Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A crónica dominical: Sobrevivindo a Fabien para pechar o 2019 futbolístico

O Corme pechou o ano en Zas-Foto-Sporting
O Corme pechou o ano gañando en San Andrés-Foto-Sporting Zas
A crónica dominical: Sobrevivindo a Fabien para pechar o 2019 futbolístico
O temporal Fabien deixou unha serie de desfeitas ao seu paso. De feito, a Real Federación Galega de Fútbol suspendía a xornada sabatina, suspendendo así ata 38 partidos do Fútbol costeiro entre todas as categorías nesta última xornada de 2019.

Entre eles, o Sofán, que non disputou o choque da xornada 17 da Preferente polo mal estado do campo de Boimorto. A xornada foi positiva para o Fisterra, que rompe unha serie de 3 derrotas seguidas e alcanza a un Boiro que non puido xogar o seu partido na segunda praza; e negativa para un Xallas que suma 3 derrotas seguidas e volve meterse no pozo.

Na 1ª, houbo un pouco de todo, pero a nota destacada é que o Soneira perdeu o liderato ao caer ante o Lalín, 3º. O Pino venceu na Peña de Ouro nun partido no que a piques estivo de igualar o Mazaricos, e sobe ao alto da táboa. O Dumbría venceu e convenceu e se mantén empatado co propio Lalín a só 3 puntos xa do cadro soneirán. O Baio tamén venceu e segue en zona media-alta.

Liga da Costa

A 2ª Galega ten un nome propio: Corme: O equipo cormelán é o único invicto do Fútbol costeiro tras superar a un Zas que comezou poñéndose por diante.
Ponteceso e Esteirana non fallaron ante Lira e Cabana e se mateñen a 4 e 6 puntos, mentres o San Lorenzo deixou escapar dous puntos (ou rescatou 1) na Rocheira e queda a 11 do liderato. Pégase aí un Muxía empeñado en non perder o vagón de cola.
Por abaixo, ademais das derrotas dos 3 de arriba, destaca o empate entre Cerqueda e Baíñas.
O Cee-Muros suspendíase o sábado.

A 3ª

Goleou o Camariñas ao Ameixenda e pecha o ano líder, con 2 puntos sobre un Outes que tivo que remontar en Malpica ante o Seaia nun partido tremendamente polémico que analizaremos con calma. O Montelouro deixouse dous puntos na casa ante o Laxe e queda a 9 puntos dos postos de ascenso directo. A loita promoción queda fermosa por 3 postos entre Nantón, Laxe, Seaia, Camelle e Corcubión, unha vez que Camelle e Nantón non puideron xogar nun campo do Rodeiro que sufriu, e moito, as consecuencias de Fabien, como vemos aquí:

Desperfectos no Campo do Rodeiro polo temporal Fabien

Base

Suspendida a xornada sabatina, nin os equipos dumbrieses das ligas galegas, nin a liga xuvenil nin a infantil disputáronse. En cadetes si que e puidero xogar varios partidos, como nas Ligas Alevín e Benxamín.

Veteranos

Non fallaron os Veteranos na mañá dominical pasada por auga e vento. Zas, San Román e San Lorenzo manteñen a súa fermosa loita, deixando ao Dumbría, que non puido xogar o partido no Cairo ante o Ponteceso, a 5 puntos.
En 1ª, o Arasolis fisterrán deixouse dous puntos ante A Piña, e mantén unha distancia de 4 puntos cun Corme que ten un partido menos.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios