Martes. 19.03.2024
El tiempo

Previa: Derbis de arriba e abaixo

Ponteceso-Corme-Foto-SD
Imaxe do Ponteceso-Corme do ano pasado xogado en Baio-Foto-SD
Previa: Derbis de arriba e abaixo

Nova xornada das Ligas da Costa, que veñen marcadas por varios derbis. Na 1ª, dous equipos da zona baixa como Esteirana e Baio miden as súas forzas ante dous que están na pelexa pola promoción de ascenso como Soneira e Dumbría respectivamente.

A xornada trae tamén un fermoso Ponteceso-Corme, que volve ser unha proba de lume para o soño deste #BabyCorme, ante un Ponteceso que vén de menos a máis.
Outro gran derbi da xornada será o Camariñas-Muxía, derbi da ría coas espadas por todo o alto e apenas 5 puntos de diferencia entre ambos.
O líder San Lorenzo recibe ao Muros e o Castriz ao pechacancelas.
Hai ademais partidos importantes na zona baixa como o Cerqueda-Corcubión.

A xornada na 3ª trae un igualado Zas-Buño na loita pola 3ª praza. O líder visita Fontenla e o Baíñas quere afianzar a súa posición de ascenso directo ante un dos veñen con máis forza na loita pola promoción como é o Seaia. O Pereiriña-Laxe determinará cal dos dous quedan con opcións de meterse entre os 6 primeiros.

Ademais, a xornada déixanos para o sábado un fermoso derbi Mazaricos-As Miúdas do grupo sur da 2ª Feminina, nunha xornada na que Xallas, Cee e Dumbría non poden fallar para seguir arriba enfrontándose a rivais de abaixo.

Comentarios