Xoves. 25.04.2024
El tiempo
Alberto Pose
09:40
18/04/13

Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín

Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín
Manolin na sua etapa no Cee-Foto- Miguel Freire

Penso que non fai falta decir que son un apaixoado do fútbol, e por suposto do fútbol costeiro. Gústame presumir de todas as súas virtudes, que son moitas, e tamén, por suposto, intentar recoñer os seus defectos que seguro que os ten. Cando describimos o fútbol da Costa sempre se nos enche a boca de adxectivos como paixón, forza, emocion… e penso que son certas todas esas virtudes e máis que ten, pero teño que confesar que, se cadra, todos esos sentimentos eran moito máis reais e verdadeiros noutras épocas anteriores as que estamos vivindo, como recuperamos nun Mar de Paixón.

E preguntarédevos por que, e a que vén isto. Pois moi fácil, o venres pasado tiven a oportunidade de comentar na Radio Nordés que seguramente o derbi que se celebraba o domingo entre o Corcubión-Cee era o último para o míster Manolin. Pois aí foi cando se me encendiu a luz e deime conta de que todos eses adxectivos que tanto presumimos do noso fútbol, vinos representados na figura do bo de Manolín. Que conste que creo que só falei con el un par de veces, que non convivín con el en ningún clube ni nada polo estilo. Pero con tan só as súas palabras e feitos, a min é capaz de transmitirme todos eses sentimentos que se vivian doutro xeito, que agora, penso, non se viven igual.

A figura e a vida de Manolín podería titularse "Fútbol da Costa" sen problema. Un home que o gañou todo e, apesar diso, creo que segue coa mesma ilusión e forza coma o primeiro día. Espero que para o tempada que vén aínda vexamos a Manolin adestrando. Ofertas seguro que non lle van a faltar, porque alí onde vai sempre cumple o seus obxectivos.
Se o final decide retirarse, con el vaise parte da historia do verdadeiro fútbol costeiro, pero quédanos a súa voz para poder contarnos e que non quede non olvido esa etapa fútbolística que tanto me gusta, e que por mala sorte só podo oír falar dela, pero que cando, por exemplo, escoitei en Radio Nordés falar a Italia, Sieso e Manín, decateime que tivo que ser unha época moi grande e bonita.

Canto me gustaría velos a todos nun acto falando sobre o fútbol da Costa que eles viviron!. A estes, e a outros máis que seguro eu non coñezo. Aí queda a idea!!!!


Novas relacionadas

Outros artigos de Alberto Pose.

Fonte

Comentarios