Xoves. 13.08.2020
El tiempo

A CRÓNICA DOMINICAL

A crónica dominical: Case pleno costeiro na 1ª Galicia

Espectacular como van cambiando as clasificacións ao longo do carrusel dominical de www.futboldacosta.com. A xornada deixa moito que analizar.

O Fisterra volveu gañar-Foto-Steffen
O Fisterra volveu gañar-Foto-Steffen
A crónica dominical: Case pleno costeiro na 1ª Galicia

Por arriba, na Preferente, este SuperFisterra segue facendo soñar aos seus con cousas inimaxibles hai un par de anos. O barco fisterrán mantense a 4 do potente Viveiro que deixou constancia do seu poderío no Carral, vencendo ao Sofán. Ademais, o Xallas parece que comeza a competir pero volvía caer, desta volta pola mínima, en casa.

Na 1ª as cousas estanse poñendo bonitas. O Soneira segue con 4 puntos de vantaxe sobre o grupo de perseguidores no que se mete de cheo un Dumbría que vai a máis e que vencía fóra de casa a un rival directo como o Lalín, ao que adianta. Polo medio, empate do Baio no difícil campo de Padrón, e outras dúas vitorias que valen ouro, a segunda do Mazaricos e a primeira do Volantes, que dan un importante empurrón aínda metidos en zona vermella.

A xornada da Liga da Costa foi unha fermosa montaña rusa. O Ponteceso estivo empatado un rato co Coristanco, mentres o San Lorenzo colocábase no máis alto ao meterse por diante en Esteiro. Pero a Esteirana remontou, o Ponteceso fixo o segundo, e todo mudou. A táboa queda comandanda polo cadro de Pablo Mallón, cun punto máis que o Corme, que segue dando mostras de poderío (venceu en Lira por 0-4). Esteirana, San Lorenzo e Muros (que non puido co renovado Baíñas na mañá dominical, nun partido con polémica final) fican a 4 do liderato, cun punto máis do Coristanco e 3 dun Muxía que conseguíu volver á senda da vitoria nun complicado partido ante o Cerqueda.
Por abaixo, o Buño, xa con Mauro no banquiño (era un segredo a voces) trala substitución de Miguel Rodrígue, caeu con rotundidade no derbi ante o Malpica; Cee e Zas acabaron empatando nun partido tolo; e o Cabana sacou petróleo de Castriz.

A xornada na ratifica ao Camariñas como o equipo a batir. Os de Berto e Abel venceron o derbi ante o Castrelo, e só o Outes e o Camelle, que venceron a Laxe e Castrelo respectivamente, se amosan pola zona alta. Ademais, chegou a primeira vitoria do Seaia de Da Silva.

FutFem

Non foi mala a xornada para as nosas. Se o Bergantiños descansaba, o Cee e As Miúdas vencían e se manteñen na zona noble. O Mazaricos, pola súa banda, caía na súa visita ao Vista Alegre do grupo santiagués da liga de F7.

De Base

En Xuvenís, Outes e Soneira comandan a clasificación e escapana, pois o Corme, aínda en zona frouxa, freou ao Seaia, invicto ata o sábado.

En Cadetes, Xallas e Cee están líderes, pero a parte alta da clásificación conta con ata 8 equipos en só 5 puntos.

Os infantís de Dumbría e Cee están absolutamente intratables e parece que van protagonizar, xunto cos Miúdos e o Outes, unha fermosa batalla.

Veteranos

O Zas segue invicto na D.H. e endosaba todo un set ao Mazaricos. Por detrás o Mazaricos, e outros dous equipos que non coñecen a derrota, como San Román e Ponteceso.

Arasolis e Leiloio seguen mandando na 1ª, por diante de Corme e A Piña.

 

Todas as táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

comentarios