Venres. 19.04.2024
El tiempo

Copa da Costa: Xa coñecemos aos semifinalistas

A Esteirana celebrando a vitoria acadada no Platas Reinoso. Foto: www.diariodeportivo.gal
A Esteirana celebrando a vitoria acadada no Platas Reinoso. Foto: www.diariodeportivo.gal
Copa da Costa: Xa coñecemos aos semifinalistas

Cabana – Camariñas e Esteirana – Corme son as semifinais da edición da Copa da Costa 2019 despois de que os catro equipos lograsen a clasificación nas súas respectivas eliminatorias que tiveron emoción ata o final.

CD Baio 1 – 3 SD Esteirana

  • CD Baio: Dani Varela, Norberto, MC, Bieito, Iván Rojo (Isaac m.62), Porti, Rubio (Javi Suárez m.62), Peke, Damián (Santi Díaz m.70), Yago, Álex Varela (Álex Figueiras m.56).
  • SD Esteirana: MJ, Elías (Manu de Yi m.78), Simón, Josiño Alves, Álex (Maroñas m.86), Adrián, Róber Pladur (Samu m.88), Codesido, Dani Rama, Tobío e Raúl.
  • Goles: 1-0 m.12: MC; 1-1 m.47: Raúl; 1-2 m.65: Róber Pladur (p); 1-3 m.77: Álex.
  • Expulsións: O baiés Norberto e os esteiráns Raúl e Simón.

Baio esteirana

Comezaba moi ben un Baio que foi mellor ca Esteirana durante a primeira metade, na que MC empataba a eliminatoria aos doce minutos do pitido inicial.

Segundo foron pasando os minutos, o partido foise igualando e ao fío do descanso, Elías tería unha boa ocasión para devolver as táboas ao marcador pero non acertaría.

Logo do paso por vestiarios, os de Geno saíron mellor e aos dous minutos, Raúl xa facía o empate, gol que lle poñía as cousas moi complicadas a un Baio que puido meterse de cheo pola eliminatoria cun remate de MC que se marcharía a rentes do pau. E do posible 2-1 pasaríase ao 1-2, despois de que Róber Pladur superase a Dani Varela dende os once metros.

Nos minutos finais, Álex faría a sentenza e Norberto por parte do Baio, e Raúl e Simón pola da Esteirana verían o cartón vermello, acabando o partido con dez e nove xogadores, respectivamente.

O marcador non se volvería a mover e a Esteirana lograría o pase para as semifinais.

SD Castriz 1 – 1 Corme CF

Castriz na Copa-Foto-Fin Lema

  • SD Castriz: Puyol, Carlos, Rompe, Adrián, Bruno (Chiki m.83), Steven (Toniño m.85), Jesús (Robi m.43), Iván, Martín Gemelo, Álex e Sebas.
  • Corme CF: Suso, Pandi, Sueiro (Aitor m.90), Eloy (Diego m.68), Adrián Doldán (Samu m.85), Alejo, Lucas (Manu Bermúdez m.47), Brais, Alejandro, Javi Peón, Brais Torrado (Toniño m.63).

Goles: 0-1 m.8: Steven en propia porta; 1-1 m.47: Martín Gemelo.

O Corme comezaría mellor e tería varias ocasións para adiantarse no marcador pero o gol inicial dos do Roncudo chegaría nunha desafortunada acción dos locais, xa que Steven introduciría o balón na súa propia portería logo dun remate de Alejo, o cal reclamaría un posible penalti sobre el por parte de Puyol que se quedaría en nada.

Aos dous minutos da reanudación, Martín Gemelo empataría o partido e daríalle folgos a un Castriz que buscaría un gol que lle dese a clasificación pero o Corme mostrouse moi seguro en defensa e evitou que os rossoneros lle desen algún susto, polo que os azulóns lograrían o ansiado pase para as semifinais.

Cabana SD 3 – 2 SCD Malpica (7-6 nos penaltis)

Cabana-Malpica

  • Cabana SD: Darío, Raúl (Pablo Senande m.21), Duda, Pipa, Dani, Manolo, Castro, Iván, Aarón (Cristian m.77), Cacha (Manuel m.46) e Santi.
  • SCD Malpica: Eusebio, Mante (José Ángel m.59), Belar (Jorge m.75), Villar, Laik, Capelán, Jairo, Migueliño, Michi Castro, Aitor, Martín (Brais Ceán m.51).
  • Goles: 0-1 m.1: Michi Castro; 1-1 m.8: Raúl; 1-2 m.20: Martín; 2-2 m.49: Manuel; 3-2 m.81: Iván (p).

O encontro comezaba da mellor maneira para un Malpica que se adiantaría no marcador por medio de Michi Castro. Pero non tardaría en responder un Cabana que devolvería as táboas ao marcador cun testarazo de Raúl á saída dun córner.

Mediada esta primeira parte, Martín volvería a diantar a un Malpica que se volvería a poñer por diante ante un Cabana que tería un novo imprevisto en forma da lesión do seu capitán Raúl.

Tralo paso por vestiarios, os de Pablo Rodríguez e Fernando Mato saíron a por todas e Manuel volvía a empatar o encontro para darlle un novo impulso a un Cabana que non atoparía o premio do gol ata o tramo final do partido, momento no que Iván transformaría un penalti sobre Castro.

Antes do pitido final, o longueiro evitaría que Iván vise portería de novo, polo que todo se decidiría dende os once metros nunha tanda de penaltis na que os cabaneses estarían máis acertados para lograr a clasificación.

SD Coristanco 1 – 1 Camariñas FC

Camarinas na Copa

  • SD Coristanco: Diego Mallo, Sergio, Mato, Marcos (Castiñeiras m.46), Lagoa (Dani Vázquez m.88), Xuko, Samuel, Damián, Javi (Magovi m.77), Erre (Álex m.56) e Corral.
  • Camariñas FC: Pablo, Soule, Rodri, Mario (Juan m.74), Anxo (Saviola m.46), Adrián (Dylan m.62), Nico (Manuel m.89), Dani Moreno, Fran, Óliver e Djibi.
  • Goles: 1-0 m.69: Lagoa (p); 1-1 m.90: Djibi.
  • Expulsións: Os locais Castiñeiras e Magovi.

O Coristanco saltou ao terreo de xogo a por todas e tivo numerosas oportunidades para poñerse por diante no marcador e poñer en apuros a un Camariñas que fixo un bo partido e que soubo manexar a vantaxe acadada no partido de ida para levarse a eliminatoria.

O gol fíxose de rogar e non chegaría ata o minuto 69, momento no que o Coristanco se poñería por diante cun penalti transformado por Lagoa.

Os locais seguiríano intentando e incluso reclamarían dous penaltis que o colexiado non sinalaría. E xa co tempo cumprido, Djibi faría o definitivo empate a un que lle daría un resultado de 4-1 no cómputo global para clasificarse para as semifinais.

Comentarios