Martes. 12.11.2019
El tiempo

Miguel Rodríguez, primeiro adestrador cesado na Liga da Costa

Miguel Ángel Rodríguez, primeiro adestrador cesado da temporada na Liga da Costa- Foto: Ana García (La Voz)
Miguel Ángel Rodríguez, primeiro adestrador cesado da temporada na Liga da Costa- Foto: Ana García (La Voz)
Miguel Rodríguez, primeiro adestrador cesado na Liga da Costa

Pasaron 7 xornadas e o primeiro adestrador xa foi destituído na Liga da Costa. Miguel Ángel Rodríguez, despois da súa experiencia na base do Sofán, tomaba o mando en verán deste novo Buño. O equipo aínda non coñece a vitoria e a directiva decidiu cesalo a semana pasada para intentar "cambiar a dinámica".

Esta pasada fin de semana foi o vicepresidente Richar o que fixo labores dende o banquiño, pero xa andan buscando un relevo.

Primeira baixa nos Xuvenís

Tamén nos Xuvenís, houbo a primeira destitución. Riki foi cesado como adestrador dos Xuvenís do Cee, tras un comezo moi negativo. 5 derrotas en 5 partidos para un equipo chamado a moito máis.

Abraham está como adestrador interino.

Comentarios