7): O que se din morrer literalmente sobre o terreo de xogo; ata que non lle quedaba unha soa gota de gasolina no corpo
- Jesús (6): Cumpriu
- Jorge (-): Sen tempo
- Adri (-): Sen tempo
- Rubia (-): Sen tempo
- Iván Bouzón (6): Sen culpa algunha no gol, non tivo demasiadas accións máis no que o partido lle pedira intervir
- Jose (6): Incisivo e máis compreto na parcela ofensiva que na defensiva, onde sufriu de máis nalgún momento
- Raúl Lestón (6): Pegou un par de centros con moitísimo perigo e non perdeu o sitio case nunca
- Pablo Conde (5): Experiencia e contundencia para un futbolista que non se meteu en dificultades en case ningún momento
- Iago (6): Como sempre, unha delicia mirar como golpea e a claridade para atopar unha xogada onde outros non chegan
- Aarón (6): De menos a máis, foi de novo ese xogador con chegada e referente nas accións a balón parado do seu equipo:
- Rivi (7): Habilidoso e desequilibrante no regate, aínda que non tivo demasiada continuidade si sacou recursos en momentos importantes
- Diego Cespón (6): Pode que substituido antes de tempo, tivo varias opcións en segundas xogadas nas que non precisou
- Martín (6): Vertical e no cara a cara atrevido, tocoulle lidiar con Piti, que en forza é como tres versións del
- Darío Capelo (7): Dos máis constantes, animosos e perigosos do seu equipo, non deixou de tentalo ata o último minuto
- Adrián (5): Mermado físicamente, e pode que tamén no aspecto emocional por estar ante os seus, marrou as que case sempre irían dentro
- David Carreira (5): Sufriu con Bruno
- Charly (-): Sen tempo
- Matasso (-): Sen tempo
Estatísticas
- Córners: Fisterra 2 (1+1) - Dumbría 8 (4+4)
- Fóras de xogo: Fisterra 2 (1+1) - Dumbría 6 (3+3)
- Faltas cometidas: Fisterra 18 (5+13) - Dumbría 7 (3+4)
- Tiros a portería: Fisterra 3 (2+1) - Dumbría 5 (1+4)
A Galerías
Enorme detalle dos compañeiros con Joselu, que mancado non pudo xogar pero recolleu a Copa A maior parte das autoridades do fútbol galego estiveron presentes A SD FIsterra quixo homenaxear a tres ex xogadores: Santiago López, Manolo Cartamil e Rodrigo LobelosA SD Fisterra campión da LIV Copa da Costa. Noraboa!! Así o festexaron pic.twitter.com/d9YZFLkJOp
— FUTGAL (@futgal) 25 xuño 2017