O Dumbría completa a súa incrible temporada con 5 Copas da Costa, 3 Ligas e 2 ascensos
Histórica e dificilmente mellorable a temporada 2024/25 que vén de completar o CF Dumbría. Xa arrasou na Gala do Fútbol da Costa do venres, pero é que esta finde acadou 3 novos títulos: as Copas da Costa Xuvenil, Cadete e Infantil.
Sumadas ás dos dous equipos sénior (masculino e feminino) e aos campionatos de Liga da 1ª FUTGAL sénior, e das Ligas Alevín e Infantil, e aos ascensos á Preferente e á Liga Galega Cadete, provoca un ano que vai ser imposible igualar durante décadas.
Dúas findes, 5 Copas
Se o vivido o pasado domingo no San Paio de Refoxos, con dúas copas aos penaltis xa foi incrible,o cadro dumbriés completou a fazaña con 3 novos títulos.
Igual que o campo ceense, desta volta o campo de San Andrés convertiuse en talismán para os dumbrieses. O sábado pola tarde, o equipo infantil dirixido polos Senra (pai e fillo) completaron o seu doblete vencendo por 1-3 ao Coristanco. Os dumbrieses non tiveron rival e marcharon ao descanso xa 0-3 cos tantos de Jorge Méndez, Brais García e Xabi Moreno.
De seguindo, xa ás 19:30h, era hora dos cadetes de Huelvis, que despois de conseguir o único ascenso de toda a base costeira, xunto co dos Infantís A do U.C. Cee (que tamén ascendeu a Preferente), debido á nova restruturación das categorías de base por parte da Federación, os que superaban ao Outes por 2-0, cos tantosd e Pablo Costa Ramos e Saúl Pasantes.
Foi esta mesma tarde de domingo cando os xuvenís de Josema e Mataso, superaban por un apretado 2-1 ao Sofán de Jaime Rod. Volveu ser protagonista Pablo Costa Ramos, tamén titular, e marcando o gol da vitoria para os dumbrieses, completando así unha finde perfecta da base dumbriés, e un ano para enmarcar e recordar.
Cómpre non esquecer tamén que a familia dumbriesa celebrou o primeiro título estatal dun equipo de base da Costa da Morte, xa que o Fisober se proclamaba Campión de España Alevín sub12 na fase final celebrada no Conco este sábado e domingo.
Tempada 2024/2025 do CF Dumbría
- Campión e Ascenso a Preferente Sénior Masculino
- Ascenso á Liga Galega en categoría Cadete
- Campión Liga Infantil
- Campión Liga Alevín
- Copa das Costa Senior Masculino
- Copa das Costa Sénior Feminino.
- Copa das Costa Xuvenil
- Copa das Costa Cadete
- Copa das CostaInfantil