mércores. 30.04.2025
El tiempo

3ª FUTGAL: O Zas retorna á Liga da Costa

Ascenso do Sporting Zas
O Sporting Zas celebrando o ascenso en Miraflores
3ª FUTGAL: O Zas retorna á Liga da Costa

A antepenúltima xornada da 3ª deixa un protagonista claro: O Sporting Zas. Goleaba a un Volantes con 11 xogadores xustos e aseguraba o posto de ascenso directo, provocando unha tremenda festa en Miraflores.

Ascenso do Sporting Zas a liga da Costa
Ascenso do Sporting Zas a liga da Costa
Directiva e adestradores do Sporting Zas celebrando o ascenso en Muros
Directiva e adestradores do Sporting Zas celebrando o ascenso en Muros

O Sofán B, preto de confirmar o ascenso

Polo demais, o Sofán B non fallaba ante o filial muxián, e ten o ascenso directo a tiro. Unha vitoria nos dous últimos partidos lle valería aos carballeses, que tamén poden pelexar polo título, se ben teñen que vencer os dous partidos e esperar que o Zas perda no último partido que lle quedan, na última xornada ante o Inter de Brens (xa que o Zas ten o golaveraxe individual a favor).

O resto da xornada

O resto está xa practicamente finiquitado, cos 4 equipos que xogarán a Fase de Ascenso decididos (Malpica, Volantes, Cerqueda e Oza) só pendentes de saber quen, entre muradáns e cerquedáns, terá o factor cancha a favor.

A xornada deixou tamén a vitoria in extremis do Malpica ao Cerqueda. O partido transcorría igualado, tenso, sen ocasións e sen goles, ata que xa no desconto, Luís e Rañul Reigía rompían a igualada para os de Pedra Queimada.

Os Pichichis

A loita polos pichichis está clara. Os 3 tantos de Isma Ramos ante o Muxía B deixa ao dianteiro do filial do Sofán con 37 goles, 6 mais que o seu compañeiro e pichichi a tempada pasada. O zaseiro Raúl Corzón, que leva varias semanas sen poder xogar, suma 29; o cerquedán Salah, 27; e Nacho, do Oza, 26

Máis info

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Comentarios