mércores. 30.04.2025
El tiempo

FUTFEM: O Corcubión retrasa a festa do Corme

corme fem
O Corme FC
FUTFEM: O Corcubión retrasa a festa do Corme

Puido cantar o alirón da Liga da Costa o Corme a tres xornadas para o final. Pero chegou o Corcubión e apagou a festa. As cormelás terán que esperar ao campo de Xaviña para celebrar o título e o ascenso directo.

O Xallas máis, preto do título

O Xallas FC Feminino maio 2025
O Xallas FC no partido de Copa

Xornada positiva para o Xallas, a pesar de non pasar do empate en Carral. As de Eloy xogaban pola mañá ante o 4º clasificado, e vían como as locais se metían por diante no ecuador da primeira metade. As xalleiras empataban cun tanto de Oli xa na segunda, a pase dunha Noe Vimi que tivo o segundo, pero o balón petou no longueiro.
Fíxose bo o empate pola tarde, trala inesperada derrota do Pastoriza ante o Orzán B (3º na táboa), por 4-1. Así, as xalleiras, a falta de dúas xornadas, sacan 3 puntos ás do Pastoriza, pero co golaveraxe individual perdido, polo que necesitan polo menos 4 puntos nas dúas últimas xornadas para asegurar o título, unha vez afianzado o ascenso.

Polo demais, o Dumbría viviu un partido de pouca tensión e moitos goles en Tordoia, rematando cun empate que dá conta da situación de ambas na táboa (6º e 7º).

O Cee puido co Brexo Lema, cun gran partido das de Rafa que tiñan que remontar, nunha espectacular segunda metade, o gol inicial das visitantes. Martínez (2), Naiara e Nerea firmaron a remontada no último cuarto de hora.

A Liga da Costa espera

Como dicimos, o Corcubión amargou a festa que tiña medio preparada a familia do Corme. O cadro de Rubén Souto, que levaba 21 vitorias e 1 empate en toda a temporada, necesitaba gañar para festexar o título e o ascenso na casa. Pero co Cairo cheo, o equipo cormelán estivo moi tenso e non puido superar a un gran Corcubión, comandado por unha gran Alexandra Lojo. Adiantouse o equipo local por medio de Naroa no ecuador da primeira metade, pero Alexandra empataba tras o descanso. Repetíase o guión: marcaba de novo Naroa (56 goles xa), pero era Sandra, a 10 do final, a que amargaba a festa cormelá.

Polo demais, o Muxía non fallaba na Baña, e segue sendo o máximo candidato á promoción, con 6 puntos de vantaxe sobre o Ponteceso, que goleaba ao Fisterra.

O Camariñas gañaba na Picota cos tantos de Paula Mouzo e de Laura Paredes, mentres que o Soneira daba a sorpresa nas Redondas vencendo ao Cabana. As locais estiveron lonxe do seu rendemento habitual e se atoparon cunhas soneirás dominadoras, que venceron xustamente con dous tantos de María Villaverde.

Zas-Cerqueda feminino en San Andres
Imaxe do Zas-Cerqueda en San Andrés

Ademais, Zas e Cerqueda asinaron táboas nun partido de dous equipos moi semellantes, con poucas ocasións. Andrea abría o marcador á hora de xogo para as locais a saída dun coóner. O empate chegaba con algo de polémica, cun tiro de Alba Verdes dende o medio campo que as zaseiras protestaron que non chegara a entrar.

Triple vitoria costeira polo Sur

Fran Figueroa cunha xogadora da Esteirana
Fran Figueroa cunha xogadora da Esteirana

A xornada deixou unha triple vitoria para os costeiros. A Esteirana goleou en Bastavales, a pesar das baixas, nun partido con ritmo baixo de xogo. A base de arreóns, as Lara, Nerea, Marta, Bárbara (2), Rut (2), e Sandra, foron abrindo fenda. A nota máis positiva foi o retorno de Sara tras unha longa lesión e pudo disfrutar duns minutiños. Cos 3 puntos o pinchazo do Chispa ante o Xuventude Cambados, as de Fran Figueroa amplían a distancia coas perseguidoras (Taragoña e Cambados) mantendo ademáis o golaverage particular a falta de 3 duelos para manter a segunda plaza que dá acceso á promoción.

Outes fem
Outes

Tamén venceu o Outes ante o Sonnoia. Laura Lires marcaba pronto cunha xornada de Carla, que pouco despois faría o segundo a pase de Laira. As rapazas de Dani Salgueiro dedicaron a vitoria a Gema que se lesionaba no xeonllo na Copa.

E completou a tripleta de vitorias o cadro das Miúdas, cun gol de Sofía á hora de xogo, que confirma o bo momento das de Mané Senande.

Máis novas do álbum

Máis info

Todas as crónicas do FUTFEM

Comentarios