Luns. 16.12.2019
El tiempo

A Crónica dominical: Os de arriba non fallan

O Ponteceso tampouco fallou ante o Castriz-Foto-David Pose
O Ponteceso tampouco fallou ante o Castriz-Foto-David Pose
A Crónica dominical: Os de arriba non fallan

Nova xornada completa do Fútbol da Costa é con tremenda emoción viviuse o carrusel de www.futboldacosta.com.

A Preferente

Segue o Fisterra no soño de estar case que no máis alto de toda unha Preferente, máis preto, ademais, do liderato tras vencer na casa a un potente Puebla e aproveitar o empate do Viveiro e Arteixo. Só dous puntos separan aos de Ángel Canosa do cadro da Mariña, e xa tem 4 de vantaxe sobre o 3, o Boiro.
Un Boiro que ademais non pasaba do empate ante este novo Xallas, que xa compite ata cos de arriba, e que suma a terceira xornada sen caer.
O que non sae da mala serie de resultados é o Sofán, que malia comezar gañando en Sigüeiro, acabou sumando unha nova derrota e xa son 5 os partidos sen gañar.

O Soneira non falla e o Mazaricos pega primeiro na Primeira

Soneira, por manter o liderato, e Mazaricos, por vencer no derbi, son os dous protagonistas desta 11ª xornada da 1ª. O cadro vimiancés xogaba o sábado un partido de tolos ante o Tordoia, pero aos golpes, e en base á súa calidade. o equipo de Pedro Gómez tamén sabe vencer, O equipo de Chicho superaba a un Dumbría á alza, e suma unha vitoria máis que necesaria para saír dos postos de descenso. Os amarelos cazan ao Volantes, que empataba ante un bo Flavia, mentres o Baio volvía sumar os 3 puntos.

Os de arriba non fallan Liga da Costa

Esta semana non fallou ningún dos catro. Se ben o Corme venceu con solvencia ao Malpica, Ponteceso, Esteirana e San Lorenzo sufriron para derrotar a Castriz, Cerqueda e Buño. O líder segue a ser o Ponteceso, cun punto sobre o Corme, 4 sobre os esteiráns e 7 sobre os de Verdillo.
O Muxía lidera o segundo vagón tras vencer no m.94 ao Cee, e o Corostanco volve subirse tras vencer ao Muros no duelo de revelacións. Os 6 últimos da táboa perderon.

3°: Camariñas voa só

Boa pedra de toque a que superou, o sábado, o Camariñas en Camelle, como nos comentaron os seus adestradores este pasado venres. O líder endosaba a primeira derrota ao cadro camellán, e segue como único invicto, xunto ao Corme, do fútbol modesto costeiro. O Outes mantén o pulso do líder, e xa saca 9 puntos ao 3º, o propio Camelle, afianzándose ambos como claros candidatos ao ascenso. A loita polas 4 prazas de promoción si que vai estar bregada, porque entre o 3º e o 9º hai só 7 puntos.

FutFem

Non puido asaltar o liderato o Bergantiños, caendo en Tordoia. Miúdas e Cee volveron sumar de 3 en 3 e seguen na zona alta.

Base

A xornada da base veu marcada pola celebración da Fase de Clasificación para a Liga Comarcal de Alevíns e Benxamíns, que deixou 4 equipos clasificados.

Mentres, na Liga Xuvenil aprétase a zona alta tralo empate o Outes ante o Cabana.
En Cadetes o Xallas cedeu os seus primeiros dous puntos empatando ante Os Miúdos, e Fisterra, Cee e Sofaán acércanse.
O Dumbría infantil suma 9 de 9 e o Outes, que venceu ao Cee, mantense a unha vitoria.

Derrota do San Lorenzo en Veteranos

A derrota do San Lorenzo foi a nota máis destacada da xornada na D.H. de Veteranos. O Zas non falla, suma 3 puntos máis que o Dumbría, e 4 que o propio San Lorenzo e o San Román, que vencía aos de Verdillo.

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios