Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas

Abel Barcia e Jose Manuel Ordonez adestradores do Camarinas e Camelle
Abel Barcia e Jose Manuel Ordóñez ocupan os banquiños de Camariñas e Camelle
Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas

Os dous únicos equipos invictos da 3ª da Costa son Camariñas e Camelle. E xunto ao Corme, son, de feito, os únicos do Fútbol da Costa que aínda non coñecen a derrota cando pasa un tercio da competición.

Queremos falar con Abel Barcia, segundo adestrador do Camariñas, pero ao mando do timón da embarcación do líder mentres Berto cumple unha longa sanción; e tamén con José Manuel Ordóñez, patrón do barco deste Camelle que aspira o domingo a quitarlle os primeiros puntos ao poderoso líder.

 

Abel Barcia 

  • QPC: Que pode decantar o derbi? Adaptarédesvos ao verde do Rodeiro?

O derbi pode decantalo o estado do campo. Veremos como está e intentaremos adaptar o noso xogo ao seu estado. Se non podemos desplegar o noso fútbol temos que adaptarnos a que o campo nos deixe, pero adaptarnos claro que nos adaptaremos, somos un equipo bastante versátil e podemos xogar de distintas maneiras.

 
  • QPC: Como é que os dous equipos, que o ano pasado fixeron unha temporada discreta, agora esteades como grandes favoritos?

O ano pasado fixemos unha temporada discreta porque tiñamos xogadores que se tiñan que adaptar ao sistema, cousa que non e fácil implantar nunha temporada soa e estase vendo o traballo nesta temporada.

 
  • QPC: Cales son os puntos fortes do equipo? Cales son as claves desta mellora?

Os puntos fortes do equipo son as gañas de todos os xogadores de gañar esta liga e demostrar que o Camariñas non é equipo de 3ª como nunca o foi.

As claves de esta mellora son, como digo, as gañas de subir. E, como non, a calidade de xogadores claves como Javi, Soule, Brandon, ou o veterano Moriño, que está facendo unha gran temporada, outra vez.

 
  • QPC: E cales son os puntos débiles?

Os puntos débiles non chos vos dicir para que non os lean outros equipos.. jajajaj

 
  • QPC: Non estades acusando o feito de ter que xogar en Laxe os partidos da casa, por que?

Claro que acusamos ter que xogar fóra os partidos da casa. A afección anima muito e eso siempre se mete de menos algún afeccionado siempre se desplaza pero como xogar na casa non hai nada, dache outro ritmo a o partido e eso notase no equipo .

  • QPC: O obxectivo é o ascenso directo a dúa de hoxe, non? E xa era antes de empezar?

Claro que si, o obxectivo siempre foi o ascenso directo, e xa o era, por historia, antes de empezar a temporada. O que non pensamos era estar tan ben a estas alturas, e iso está moi ben para o ánimo do equipo.  

  • QPC: Cres que a temporada vai ser así de doada? Pódese acabar relaxando o equipo?

A temporada nunca é doada. Hai que estar siempre alerta e non dar nunca os partidos por gañados. Eso sempre pode pasar por eso eu marco partido a partido e é fundamental non dar por gañado nada ata que acabe a temporada ou nos dean os números

 
  • QPC: Como ves esta 3ª?

Esta 3ª ten equipos moi bos e de gran calidade como se ve nos partidos hai unha gran calidade.

 
  • QPC: Que outros equipos cres que estarán aí arriba loitando polo ascenso directo?

Vexo moi forte a Outes e Camelle, e ao Porteño, que tivo algún tropiezo pero véxoo pelexando polo ascenso directo. Hai moita calidade en 3ª.

 
  • QPC: A nivel persoal, esta é a túa primeira etapa no fútbol modesto? Como está sendo?

Si a nivel personal é a miña primera etapa aquí aínda que xa dirixín aos Xuvenís do Corcubión, que en realidade é a miña casa. Foi Carlos Lema o que me deu a oportunidade de estar aquí, e sempre lle estarei agradecido por esa oportubidade. Agora, as circustancias das sancións leváronme a ocupar o banquiño que me dá a coñecer o meu fútbol. A experiencia está sendo bastante gratificante e vou, como non, collendo experiensia e parece, visto os resultados, que mal non o fago non, jajaja.

José Manuel Ordóñez 

  • QPC: Que pode decantar o derbi?

Espero un partido igualado e condicionado polo estado do terreno de xogo. O camariñáns despos destas 8 xornadas parten como favorito, pero os meus xogadores van competir e pelexar ata o minuto 90.

 
  • QPC: Como é que os dous equipos, que o ano pasado fixeron unha temporada regular, agora esteades como grandes favoritos?

O Camariñas este ano xuntou unha gran plantilla, con xogadores de moita calidade e polo que se ve facendo un grupo moi bo, e dirixidos por Berto, entrenador de moita experiencia, e Abel.

Pola nosa parte incorporamos xente nova, que xunto os que xa estaban, fan un equipo que non é superior pero tampouco inferior a nadie e que compite sexa cal sexa o equipo rival.

 
  • QPC: Como fas para ter tan enchufado ao equipo?

A min gústame que os xogadores sexan os protagonistas, ao final son eles no campo os que deciden os partidos. Eu simplemente intento non estropear o que hai. E teño a gran axuda de Pupus que fui o entrenador todos estos anos e Gonzalo.

 
  • QPC: Cales son os puntos fortes do equipo? e os débiles?

Os nosos puntos fortes son, sen dúbida, a unión e a competitividade. Os débiles… nom imos a dar pistas.

 
  • QPC: Ao equipo séguelle gustando xogar no céspede natural do Rodeiro, non? Supoñemos que estes día estará regular…

Xogar no rodeiro é unha das chaves da identidade do Camellle. Os socios queren ver o seu equipo no seu campo. Ademais hai destarcar o traballo que fai a directiva que aparte do que fan todas as diretivas teñen que pintar o campo, cortar a herba, colocar as redes, limpar vestiarios, etc.
Para este partido e segundo está o tempo, vai estar difícil, pero igual para os dous equipos.

 
  • QPC: Como ves esta 3ª?

Sacando o Camariñas, que xa parece que escapou, e o Outes que tamén parece ir forte, vexo unha 3ª moi igualada. Un par de partidos malos ou bos e todo cambia. Pena que só sexamos 11 equipos.

 
  • QPC: A nivel persoal, despois de pasar polo Porteño, Cabana, Muxia, Laxe… que atopaches en Camelle?

Primeiro teño que agradecer a estes equipos por confiar en min, porque ademais de todos marchei con amigos e bos recordos. É certo que no Muxía vivín a mellor alegría que levo no mundo do fútbol ata o momento, co título de liga e o ascenso á Liga da Costa.
No Camelle é como estar nunha familia, pois xogadores directivos e socios son unha piña.

 

ENTREVISTAS QPC

Comentarios