Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Fútbol da Costa pendente das directivas do Xallas, Volantes e Castrelo

11 do Xallas B en San Andres-Foto-NOe
O Xallas B podería convertirse no Xallas A- Foto: Noe Touriñán
O Fútbol da Costa pendente das directivas do Xallas, Volantes e Castrelo

Cada verán o Fútbol da Costa vive o seu maremoto interno coa renovación de numerosas directivas. Este ano son polo menos 8 clubs os que viven cambios internos, o que demostra o complicado que é levar o mando dun club de fútbol con todas as súas vicisitudes.

Vimos exemplos de renovación da directiva do Ponteceso, coas familias como principais promotoras, nun claro exemplo de por onde van os tiros: ou son os pais e as nais os que axudan na captación de socios, na organización dos eventos, nos desprazamentos… ou os clubs tenden á disolución.

Vemos estas semanas renovacións efectivas como a do Mazaricos con Nito Estalote ao madno, a do SCD Malpica (colle Steven Mancebo), a saída da presidencia de Cristian do Muros (colle o relevo Manolo Pachín)  do eterno Manuel Vecino do Coristanco (colle o club o porteiro Diego Mallo acompañado de xogadores). Outros clubs fixeron cambios como no seo da SD Laxe.

Pero aínda hai algunha pendente de renovarse e quen pon en serio perigo de desparición ao club ou ao primeiro equipo, como son os casos de Volantes e Castrelo, e Xallas.

Xallas

Esta noite de mércores 12 de xulo hai asemblea xeral de renovación da directiva. Tras un ano con Silvariño á fronte, o club afronta un ano de cambios. Á falta de saber se haberá algunha outra directiva, Doro, o eterno Doro, dá un paso adiante a asumirá a presidencia. “Antes de que queden 200 nenos sin xogar e tirados había que facelo ainda que non fora o meu momento de dar eso paso", coméntanos.

Pero o club ten que repensar que facer de cara ao ano que vén, poñendo en seria dúbida se se vai presentar un equipo A na 1ª Galicia. Os 122.500€ gastados o ano que pasado (con apenas dúas subvencións de 20.000 do concello e 3.000 da Xunta), unha directiva moi corta, e a marcha xa a día de hoxe do adestrador e de boa parte do plantel (Flavia, Negreira, Castriz… teñen pescado nas augas revolvas xalleiras), fan repensar ao club que facer de cara ao ano que vén, se comezar unha nova andaina soltando lastre, baseándose na base e comezando co equipo de 3ª Galicia e o feminino como principais estandartes. "Estamos sen tempo e para ir dar pena e mellor facer un proxecto novo desde baixo e con rapaces da casa", explica razoablemente Doro.

A súa saída da 1ª, faría outro terremoto nas categorías, e podería supoñer a permanencia do Baio na 1ª e do Volantes na Liga da Costa. Pero aínda está todo no aire.

Volantes

Pero en realidade, hai un perigo real de desaparición no Volantes. Despois desta complicada temporada na que levaron o peso do club moi poucas persoas, e apesar da incrible afección, xa houbo unha primeira asemblea na que non se presentaron alternativas á directiva dirixida por José Alberto, que seufría varias baixas ao final de temporada. Isto provocou que houbese que convocar eleccións.

A marcha de Pesco e Kevin á Esteirana (pode que tamén a de David), a de Rodri ao Louro, a retirada de Miguel… e con Chicho pendente do que pase nos despachos, fai que o equipo estea aínda en amarelo máis que en laranxa.

Castrelo

A dimisión de Esteban e Paula deixa ao equipo vimiancés, orfo,  a día de hoxe sen relevo, e con risco real de desaparición.

Comentarios