Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Copa da Costa Xuvenil: O Fisterra tamén quere samba

Copa da Costa Xuvenil: O Fisterra tamén quere samba
Fisterra Xuvenil nun partido en Agra da Filgueira O Fisterra Xuvenil nun partido en Agra da Filgueira A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook Foi o Fisterra un dos protagonistas desta ida das Semifinais da Copa da Costa Xuvenil. O equipo verde superou a todo un Xallas, que viña de sufrir unha soa derrota en toda a tempada, e que buscará ascender á Liga Galega. Os de Eskío parece que están influenciados pola marea verde que invade Fisterra co equipo da Liga Galega. Ademais, en Camariñas, o Ponteceso meteu un pé na final nun choque marcado pola tempraneira expulsión dun dos mellores homes do cadro camariñán. Sabedes que os resultados os tedes nada máis rematar os partidos en www.copadacosta.com.  

Ida das Semifinais da Copa da Costa Xuvenil

 

Fisterra - Xallas (2-1)

  • Fisterra: Aarón, Juanfran, Fabián, Andrés, César, Anchoa, Ezequiel, Gonzalo, Dani e Asier (Isaac).
  • Xallas: Alex, Raúl, Xoel, Cristian, Rubén (Pablo), Alberto, Juanjo, Carlos (Thiago),Anxo, Santi Díaz (Óscar) e Sergio Barbeira.
  • Goles: 1-0, m.20: Fabián nun córner; 1-1, m.55: Santi Díaz; 2-1, m.70: Andrés nun córner.
A festa fisterrá trasládase aos Xuvenís Parece que os xuvenís do Fisterra seguen a estela dese equipo que vai camiño do título da Liga da Costa. O equipo de Eskío endosou a segunda derrota da tempada a un Xallas, que partía como favorito para todo e que terá que pelexar por meterse na final en Santa Comba. Foi un auténtico partidazo o vivido en Ara Solis, cunha intensidade tremenda, na que o Xallas levaba o control do balón pero o Fisterra presionaba moi arriba e dificultaba a saída de balón dos de Dani Calve, e cando conseguía roubar saía con velocidade á contra, sobre todo buscando a Gonzalo, unha vez que os fisterráns non contaban co seu pichichi Breixo. Adiantábase o Fisterra nun córner e, sen máis ocasións, o partido marchaba ao descanso. Ao saír dos vestiarios empatou o Xallas por medio dun Santi Díaz que despois mandaba un balón ao longueiro. Os locais baixaban algo o ritmo e parecía que o Xallas podería chegar máis. Pero non foi así, e de novo a balón parado, o Fisterra volvía meterse por diante e deixa a eliminatoria de cara para un dos mellores partidos que se verán na temporada nesta categoría, o do vindeiro sábado en Fontenla ou en San Pedro.  

Camariñas - Ponteceso (1-3)

  • Camariñas: Brais Nión, Pablo, Gabri, Joseba, Suárez, Chicote, Brandon, Martínez, Pablo, Adri e Javi Antelo. Tamén: Abel, Álex, Álvaro e Michael.
  • Ponteceso: Damián, Pose, Ismail, Jorge, Cristian, Luca, Yago, Diego Mato, Eloy, Aday e José Angel. Tamén: Javi, José F., Loureiro e Aarón.
  • Goles: 0-1, m.25: Eloy; 1-1, m.56: Joseba; 1-2, m.73: Aarón coa axuda dun defensa 1-3, m.89: José Ángel dende fóra da área.
  • Expulsión: Javi Antelo no m.33.
Con polémica Partidazo, cun pouco de todo o vivido no Hermanas Patiño. Saíu o Camariñas cunha intensidade fantástica, pelexando cada balón. Había chegadas polos dous bando pero era o cadro visitante o que se metía por diante. Á media hora chegaba a acción clave do partido, e da eliminatoria. Javi Antelo, o camariñán que volvía a mediados de tempada do Dumbría, protestaba un plantillazo que o colexiado no sinalou, e acabou sendo expulsado. A partir de aí seguiu pelexando o cadro local, facendo un esforzo e sacrificio tremendo e chegando mesmo a empatar o partido á volta dos vestiarios, tras un roubo na saída do balón dos visitantes. Aí pediron os locais un posible penalti sobre Adrián que ademais sería a segunda amarela do meta Damián, pero o colexiado non o sinalou, e pouco despois, unha xogada desafortunada, Aarón coa axuda dun defensa marcaría o 2-1. Eran minutos xa de dominio pontecesán, que remataba o partido moi máis fresco e ampliaba a renda, deixando en clara vantaxe para a volta no Pinguel.  

Crónicas da Copa da Costa Xuvenil

Máis información

Fonte

Comentarios