Luns. 29.04.2024
El tiempo

Doro, o novo presidente do Xallas: “A un 90% saímos en 3ª Galicia”

Doro novo presidente do Xallas FC 2023-24
Doro é o novo presidente do Xallas FC 2023-24
Doro, o novo presidente do Xallas: “A un 90% saímos en 3ª Galicia”

Celebrouse esta pasada noite de mércores 12 de xullo a asemblea do Xallas F.C. para a renovación da directiva. E non houbo sorpresa. Sergio Prego, o eterno Doro, dá un paso adiante e asume a presidencia do club. “Antes de que queden 200 nenos sin xogar e tirados había que facelo ainda que non fora o meu momento de dar eso paso", comentábanos na previa.

Uns 30 socios acodían á chamada, na que non se presentaron outras candidaturas máis que as da lenda xalleira. E o plan parece claro: “A un 90% saímos en 3ª Galicia”, explicaba. "Estamos sen tempo e para ir dar pena e mellor facer un proxecto novo desde baixo e con rapaces da casa", explica despois da marcha de moitos xogadores durante este mes.

A realidade é que queda unha semana de prazo para confirmar a categoría na que vai competir o club e a día de hoxe non hai xogadores confirmados. “Sen cartos non se podes adquirir ese plus que che permite competir nestas categorías. Mellor nos parece facer un proxecto con xogadores da zona, contar cos xuvenís para formar un proxecto a longo prazo e intentar ir ascendendo pouco a pouco”, explícanos.

A idea é ademais potenciar o fútbol base, mellorar as condicións dos adestradores, e vincular ás familias na directiva, un camiño inevitable para moitos clubs da comarca, como acaba de pasar no Ponteceso. Ata agora había só 2 pais na directiva malia contar con 180 fichas dunha base que seguirá sendo coordinada polo seu irmán Bruno Doriño..

”O máis urxente é formar a directiva, e despois os adestradores que quedan para ir pechando a base”.

Queren deixa claro, iso si, que o club está saneado.

Máis info

Comentarios