O Comité Galego de Adestradores recoñece a traxectoria de Manolín

09:24 29/07/22
Este xoves, o Comité Galego de Adestradores rendía unha fermosa homenaxe, pola súa extraordinaria traxectoria, a Manolín. O presidente do Comité Nacional da RFEF, David Gutiérrez, e o do Comité Galego, o noso Iván Cancela, facíanlle entrega dun detalle na enseada do Ézaro.
Un novo recoñecemento para esta historia viva do Fútbol da Costa que todo o mundo respecta e quere, que chega uns meses despois da homenaxe que a RFGF realizou en Malpica para valorar o traballo dos místeres costeiros, acto ao que o eterno Manolín non puido asistir.
Novas sobre Manolín
- 2016: Homenaxe a Manolín, Historia viva do Fútbol da Costa.
- 2015: Manolín anuncia á súa retirada do Fútbol da Costa.
- Guillermo Parga (2015): Conversas co Mito II: Manolín: “Vexo cousas no Real Madrid ou no Barcelona que xa fixera eu”.
- Guillermo Parga (2015): Conversas co Mito: “A frase, cando facía os trocos, era ‘Manolín toleou’, e case sempre gañaba”.
- Alberto Pose (2013): Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.