Luns. 29.04.2024
El tiempo

Corme, conmocionado polo pasamento de Alejandro Torrado

Alejandro Torrado co Corme e nuno cromo do album do Futbol da Costa
Alejandro Torrado nun partido co seu Corme e no cromo do álbum do Fútbol da Costa
Corme, conmocionado polo pasamento de Alejandro Torrado

Levaba tempo pelexando contra o cancro (si, hai que nomealo). A súa veciñanza xa levaba tempo vendo como sufría cada vez que lle tocaba o tratamento, pero non imaxinaba que esta cruel enfermidade ía poder con el. Pero Corme espertou hoxe coa conmoción de saber que Alejandro Torrado, o eterno xogador do Cairo, faleceu aos seus 49 anos.

Porque Alejandro Torrado era unha desas persoas exemplares, un deses xogadores eternos que pasarán a historia do Corme CF, pero tamén do Fútbol da Costa. Non só polas súas 31 temporadas xogando no equipo da súa vila, senón polo saber estar, polo exemplo que foi dende rapaz para todos os que tiveron a sorte de ser os seus compañeiros de vestiario, e para todos os que se enfrontaron a el.

Nunca foi amigo das cámaras e dos focos, sempre preferiu estar na sombra, pero sempre axudando, traballando máis ca ninguén, empurrando sempre ao seu equipo como á Selección da Costa, pois vestiu varias veces a camisola branca tras ser escollido varias veces un dos Mellores Defensas do fútbol costeiro.

Aínda despois de deixar o fútbol activo, na temporada 2020-2021 (chegou a cumplir o soño de xogar co seu fillo Borja), non era difícil velo correndo polas pistas de Corme arriba. Agora, Corme e o fútbol costeiro botarao de menos.

Alejandro Torrado coa Seleccion da Costa en 2024-Foto-Jorge Parri
Alejandro Torrado coa Selección da Costa en 2014-Foto-Jorge Parri

Comentarios