Martes. 16.04.2024
El tiempo

Copa da Costa Xuvenil: O Xallas, gran campión

Copa da Costa Xuvenil: O Xallas, gran campión
Xallas Campion da Copa da Costa Xuvenil 2016 copia Xallas, Campion da Copa da Costa Xuvenil 2016 copia A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

Tremenda está sendo a tempada deste Xallas Xuvenís. Apenas 2 derrotas en todo un ano, Campión de Campións nas competicións ligueiras, e agora campión da Copa da Costa 2016 tras vencer ao Ponteceso na finalísima desputada este sábado en Xaviña, Buño.

Só lle falta o soñado ascenso á Liga Galega ao equipo de Dani Calvete para completar unha tempada inmellorable.

 

Xallas - Ponteceso (4-1)

  • Campo: Xaviña.
  • 11 do Xallas na final da Copa da Costa Xuvenil 2016-Foto-SDPlantel do Xallas na final da Copa da Costa Xuvenil 2016-Foto-SD
    • Xallas: Alex (Coke), Raúl, Cristian, Rubén (Parri), Xoel (Pablo), Alberto, Rachón, Juanjo (Carlos), Anxo, Sergio e Santi (Thiago).
    Ponteceso na final da Copa da Costa Xuvenil 2016-Foto-SD Plantel do Ponteceso na final da Copa da Costa Xuvenil 2016-Foto-SD
    • Ponteceso: Damián, Villar, Jorge, Adrián (Aarón, m.45), Ismail, Cacha, Luca, Aday (Javi Busto min.85), Iván (Minichema, m.75), José (Gabi, m.83), Eloy Loureiro.
    • Goles: 1-0, m.3: Sergio Barbeira; 2-0, m.10: Santi Díaz; 3-0, m.60: Santi Díaz de penalti ao panenka; 4-0, m.75: Sergio Barbeira; 4-1, m.76: Adai.
    • Expulsión: o pontecesán Cacha (m.35).

    Puido o favorito

    O partido púxose de cara para o Xallas en dous balóns largos, tras sendos roubos en zona de tres cuartos, que materializaron Sergio Barbeira e Santi Diaz. Apenas pasaran 10 minutos ante un Ponteceso no que, os problemas nos vestiarios impediron que saísen todo o centrados que deberían.

    Reaccionou o cadro pontecesán, cun par de ocasións de Luca e Aday, e mesmo un tiro de Cacha ao pau. Pero a expulsión do propio Cacha (por revolverse tras recibir varias faltas) puxo o partido máis de cara para os verdes. Aínda así ata o descanso o Ponteceso foi mellor e puido recurtar.

    Saíu de novo o Ponteceso forte, roubando e creando, pero nun roubo, penalti e gol en contra, de Santi Díaz de panenka. Non decaeu o Ponteceso pero Sergio Babeira faría o cuarto antes de que maquillase o resultado.

    Aínda queda a guinda para o equipo de Dani Calvete, se ascenso á Liga Galega, mentres Fernando celebra o bo traballo neste curso, pero afirma que o ano que vén non seguirá á fronte do equipo.

    Xallas campion da final da Copa da Costa Xuvenil 2016-Foto-SD O Capi do Xallas na final da Copa da Costa Xuvenil 2016-Foto-SD  

    Crónicas da Copa da Costa Xuvenil

    Máis información

    Fonte

Comentarios