Do inferno ao ceo e viceversa
Xa están as competicións no tramo final, onde se decide todo o traballo da tempada, alegrías e tristezas vanse ir repartindo polos campos do fútbol costeiro.
Os que teñen os deberes feitos e xa celebraron as súas respectivas festas, son os dous equipos de 3ª que volverán a competir o ano que ven na Liga da Costa, Coristanco e Cabana.
O bo que nos ofrece o deporte é sempre a posibilidade de revancha de volver a loitar por un obxetivo perdido, eso é o que teñen que pensar os equipos que non poidan acadar o seu este ano.
Gran exemplo de esto e o propio Coristanco, a tempada pasada foi ruinosa acabando na última posición e con eso decretando o seu descenso a 3ª, pero despois da tristeza, enfados e non entender o sucedido, cando comeza unha nova liga, regresa a ilusión e as forzas para lograr dar a volta a esos sentimentos, e conseguirono sobradamente con ascenso e titulo de liga.
Varios anos tardou tamén o Cabana, pero xa regresou onde se merece por historia, e apostando por xente da casa e por un fútbol vistoso e de ataque.
Tamén a parte contraria tena o Ameixenda que non consegue asentarse na Liga da Costa novamente. De momento as matemáticas non o certifican pero as sensacións son moi malas, e quen o acompañará aínda non está decidido e son moitos na loita para evitalo.
Na 1ª Galicia temos unha de cal e outra de area, o Fisterra segue na loita por o título e a Esteirana pelexará ata o final por manter a categoría.
Hai que pensar en positivo en esos equipos que se ven na zona de descenso, a ninguén lle agrada descender, e sempre e moi difícil recuperar esos ánimos e inclusive podes perder xogadores, pero ao final, unha celebración de ascenso sempre superará a unha de permanencia.
- Ángel Garrido.